Title: A SORPRESA DE XOEL
1A SORPRESA DE XOEL
2- XOEL É UN NENO QUE VIVE NUNHA PEQUENA ALDEA DE
GALICIA. - VAI Ó COLE COS OUTROS NENOS DA VILA E TAMÉN XOGA
CON ELES.
3XOEL É UN NENO QUE TEN ALGO DIFERENTE Ó RESTO DOS
SEUS COMPAÑEIROS. NON PODE FALAR NIN ESCOITAR O
QUE LLE FALAN. XOEL É SORDOMUDO.
4AINDA QUE O SEU MESTRE É CAPAZ DE COMUNICARSE CON
EL POR MEDIO DUNHA LINGUAXE ESPECIAL QUE SE FALA
FACENDO XESTOS COAS MANS, ÁS VECES XOEL SÍNTESE
TRISTE, PORQUE LLE GOSTARÍA CONTARLLE COUSAS ÓS
SEUS COMPAÑEIROS,PERO ELES NON ENTENDEN ESA
LINGUAXE ESPECIAL.
5UN DÍA O MESTRE DÍXOLLES QUE IAN TER UNHA CLASE
UN POUCO ESPECIAL. LEVOU A XOEL E ÓS SEUS
COMPAÑEIROS Á PRAZA DO POBO.ALÍ HABÍA UN AUTOBUS.
6SUBIRON Ó AUTOBUS E DENTRO HABÍA UNHA MOREA DE
ORDENADORES COMO O QUE TIÑAN NO COLE. O PROFE
DÍXOLLES QUE SE SENTARAN CADA UN DIANTE DE UN
ORDENADOR E QUE ESTIVERAN ATENTOS Á
PANTALLA. XOEL SENTOUSE E AGARDOU FITANDO CARA A
PANTALLA.
7DE SÚPETO VIU QUE NA PANTALLA APARECÍAN UNHAS
PALABRAS.POÑÍA -HOLA, SON XAN, O TEU MESTRE XOEL
XIROU A CABEZA CARA A SÚA DE REITA E ALÍ VIU A
CARA SORRINTE DO MESTRE.
8-QUÉ PASA AQUÍ?- PENSOU XOEL. PARECÍA COMO SI A
FRASE QUE APARECÍA NO SEU ORDENADOR A TIVERA
ESCRITO O MESTRE, PERO ISO ERA IMPOSIBLE, -CÓMO
IA PODER VER NO MEU ORDENADOR ALGO QUE O MESTRE
ESCRIBIU NO SEU?-.
9O MESTRE ACHEGOUSE E EXPLICOULLE QUE O QUE EL
ESCRIBIA NO SEU ORDENADOR SE PODÍA VER EN TODOS
OS ORDENADORES QUE HABIA NO AUTOBUS. LOGO
DÍXOLLE A XOEL QUE ESCRIBIRA ALGO NO SEU
ORDENADOR. EL ESCRIBIU-HOLA LOIS.- E DE SÚPETO
VIU QUE DEBAIXO DO QUE EL ESCRIBIRA APARECÍA UNHA
FRASE QUE DICÍA-HOLA XOEL-. MIROU CARA A SÚA
ESQUERDA E VIU A CARA SORRINTE DO SEU COMPAÑEIRO
LOIS, QUE FORA O QUE LLE CONTESTARA.
10LOGO O MESTRE DÍXOLLES QUE OS ORDENADORES DO
AUTOBUS ESTABAN CONECTADOS POR UN CABLE E QUE POR
EL VIAXABA O QUE ELES ESCRIBÍAN NOS SEUS
ORDENADORES.
11TAMEN LLES DIXO QUE EXISTÍA ALGO QUE SE CHAMABA
INTERNET, E QUE ERAN UN MOGOLLÓN DE ORDENADORES
CONECTADOS POR TODO O MUNDO IGUAL QUE ESTABAN OS
DO AUTOBUS. E QUE ASÍ A XENTE QUE ESTABA EN
SITIOS A MOITOS KILÓMETROS DE DISTANCIA PODÍA
COMUNICARSE.
12LOGO LLES CONTOU QUE O QUE ELES ESTIVERAN FACENDO
CHAMÁBASE CHATEAR EN INTERNET, E DICIR, ERA COMO
FALAR PERO ESCRIBINDO NO ORDENADOR O QUE SE
QUERÍA DICIR. TAMEN LLES DIXO QUE CHAT EN INGLÉS
QUERÍA DICIR CHARLAR, E QUE INTERNET UTILIZÁBASE
TAMÉN PARA MOITAS MAIS COUSAS.
13ESA TARDE XOEL EXPERIMENTOU UNHA MOREA DE NOVAS
SENSACIÓNS, PORQUE AGORA PODÍA CONTARLLES ÓS SEUS
COMPAÑEIROS UN FEIXE DE COUSAS. HISTORIAS,
CHISTES, CONTOS,....NON SABÍA POR ONDE
EMPEZAR...ESTABA NERVIOSO. ILUSIONADO. TIÑA UN
SORRISO DUN LADO O OUTRO DA CARA.
14TECLEOU E TECLEOU ATA QUE LLE DOERON OS DEDOS, OS
SEUS COMPAÑEIROS NON APARTABAN A CARA DAS
PANTALLAS DOS SEUS ORDENADORES LENDO AS HISTORIAS
MARAVILLOSAS QUE XOEL LLES CONTABA. DE CANDO EN
VEZ ALGUN COMPAÑEIRO TAMÉN CONTABA ALGUNHA
HISTORIA E O RESTO DE COMPAÑEIROS, XOEL INCLUIDO,
AS LÍAN NAS PANTALLAS DOS SEUS ORDENADORES.
15AQUEL DÍA XOEL ATOPOU UNHA FORMA DE COMUNICARSE
COS SEUS COMPAÑEIROS E SENTIUSE MOI LEDO.
FIN DA HISTORIA