Emprende: crea a ta empresa - PowerPoint PPT Presentation

1 / 11
About This Presentation
Title:

Emprende: crea a ta empresa

Description:

... Formaci n Profesional maior de idade que curse o ltimo ano dun ciclo formativo ... Pretende darlle ao alumnado que curse ensinanzas de FP unha cualificaci n ... – PowerPoint PPT presentation

Number of Views:90
Avg rating:3.0/5.0
Slides: 12
Provided by: consellera8
Category:
Tags: crea | curs | emprende | empresa

less

Transcript and Presenter's Notes

Title: Emprende: crea a ta empresa


1
Emprende crea a túa empresa
  • Viveiros de empresas nos centros de Formación
    Profesional

2
FP Emprende
  • Que é?
  • FP Emprende é un programa que pretende axudar ao
    alumnado de Formación Profesional a crear a súa
    empresa desde os centros educativos, a través dos
    seus viveiros de empresa.
  • A quen vai dirixido?
  • Alumnado de Formación Profesional maior de idade
    que curse o último ano dun ciclo formativo nun
    centro público da Comunidade Autónoma de Galicia
    que participe na rede de viveiros de empresas.
  • Persoas tituladas de Formación Profesional nos
    dous últimos anos.

3
FP Emprende
  • Que é un viveiro de empresas?
  • É un local acondicionado para a actividade
    empresarial que se cede, de xeito gratuíto e
    durante dous anos, ás persoas participantes no
    programa para que poñan en funcionamento un
    proxecto empresarial.
  • A Consellería de Educación realizou un grande
    esforzo no acondicionamento de espazos nos
    centros que contan con este programa, dotándoos
    de recursos suficientes para abordar o proxecto
    empresarial, como ordenadores, Internet,
    teléfono, fax, impresoras, fotocopiadoras
  • Ademais, o alumnado participante pode utilizar os
    recursos existentes noutras dependencias
    (obradoiros, laboratorios), para poñer en
    funcionamento as súas empresas.
  • En cada viveiro existe unha persoa titora que
    asesora e acompaña ás persoas emprendedoras en
    todo o proceso de creación e posta en
    funcionamento da súa empresa.

4
FP Emprende
  • Ademais da implicación dos centros e dos
    docentes, é importante a colaboración de empresas
    e institucións.
  • Así, o IGAPE e BIC Galicia colaboran nesta
    iniciativa, poñendo a súa axuda e experiencia a
    disposición dos titores, así como o seu
    asesoramento cando os emprendedores precisan do
    apoio exterior de gabinetes especializados.

5
FP Emprende
  • Un total de 6 centros de FP xa contan co seu
    propio viveiro de empresas e están a traballar de
    xeito experimental nesta innovadora experiencia
  • Instituto de Educación Secundaria (IES) Manuel
    Antonio de Vigo
  • IES Luís Seoane de Pontevedra
  • IES Portovello de Ourense
  • IES Politécnico de Lugo
  • Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP)
    Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol
  • CIFP Ánxel Casal de A Coruña

Nestes viveiros estanse a desenvolver as
primeiras ideas empresariais propostas por
alumnos e alumnas, en campos como as enerxías
renovables, o deseño gráfico ou o sector textil.
6
FP Emprende
  • Emprende crea a túa empresa supón unha auténtica
    plataforma de difusión do espírito emprendedor,
    invitando á creatividade, á innovación e ao
    desenvolvemento de habilidades para planificar e
    xestionar proxectos.

É a primeira vez no ámbito do Estado que unha
Administración educativa introduce nos centros de
FP a opción de crear e xestionar empresas, con
asesoramento especializado, espazo físico propio
e recursos materiais para desenvolver os
proxectos empresariais e ideas innovadoras dos
alumnos que rematan estas ensinanzas.
7
FP Plus
  • FP Plus Unha iniciativa pioneira
  • FP Emprende enmárcase no programa FP Plus, unha
    iniciativa pioneira no Estado que se iniciou o
    curso pasado, e que ten por obxectivo fomentar
    iniciativas emprendedoras entre o alumnado de
    Formación Profesional.
  • A posta en marcha desta iniciativa no actual
    curso académico supuxo un investimento de 260.000
    euros.
  • O proxecto consta de catro programas
  • FP Idea
  • FP Avanza
  • FP Emprende
  • FP Simula

8
FP Idea concurso de ideas innovadoras e
emprendedoras
  • FP Idea premia o mellor proxecto empresarial ou a
    mellor idea innovadora do alumnado de Formación
    Profesional.
  • Comprende dúas modalidades
  • Mellor idea innovadora premiará o mellor
    proxecto que desenvolva unha idea innovadora
    relacionada coa FP. Tamén resultará premiada a
    mellor idea innovadora relacionada co medio
    ambiente e o desenvolvemento sostible.
  • Mellor idea empresarial premiará o mellor
    proxecto de creación dunha nova empresa ou que
    fose creada nos dous últimos anos na Comunidade
    galega.
  • A convocatoria publicarase proximamente no Diario
    Oficial de Galicia.

9
FP Avanza formación para creares a túa empresa
  • Pretende darlle ao alumnado que curse ensinanzas
    de FP unha cualificación práctica relacionada co
    proceso de creación de empresas mediante un
    seminario e un circuíto de visitas guiadas a
    empresas e viveiros de creación de empresas.
  • Isto permitirá ao alumnado o coñecemento da
    experiencia de persoas emprendedoras vinculadas
    ao seu sector de interese.
  • A Consellería remitirá en breve a información aos
    centros para que fagan a selección interna do
    alumnado.

10
FP Simula empresas simuladas na aula
  • Este programa púxose en marcha de xeito
    experimental en 6 centros galegos no curso
    2007-2008.
  • IES Portovello de Ourense
  • IES A Piringalla de Lugo
  • IES Fernando Wirtz de A Coruña
  • IES Luís Seoane de Pontevedra
  • CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol
  • IES A Guía de Vigo
  • Consiste na constitución dunha empresa virtual
    nun centro educativo, de xeito que cada centro
    participante transforma a súa aula nunha empresa
    simulada.
  • O alumnado participa en primeira persoa no
    proceso de creación da empresa e pasa a ocupar os
    diversos postos de traballo de xeito rotatorio.

11
FP Simula empresas simuladas na aula
  • A empresa intégrase nunha rede internacional,
    polo que establece relacións comerciais con
    empresas simuladas de países como Alemaña,
    Estados Unidos, Canadá, Italia ou Suecia.
  • Neste proxecto participaron 175 alumnos.
  • Neste curso 2008-2009 incorporouse unha nova
    familia profesional, a de Hostalería e turismo,
    ao traballo coa empresa simulada. Así, o Centro
    Integrado de Formación Profesional (CIFP) Carlos
    Oroza de Pontevedra vén de unirse a este
    proxecto.
  • O cuso pasado xa se aplicaba nas familias de
    Administración e de Comercio e marketing.
Write a Comment
User Comments (0)
About PowerShow.com