As Capacidades Fsicas Bsicas - PowerPoint PPT Presentation

1 / 28
About This Presentation
Title:

As Capacidades Fsicas Bsicas

Description:

C mo se consigue ESTAR EN FORMA? Moi sinxelo: ... ponderada de todas as Capacidades f sicas ou Condicionais ... C mo podemos definir as CAPACIDADES F SICAS? ... – PowerPoint PPT presentation

Number of Views:63
Avg rating:3.0/5.0
Slides: 29
Provided by: educacionf
Category:

less

Transcript and Presenter's Notes

Title: As Capacidades Fsicas Bsicas


1
As Capacidades Físicas Básicas
  • Definición. Manifestacións. Métodos de traballo.

Carlos Mariño Pego (2005)
2
En qué consiste ESTAR EN FORMA?
  • Cando un esta en forma percibe unha serie de
    cambios na súa vida cotiá
  • Está de mellor humor.
  • Nota un aumento da súa mobilidade.
  • Atópase ben consigo mesmo.
  • Non se fatiga tan rápido coma antes.
  • Etc...

3
En qué consiste ESTAR EN FORMA?
  • En definitiva, cando un está en forma é porque
    ten un nivel aceptable da súa
  • Condición Física
  • Que vai a intervir, directamente en outros
    ámbitos da súa vida psicolóxico, afectivo,
    social...

4
Cómo se consigue ESTAR EN FORMA?
  • Moi sinxelo
  • Levando unha vida saudable (evitando o consumo de
    alcohol, tabaco, drogas,...)
  • Inxerindo unha dieta variada e equilibrada.
  • Facendo EXERCICIO FÍSICO...

5
Qué tipo de EXERCICIO FÍSICO é o máis
recomendable?
  • Iso vai depender de varios factores
  • O noso nivel inicial.
  • A nosa idade.
  • O tipo de mellora que buscamos no noso organismo.
  • Etc...
  • En calquera caso o exercicio debe estar
  • Programado.
  • Ter CONTINUIDADE no tempo.

6
Qué entendemos, entonces por CONDICIÓN FÍSICA?
  • Capacidade de realizar traballo diario con
    VIGOR e EFECTIVIDADE, retardando a aparición da
    FATIGA, e previndo a aparición de LESIÓNS.
  • (CLARKE, 1967)

A suma ponderada de todas as Capacidades
físicas ou Condicionais importantes para o logro
de rendementos deportivos,... (GROSSER, 1998)
7
Qué entendemos, entonces por CONDICIÓN FÍSICA?
  • A suma das Cualidades Físicas que ten un
    individuo para desenvolver esforzos físicos
    habituais ou deportivos retardando a fatiga e
    mantendo a calidade no traballo.
  • (GIMENEZ e DÍAZ, 2002)

En definitiva a Condición Física vai depender
directamente das CAPACIDADES FÍSICAS BÁSICAS.
8
Cómo podemos definir as CAPACIDADES FÍSICAS?
  • Son unha serie de condicionantes orgánicos
    universais (que todo o mundo posúe aínda que con
    distinto grao de desenvolvemento), e que van a
    determinar o noso nivel de condición física.

9
Cómo podemos definir as CAPACIDADES FÍSICAS?
  • Existen diferentes clasificacións pero nós
    imos estudiar como Capacidades Físicas Básicas
    estas catro
  • FORZA.
  • RESISTENCIA.
  • VELOCIDADE.
  • FLEXIBILIDADE.

O grao de desenvolvemento destas Capacidades
vai depender de varios factores Idade, Sexo,
Xenética, Adestramento,...
10
A FORZA. Definición.
  • Capacidade para vencer resistencias ou
    contrarrestalas por medio da acción muscular.
  • (MORA, 1989)

Capacidade de vencer resistencias que se opoñen
á progresión dos nosos movementos. (SÁNCHEZ,
1984)
11
A FORZA. Definición.
  • Capacidade de vencer unha resistencia.
  • (GIMENEZ e DÍAZ, 2002)

Capacidade de vencer, apartar ou manter unha
resistencia exterior, mediante un esforzo
muscular.
12
A FORZA. Manifestacións.
  • Esta Capacidade Física Básica (CFB), maniféstase
    sobre todo en deportes como Halterofilia,
    Lanzamentos de Peso e Martelo, Deportes de
    Combate,....
  • Pero a FORZA tamén se manifesta nas actividades
    diarias como transportar, empuxar e suxeitar
    cousas.

13
A FORZA. Manifestacións.
  • O que ninguén se para a pensar é que a FORZA
    realmente está presente en todas as nosas accións
    diarias
  • Cando facemos calquera movemento, por suave ou
    sinxelo que resulte, precisamos algo de forza.
  • Só con manternos de pé ou sentados, xa estamos
    usando esta capacidade física.

14
A FORZA. Métodos de traballo.
  • Para adestrar correctamente esta capacidade hai
    que ter en conta o grao de madurez do organismo.
  • Para a vosa idade o ideal é evitar o traballo con
    PESAS, e trocalo por
  • Autocargas.
  • Multisaltos.
  • Gomas.
  • Balóns medicinais.
  • Traballo por parellas.

15
A RESISTENCIA. Definición.
  • Capacidade de poder manter unha carga dada sen
    fatiga durante o maior tempo posible.
  • (Diccionario das CC. do Deporte, 1992)

Capacidade Física que nos permite levar a cabo
esforzos de distinta intensidade e duración nas
mellores condicións de execución
posible. (Diccionario temático dos Deportes,
2000)
16
A RESISTENCIA. Definición.
  • Capacidade de manter un esforzo sen que apareza
    a fatiga ou retardándoa e mantendo a efectividade
    no traballo.
  • (GIMENEZ e DÍAZ, 2002)

Capacidade que consiste en manter un
determinado esforzo o maior tempo posible.
17
A RESISTENCIA. Manifestacións.
  • Esta CFB maniféstase sobre todo en deportes como
    Maratón, Esquí de Fondo, Nado de longa distancia,
    Ciclismo,...
  • Tamén é imprescindible nos deportes de equipo,
    aínda que se manifesta de diferente forma.

18
RESISTENCIA. Métodos de traballo.
  • Existen unha gran variedade de formas de
    adestramento de esta capacidade
  • Carreira Continua.
  • Farlek.
  • Traballo en series.
  • Adestramento en circuítos.
  • Actividades xogadas.
  • Etc...
  • Todas elas se caracterizan por ser esforzos
    longos e de baixa intensidade.

19
A VELOCIDADE. Definición.
  • É a relación entre unha distancia e o tempo que
    se tarda e percorrela.
  • (Dende o punto de vista da Física)

Capacidade de reaccionar e actuar con rapidez e
presteza ante unha serie de condicionantes
extremos. (SÁNCHEZ, 1984)
20
A VELOCIDADE. Definición.
  • Capacidade que consiste en percorrer un espacio
    determinado no menor tempo posible (translación),
    ou en facer un movemento no menor tempo posible
    (xestual), ou emitir unha resposta concreta no
    menor tempo posible (reacción).

21
A VELOCIDADE. Manifestacións.
  • Esta capacidade maniféstase sobre todo en probas
    cortas de deportes como o Atletismo, a Natación,
    o Esquí, Patinaxe, Ciclismo, etc...
  • Ó igual que a resistencia, é imprescindible nos
    deportes de equipo, aínda que se manifesta de
    diferente forma.

22
VELOCIDADE. Métodos de traballo.
  • Temos varios métodos para conseguir mellorala
  • Carreiras cortas de alta intensidade.
  • Relevos.
  • Diferentes formas de saída.
  • Traballos en costas.
  • Actividades xogadas.
  • Ó contrario que no traballo de resistencia todas
    elas se caracterizan por ser esforzos curtos e de
    alta intensidade.

23
A FLEXIBILIDADE. Definición.
  • Capacidade de mobilidade das diferentes partes
    do corpo, permitíndonos unha máxima amplitude de
    movementos.
  • (SÁNCHEZ, 1984)

Capacidade pola cal os músculos alcanzan o seu
máximo grado de extensión e, en consecuencia, as
articulacións a súa máxima amplitude.
24
ELASTICIADE VS- FLEXIBILIDADE
  • ELASTICIDADE Capacidade de alargarse e
    acurtarse que ten un músculo.
  • (GIMENEZ e DÍAZ, 2002)
  • Algo elástico tras ser deformado, volve
    rapidamente ó seu estado inicial (goma).

25
ELASTICIADE VS- FLEXIBILIDADE
  • FLEXIBILIDADE Capacidade de realizar
    movementos amplos das articulacións.
  • (GIMENEZ e DÍAZ, 2002)
  • Algo flexible e facilmente maleable
    (deformable), pero non recupera por si só o seu
    estado inicial (cable).

26
A FLEXIBILIDADE. Manifestacións.
  • Esta capacidade maniféstase sobre todo en
    deportes tales como Ximnasia Rítmica, Natación
    Sincronizada, Patinaxe artístico, Loita,...
  • Ésta capacidade tamén se usa para preparar o
    corpo (antes do exercicio) e recuperar o
    organismo.
  • Importante para os deportes de equipo.

27
FLEXIBILIDADE. Métodos de traballo.
  • Temos varios métodos para conseguir mellorala
  • Métodos Estáticos.
  • Métodos Dinámicos.
  • P.N.F. (Facilitación Neuromuscular Propioceptiva).
  • En todos estes métodos o límite do traballo será
    a dor, e dicir, temos que notar unha lixeira
    molestia ou tirantez, pero NUNCA DOR!!.

28
FIN
Write a Comment
User Comments (0)
About PowerShow.com