Title: A Farsa do Avogado
1 2...un clásico do teatro cómico...
3TEATRICA A FARSA DO AVOGADO
A Asociación cultural Sociedade Teátrica de
Pontevedra de recente nacemento ten como fin
social a defensa e promoción do teatro en xeral,
realizado en lingua galega, como vehículo da
dinamización e paticipación cidadá nas
actividades culturais. O achegamento do teatro a
tódolos públicos e a tódalas idades, máis alá dos
espacios escénicos estables, plantéxase, na
Sociedade Teátrica, como unha necesidade.
Parroquias, teleclubes, asociacións, centros
culturais... son espacios coa potencialidade de
configurarse en espacios escénicos alternativos
ós actuais circuitos de teatro estables, ós que
achegar montaxes e espectáculos alí onde é que
está o público. A recuperación da tradición
popular do teatro galego só pode ser dende unha
perspectiva de achegar o teatro ó espectador, alí
onde éste se tope.
4(No Transcript)
5Formado por antiguos compoñentes de outros grupos
clásicos do Teatro aficionado, xúntanse coa
pretensión de enchar un vacío no nutrido
repertorio teatral aficionado de Pontevedra. O
teatro cómico, de autor, inspirado nos medievais
cómicos da comedia da arte, como búsqueda dos
principios fundamentais nos que descansa o
traballo do actor, concebido como un puro acto de
comunicación biunívoca, e acollendo non só
espacios característicos da escena a
italiana. Trátase do gusto polo teatro, pero
entendido como aquel que só existe en tando que é
entendido, percibido e gozado polo público. E
entendendo público como aquel que non facía
contas de selo, que non mercou unha entrada coa
predisposición de asistir a un acto de un
determinado rango cultural, senón como aquel
espontáneo que fortuitamente contemplou o
traballo dos actores e fixo do espacio teatral un
espacio de comunicación. Teatro Xenio, Bacharel,
Monteoribio... son algúns dos grupos polos que
estes actores pasaron e forxaron unha visión do
teatro, que sen ser contraposta, aposta por unha
complementariedade, dentro do teatro aficionado,
que creemos que aínda esta sen definir é
precisamente esta indefinición a que pretende
consolidar o perfil creativo de TEATRICA.
6A farsa do avogado Pathelin, obra do teatro
cómico do século XV, é unha das máis coñecidas do
repertorio medieval. Trátase dun texto que soubo
picar a curiosidade dos lectores dende hai varios
séculos provocando un interese continuo tanto
polo seu contido cómico como polas suas
insinuacións con doble sentido. Desta farsa, un
tipo de comedia característico do século XV,
descoñécese o autor, así como o lugar e o momento
na que foi escrita, o que inpediu durante moito
tempo que a crítica chegara a comprender tódalas
suas sutilezas. Foron moitas as conxeturas e
teorías, más semella haber un consenso en torno a
algún autor do ámbito dos xuristas no norte de
Francia en torno ó terceiro cuarto do século XV.
7(No Transcript)
8A Farsa do Avogado Pierre Pathelin pon en escea a
cinco persoaxes O Avogado Pathelin, a sua
muller, o comerciante, o partor e o xuíz. Nas
duas primeiras esceas Pathelin, con axuda da sua
muller, consiguen enganar ó comerciante ó que lle
substraen un pano fiado con promesa de pagamento.
Despois disto, o comerciante vai para casa do
avogado coa pretensión de cobrar a débeda. Entón
Pathelin faille creer que está doente e que leva
encamado varias semás e que por forza ten que
confundilo con otra persoa. O comerciante marcha
confundido e furioso sen os cartos. No camiño de
volta tópase co seu partor a quen lle anuncia un
preito por matarlle e comerlle as ovellas durante
dez anos, dalle a comparecencia. O Pastor vai na
precura de Pathelin. Exponlle o caso, confesa a
súa culpa e pídelle o avogado que o defenda. Sen
coñecer a identidade do demandante, Pathelin
acepta a defensa. O Plan de Pathelin é o
seguinte Aconséllalle ó pastor que responda cos
sonidos duna ovella a toda pregunta que lle fora
formulada no xuízo. Por outro lado, Pathelin,
achegarase ó tribunal e fará que non sabe nada
finxindo non coñecer ó pastor e asumirá a defensa
por caridade. Na escea do xuizo, o comerciante
preséntase sen avogado e comeza as suas
alegacións acolarado. De súpete ve a Pathelin e
lembra o engano que éste lle fixera para non
pagarlle o pano. A partir deste momento o
comerciante non será quen de expresarse
claramente. Misturará constantemente a historia
das ovellas e a do pano e o xuíz acabara canso. O
xuíz desconcertado e influenciado por Pathelin
declara ó Pastor loco e acaba absolvendoo.
9 Elenco (Por orde de intervención) Muller........
.........Rosa Mª Tomé Avogado.............Bernardo
Fdez. Comerciante.......Manuel
G.Cendón Pastor.................Xosé M.
Valcárcel Xuíz....................Ramiro
Portela Adaptación.........Xosé M.
Valcárcel Escenografía.......Manuel
G.Cendón Vestiario.............Merchi Piay Téc.
Luces e Son..Diego García Coordinación.......Ramir
o Portela Producción..........Sociedad
Teátrica Dirección.............Miro Magariños A
montaxe está baseada da traducción de Henrique
Harguindey.
10 Necesidades Técnicas Mínimas Altura 3
metros Fondo 5 metros Boca 7 metros Potencia
eléctrica 10.000 W Montaxe 4 horas Desmontaxe
2 horas Duración do espectáculo 85
minutos Axeitada para tódolos públicos Distribuc
ión Bernardo Fernández Tlf 986 102449 Móbil 626
508282 Manuel G. Cendón Móbil615246417 e-mail
teatrica_at_mundo-r.com