Diapositiva 1 - PowerPoint PPT Presentation

1 / 17
About This Presentation
Title:

Diapositiva 1

Description:

O ALCALDE DE RIBEIRA DE PIQU N (PP) MANTENSE SEN DESCENDENCIA (DECLARADA, ALOMENOS), FACENDO CASO OMISO S REPETIDAS INDICACI NS DA PESTE FRAGA ACERCA DO TEMA ... – PowerPoint PPT presentation

Number of Views:35
Avg rating:3.0/5.0
Slides: 18
Provided by: Win6274
Category:

less

Transcript and Presenter's Notes

Title: Diapositiva 1


1
(No Transcript)
2
O ALCALDE DO CORGO (PP) FOI DOS QUE REXEITOU
PUBLICAMENTE CASAR HOMOSEXUAIS POIS ÍA CONTRA A
SÚA MORALIDADE.
Pero, En que concello de
vai a máis o O Corgo?
En PUTICLUBS, O Corgo ten unha das ratios de
local de alterne por habitante máis elevada do
estado español, trala concesión municipal a
pesar da defensa da moral pública por parte do
alcalde. De feito, segundo o último informe da
Garda Civil sobre prostitución (2003), as
comunidades que teñen un maior número de locais
de alterne coincide coas gobernadas polo Partido
Popular (por esta orde Galiza, Comunitat
Valenciana e Madrid).
A ratio de locais de alterne no Corgo é de 1 por
cada 800 habitantes (5 locais e 4000 hab.),
mentres que a media española é de 1 por cada
41000 habitantes.
3
AO ALCALDE DE ABADÍN (PP), EMPRESARIO SEN
ACTIVIDADE ACADÉMICA RECOÑECIDA, FOILLE CONCEDIDO
(?) UN HONORIS CAUSA POR UNHA UNIVERSIDADE
PRIVADA NORTEAMERICANA COMO EXEMPLO DE XESTIÓN
EMPRESARIAL (!!!)
Pero, En que concello de
vai a máis o Abadín?
En CRECEMENTO VEXETATIVO NEGATIVO, pois Abadín,
co goberno do PP de toda a vida, presenta unha
tasa de -90 hab/ano (nacementos defuncións) que
o levaron a unha perda poboacional das máis
importantes do estado español. Abadín conta no
censo de 2003 con 3326 hab. cando en 1960 tiña
6129 hab. Dende a chegada da peste Fraga perdeu
un 30 do seu censo (4700 en 1988) e vai a máis.
Datos do Instituto Nacional de Estatística
4
O ALCALDE DA POBRA DO BROLLÓN (PP) SUBSTITUIU AO
EX-ALCALDE (PP) CONDENADO POR PREVARICACIÓN
Pero, En que concello de
vai a máis o Pobra de Brollón?
En CORRUPCIÓN, pois o predecesor do alcalde
condenado (por suposto do PP), tamén foi
condenado por fraude en subvencións (falsificou
facturas para cobralas). Os alcaldes e
ex-alcaldes a xogar ao monopoly, e mentres o 40
dos ingresos dos habitantes deste concello
proceden das pensións. Máis vale que os vellos
duren.
Datos dispoñíbeis no Instituto Galego de
Estatística
5
O ALCALDE DE RIBEIRA DE PIQUÍN (PP) MANTENSE SEN
DESCENDENCIA (DECLARADA, ALOMENOS), FACENDO CASO
OMISO ÁS REPETIDAS INDICACIÓNS DA PESTE FRAGA
ACERCA DO TEMA
Pero, En que concello de
vai a máis o Ribeira de Piquín?
En XUBILADOS, pois en Ribeira de Piquín o 40 da
súa poboación ten máis de 65 anos, no 2002
ademais de ningún matrimonio tampouco houbo
ningún nacemento, tampouco hai ningunha gran
empresa (nin mediana nin pequena, só 3
microempresas con asalariados). A franxa de idade
con maior número de habitantes é 65-79 anos.
e a máis baixa a franxa de 0-9 anos Ribeira de
Piquín pasou duns 2000 habitantes en 1960 a 827
no censo do 2003 do Instituto Nacional de
Estatística (tiña uns 1200 habitantes cando
chegou a peste Fraga).
6
O ALCALDE DE VILALBA (PP), QUE ASPIRA SER ELIXIDO
DEPUTADO NAS VINDEIRAS ELECCIÓNS GALEGAS, ADMITE
TER COMO POLÍTICOS DE REFERENCIA A NAPOLEÓN E
JULIO CESAR
Pero, En que concello de
vai a máis o Vilalba?
En TANATORIOS, Vilalba é o exponente do
espectacular aumento de tanatorios da Terra Cha,
convertíndose nun dos negocios máis rendibles e
exemplo de dinamización económica da comarca.
Se contamos toda a Terra Cha, incluido Lugo, hai
9 tanatorios, varios deles inaugurados nos
últimos anos, e vai a máis.
7
O ALCALDE DE CASTRO DE REI (PP) TEN UN FILLO QUE
TOCA NUNHA BANDA DE ROCK
Pero, En que concello de
vai a máis o Castro de Rei?
En VACAS TOLAS, Castro de Rei é o concello cun
maior número de casos de vacas tolas do estado
español dende o ano 2000, aínda que seguido moi
de preto por Vilalba (tamén orixe do brote da
peste Fraga). En vacas tolas estamos á cabeza dos
554 casos totais do estado, colocándose a
provincia de Lugo no máis alto co 78 casos, e
seguida por A Coruña (56) e Pontevedra (54).
Información sobre a encefalopatía espongiforme
bovina por parte da administración xeral do
estado (httpwww.eeb.es).
8
A ALCALDESA DE SOBER (PP) TEN MOITO TRABALLO POR
FACER PARA MELLORAR A RATIO NO SEU CONCELLO DE 1
NENO POR CADA 10 VELLOS
Pero, En que concello de
vai a máis o Sober?
En VIVENDAS BALEIRAS, Sober ten ao redor do 35
das vivendas sen ocupar. Outros concellos
lucenses con tasas de vivendas desocupadas das
máis altas a nivel español son Mondoñedo e
Carballedo, froito da desertización humana do 70
do territorio da provincia de Lugo.
Datos do Instituto Galego de Estatística
9
O ALCALDE DO VALADOURO (PP) É UN DOS MÁIS
VETERANOS POIS LEVA CO MANDO MUNICIPAL DENDE 1975
(XA VAN TRINTA ANOS, MACHIÑO!)
Pero, En que concello do
vai a máis o Valadouro?
En 1ª REXIONAL (fútbol) O Valadouro vai da
metade para baixo da clasificación, pero non está
nada mal pois por riba desta categoría hai
contados equipos na provincia (de feito, Lugo,
xunto con Teruel -porque existe- son as únicas
provincias sen ningún equipo en 1ª división, 2ªA
nin 2ªB). Non está mal pois para O Valadouro, xa
que a franxa de idade con máis poboación no
concello é a de 70-79 anos (e trinta deles co
mesmo alcalde).
Datos da Federación Española de Fútbol, a web da
CRTVG e do Instituto Nacional de Estatística.
10
CO ALCALDE DO SAVIÑAO (PP) MELLOR NON NOS
QUEIMAMOS DEMASIADO
Pero, En que concello de
vai a máis o O Sabiñao?
En INCENDIOS FORESTAIS, O Saviñao atópase
bastante queimado ao sofrer un dos maiores
incendios forestais no 2004. En incendios
forestais a provincia de Lugo atópase na terceira
posición do ranking, con 555 no 2004. Galiza
lidera claramente o ranking de comunidades
autónomas pois aquí rexistráronse 2230 dos 6489
totais do estado.
Datos dispoñíbeis no Instituto Nacional de
Estatística
11
O ALCALDE DO VICEDO (PP) SUBSTITUIU AO EX-ALCALDE
(PP) POIS ESTE ÚLTIMO FOI PASAR UNHA TEMPORADA DE
DESCANSO Á CADEA
Pero, En que concello de
vai a máis o O Vicedo?
En DIETAS, pois o ex-alcalde foi condenado por
pulirse 16 millóns de pesetas en dietas. Mentres
tanto, a renta media dun residente neste concello
continua sendo un 20 inferior á media galega, e
esta é, á súa vez, máis do 10 inferior respecto
á media española.
Datos dispoñíbeis no Instituto Galego de
Estatística e no anuario 2005 de La Caixa
12
(No Transcript)
13
Só son algúns exemplos na provincia de Lugo
atréveste a seguir engadindo máis casos na túa?
MIRA QUE FAS O VINDEIRO 19 DE XUÑO!!!
14
O ALCALDE DE BEADE (PP), RÍNDELLE UNHA HOMENAXE A
FRANCISCO FRANCO CUNHA MISA CADA 20 DE NOVEMBRO
(DATA DA MORTE DO DICTADOR)
Pero, En que concello de
vai a máis o Beade?
En FILLOS PREDILECTOS, gracias aos nosos
nostálxicos gobernantes coma este alcalde, Franco
sitúase segundo no ránking de distincións de
fillos predilectos de institucións galegas (con
5) de primeiro está o seu ex-ministro de
Gobernación e máis de Información, Manuel Fraga,
con nove distincións. Nos primeiros postos
mantéñense outros ministros franquistas como Pío
Caballiñas (pai) ou Fernández de la Mora.
Datos tirados da publicación Hijos predilectos
y adoptivos de Galicia, editada por El Correo
Gallego este presente ano 2MIL5.
15
O ALCALDE DE CRECENTE (PP) LEVOU AO BISPO AO
CENTRO DE TERCEIRA IDADE PARA QUE COMUNGARAN
TODOS OS RESIDENTES
Pero, En que concello de
vai a máis o Crecente?
En VOTOS CARREXADOS, pois o fillo do alcalde está
procesado por amañar os votos por correo de trece
residentes dos xeriátricos de Crecente,
declarados todos eles incapaces (para máis datos
por demencia senil, oligofrenia e alzheimer),
aínda que, para o alcalde e cia, sen problema
para comungar coas súas ideas.
O xuizo foi suspendido tres veces nos últimos
anos, a última delas por enfermidade do avogado
defensor.
16
O ALCALDE DE SADA (TODA A VIDA DO PP) LEVA DENDE
1979, TAMÉN É DEVOTO DE FRANCO E DE DON MANUEL,
ADEMAIS DE SI MESMO (MONCHO ES MUCHO -CHÁMASE
RAMÓN-, FOI O SEU LEMA ELEITORAL)
Pero, En que concello de
vai a máis o Sada?
En TRÁNSFUGAS, pois Moncho-es-mucho perdera as
últimas eleccións municipais, pero, tras sete
meses sen a alcaldía conseguiu os servizos dun
concellal tránsfuga para recuperala. Carral e
Porqueira son dous exemplos máis de alcaldías do
PP sustentadas en tránsfugas nesta lexislatura.
O mesmo día que perdeu as eleccións municipais,
Moncho non se recatou en afirmar que dende ese
momento se ía poñer a traballar para recuperar a
alcaldía.
17
O ALCALDE DE TOQUES (TODA A VIDA DO PP) CONTINÚA
EXERCENDO CO APOIO DO SEU GRUPO MUNICIPAL A PESAR
DA SÚA CONDENA POR UN XULGADO DO PENAL
Pero, En que concello de
vai a máis o Toques?
En MENUDENCIAS, parafraseando á peste Fraga,
presidente de todos os galegos (e galegas), ou,
en terminoloxía do Xulgado do Penal nº 2 de A
Coruña, por delitos de abusos sexuais a unha
rapaza de 16 anos de idade, ou, dito doutra
maneira, o que todos coñecemos por pederastia .
Ao parecer, e tras o alboroto causado na prensa,
o alcalde non se poderá volver presentar polo PP
e medita facelo por un novo partido do seu propio
cuño Toquenses Unidos
Write a Comment
User Comments (0)
About PowerShow.com