A Atlntida, o pobo desaparecido - PowerPoint PPT Presentation

1 / 14
About This Presentation
Title:

A Atlntida, o pobo desaparecido

Description:

Nereo prefer a entre todos os xogos ir praia e al correr co seu cadelo de ... No pr ximo d a de descanso reun ronse todos os atlantes e acordaron mandar un ... – PowerPoint PPT presentation

Number of Views:52
Avg rating:3.0/5.0
Slides: 15
Provided by: ciberl
Category:

less

Transcript and Presenter's Notes

Title: A Atlntida, o pobo desaparecido


1
A Atlántida, o pobo desaparecido
  • Exemplo de conto para rapaces e rapazas de
    Primeiro e Segundo Ciclo de Primaria para
    explicar o Tratamento de Información 1 (Gardar
    texto, imaxes, html con e sen imaxes e arquivos
    sonoros).

2
A Atlántida
  • O pobo desaparecido

3
Onde se fala da Atlántida
  • Érase unha vez unha enorme illa situada no
    medio do Océano Atlántico chamada a Atlántida.
    Había nela fontes claras, praias de area fina,
    prados verdes e árbores frutais. Vivían nela os
    atlantes, unha raza mariñeira lanzal e de pel
    morena.

4
Onde coñecemos a Nereo
  • Nunha vila mariñeira vivía Nereo coa súa
    familia os avós, seus pais e catro irmáns, había
    sempre con quen xogar. Nereo prefería entre todos
    os xogos ir á praia e alí correr co seu cadelo de
    dous rabos, a única raza de cans que había na
    Atlántida, e explorar todo o que houbese nos
    arredores cunchas, argazo, bichiños, madeira...

5
Os avós traen malas novas
  • A principios da primavera o avó e a avoa
    chegaron un día da Asembleia dos Vellos ben
    preocupados. Disque a meiga do cantil tivera unha
    visión vira a Atlántida desaparecer baixo o peor
    maremoto que se recordaba e recordaría na
    historia da Humanidade.

6
Onde se convoca unha reunión de urxencia
  • Cando seus avós llelo contaron a seus pais
    estes decidiron reunir a todos os veciños. No
    próximo día de descanso reuníronse todos os
    atlantes e acordaron mandar un enviado falar coa
    meiga. No día seguinte a nai de Nereo, Helena,
    encamiñouse cara aos cantís.

7
Onde se conta o que dixo a meiga
  • Cando a nai de Nereo chegou alí e viu a meiga
    enferma preocupouse moito. Ten que ser algo
    serio, díxose e non se trabucaba.
  • -Nena, este pobo está acabando os seus días.
    Cando chegue o inverno ninguén se lembrará de nós
    -dixo a meiga dende a cama.

8
Onde aparece a esperanza
  • -E non hai nada que se poida facer, vedoira?
    preguntoulle Helena.
  • -Non, estamos condenados a desaparecer.
  • -Pero, non hai ningunha solución?
  • -Ben, poderiamos conservar a nosa memoria e
    enviarllela a outras civilizacións para que se
    lembren de nós.

9
Onde comeza o proxecto
  • -Existe unha maneira de gardar e despois enviar
    a outros pobos todo o noso saber, os nosos
    pergamiños, os nosos cadros, mesmo a nosa música.
    Tedes que entrar na cova do alto do Monte Pindo e
    alí coller as ferramentas que os antigos deuses
    deixaron. Aprenderanvos a facer todo isto que eu
    digo.

10
Onde se sobe ao Monte Pindo
  • Os atlantes organizaron unha expedición para ir
    buscar as ferramentas esas que poderían salvalos
    do esquecemento. Tanto insistiu Nereo que o
    deixaron ir. Tardaron dous días en chegar ao alto
    do monte. A Nereo non o deixaron entrar na cova
    pero foi un dos primeiros en ver a caixa que se
    sacou de dentro.

11
Onde se ve como é a ferramenta
  • Un grupo de atlantes pasou dous días e dúas
    noites lendo as inscripcións para ver como se
    utilizaba esa ferramenta tan estraña. Unha caixa,
    cun feixe de cabos, unha pantalla e unha chea de
    accesorios... Que sería? O que era claro é que
    servía para gardar a información dos atlantes.

12
A traballar...
  • A partir de aí foi todo máis duro. Houbo que
    recoller todos os pergamiños e textos escritos da
    Atlántida e a través dunha maquiniña gardalos
    dentro da ferramenta esa. O mesmo aconteceu cos
    cadros, os tapices. Mesmo coas cantigas e os
    contos populares. E cando se abrían unhas
    xaneliñas na ferramenta esa líanse, víanse e
    escoitábanse talmente como eran. Maxia!,
    pensaba Nereo.

13
Onde se garda todo e se envía
  • Así os atlantes en pouco máis de catro meses
    gardaron na máquina esa toda a súa cultura
    lendas, técnicas de enxerto, barullo do vento,
    imaxes de todos os veciños. Déronlle a gardar e
    saíulles da maquiniña un obxecto cadrado e fino.
    Agora tiñan que metelo nunha caixiña e tiralo ao
    mar. Chegará a algures, pensaban. E sentáronse
    a agardar o terrible maremoto. Eles xa fixeran
    todo o que podían facer.

14
Sorpresa!
  • Sorpresa!, dixo Iria cando atopou na praia
    do Mar de Fóra unha caixiña de vidro cun obxecto
    de plástico e metal dentro. Que sería?
  • -Unha disquete díxolle súa irmá- Vamos para a
    casa ver que ten dentro.
  • Cando o abriron no computador non o podían
    crer. A Atlántida... Non eran lendas, era todo
    certo e alí estaba todo. Había que contarllo a
    todo o mundo.
Write a Comment
User Comments (0)
About PowerShow.com