Diapositiva 1 - PowerPoint PPT Presentation

1 / 32
About This Presentation
Title:

Diapositiva 1

Description:

'Xoana de Lestonnac, Fundadora da Compa a de Mar a hai 400 ... A simple vista a semente non gran cousa, pequena, obscura, insignificante... Nena Mar a '06 ' ... – PowerPoint PPT presentation

Number of Views:51
Avg rating:3.0/5.0
Slides: 33
Provided by: agus2
Category:

less

Transcript and Presenter's Notes

Title: Diapositiva 1


1
Nena María 06
Nena María
Orixe da festa da Nena María
2
Niña María 06
Orixe da festa
Xoana de Lestonnac, Fundadora da Compañía de
María hai 400 anos, sentiu a inspiración de
presentar as súas alumnas a Deus, e poñelas baixo
a protección da Virxe. Escolleu a data do 21
de Novembro para celebrar a PRESENTACIÓN DA VIRXE.
3
Niña María 06
Orixe da festa
4
Niña María 06
Orixen da festa
No ano 1610 o día 21 de novembro celébrase por
primeira vez na Compañía de María (Colexio de
Burdeos) a festa da Nena María. Santa Xoana de
Lestonnac deixou establecido que se celebrase
esta festa en tódolos colexios e obras da
Compañía de María, e desde entonces, fai case 400
anos, celebrámola.
5
Niña María 06
Orixe da festa
6
Niña María 06
Sementes
Escoita atentamente esta historia
7
Nena María 06
Un home traballaba nunha fábrica a cincuenta
minutos de autobús da súa casa
8
Nena María 06
Na seguinte parada entraba unha anciá que sempre
sentaba xunto á ventá
Ela abría a bolsa, quitaba un saquiño e pasaba
toda a viaxe botando algo pola ventá
9
Nena María 06
A escena repetíase sempre, e un día, curioso, o
home preguntoulle qué botaba pola ventá
- Tiro sementes, respondeu ela.
-Sementes? Sementes de qué?
  • De flores. É que miro pola ventá e a rúa está tan
    valeira...

Gustaríame poder viaxar vendo flores cheas de
cores polo camiño Imaxine que bonito sería!
10
Nena María 06
  • Pero as sementes caen sobre o asfalto, pasan por
    riba delas as rodas dos coches, cómenas os
    paxaros...
  • Cre vostede señora que as sementes brotarán na
    beira da rúa?

- Creo que si fillo. Aínda que moitas delas se
perdan, algunhas caerán na terra e co tempo han
brotar...
11
Nena María 06
-Aínda así... Tardarán en crecer... Necesitan
auga...
  • Ah, eu fago a miña parte. Sempre hai días de
    chuvia. Se alguén bota as sementes, acaban
    nacendo as flores...

12
Nena María 06
Dicindo isto, deu volta cara a ventá e continuou
co seu traballo
O home baixou do autobús un pouco máis adiante,
pensando que a muller xa non rexía ben.
13
Nena María 06
Un tempo despois...
Un día, no mesmo autobús, o home ó mirar pola
ventá decatouse de que había flores na beira do
camiño ... Moitas flores... Que paixase tan chea
de cor e beleza!
14
Nena María 06
Lembrouse entonces daquela anciá. Buscouna en
van. Preguntoulle ó condutor que coñecía a
todolos pasaxeiros que facían esa viaxe.
  • A velliña das sementes??
  • ... Morreu hai cerca dun mes

15
Nena María 06
o home volveu ó seu asento e continuou mirando a
paisaxe florida pola ventá
Quén o diría, brotaron as flores! Pero de que
lle valeu o seu traballo? Morreu e non puido ver
toda esta beleza
16
Nena María 06
Nese momento, escoitou as risas dun neno. No
asento de enfronte, unha rapaciña miraba pola
ventá entusiasmada
- Mirá qué lindo! Cantas flores pola rúa... Cómo
se chaman aquelas...?
17
Nena María 06
Entonces, entendeu o que anciá lle dixera
Aínda que non estaba aí para velo, fixo a súa
parte, deixou a súa marca, a beleza para ser
contemplada con felicidade polos outros
18
Nena María 06
Ó día seguinte, o home subiu ó autobús, sentou
xunto á ventá, quitou un saquiño de sementes do
peto e... Así deu continuidade á VIDA, sementando
con entusiasmo e alegría as súas sementes...
19
Nena María 06
O futuro depende das nosas accións presentes E
se sementamos boas sementes, os froitos serán
igualmente bos
20
Nena María 06
Sementemos as nosas sementes agora!
21
Nena María 06
4 ou centos
Pensa en silencio durante 2 minutos na mensaxe
desta historia
22
Nena María 06
4 ou centos
e as nosas sementes???
Descubrámolas....
23
Nena María 06
4 ou centos
A muller desta historia percibía a través da
ventá do autobús que a rúa estaba valeira ou o
que é o mesmo, triste e sen vida e decidiu lanzar
sementes para que naceran flores e alegraran a
paisaxe. Era moi difícil que as flores brotaron,
pero ela non deixou de intentalo. Non sei se
algunha vez vistes unha semente. Hoxe vamos ver
unha semente de mostaza. A simple vista a
semente non é gran cousa, é pequena, obscura,
insignificante
24
Nena María 06
4 ou centos
25
Nena María 06
4 ou centos
pero cando a semente se enterra, se rega e
recibe o calor do sol, misteriosamente empeza a
crecer e, case sen darnos conta, regálanos unha
marabillosa FLOR
26
Nena María 06
4 ou centos
  • Tamén poderíamos pensar que cada un de nós somos
    como unha SEMENTE. Podemos pensar que non valemos
    moito, que non somos gran cousa, que non temos
    moitas cualidades, pero NADA DISO
  • Mirade o que nos di Xesús

27
Nena María 06
4 ou centos
Xesús propuxo esta outra parábola á xente O
Reino dos Ceos parécese a un gran de mostaza que
un sementa na súa horta aínda que é a máis
pequena das sementes, cando crece é máis alta cas
hortalizas faise un arbusto, un arbusto más alto
cas hortalizas e veñen os paxaros a aniñar nas
súas ramas.
28
Nena María 06
4 ou centos
NÓS TEMOS DENTRO UN MONTÓN DE COUSAS BOAS QUE
TEMOS QUE IR DESCUBRINDO PARA SACALAS FÓRA E
REGALARLLAS ÓS DEMAIS
29
Nena María 06
4 ou centos
Unamos as nosas sementes
Vamos plantar cada un unha semente nunha maceta
da clase. Vamos a coidalas e regalas e veremos
como pouco a pouco sairán as plantas e as flores.
Darémonos conta de que unha semente ten moita
importancia e pode cambiar moitas cousas pero
descubriremos tamén que xuntas as nosas sementes
poden cambiar moitas máis cousas. Tamén
debuxaremos unha semente e escribiremos unha
palabra que creamos poida definir cal é a nosa
semente e porémolas nunha maceta no taboleiro de
cortiza todas xuntas. Todas estas sementes
ofrecerémolas na Eucaristía da Nena María
30
Nena María 06
4 ou centos
Compañía de María 400 anos Proxecto Mobokoli
31
Proxecto Mobokoli
Nena María 06
A Compañía de María leva 400 anos sementando
sementes polo mundo. Este ano que celebra os seus
400 anos de existencia, quere seguir sementando
sementes no mundo para axudar ós máis
necesitados e intentar crear un mundo
máis xusto e humano. Por iso este curso
será especial para todos os que formamos esta
familia porque entre todos sementamos una nova
semente, esta vez en África co Proxecto Mobokoli
que pretende crear unha plataforma
educativa. Podemos colaborar 4 ou centos e desde
logo si todos poñemos a nosa semente neste
proxecto lograremos que axiña se faga realidade
32
Nena María 06
4 ou centos
Equipo de Pastoral Colexio Compañía de
María Cangas do Morrazo
Write a Comment
User Comments (0)
About PowerShow.com