Title: Dixese sorprender
1Déixate sorprender
2O Portal de Emprego e Formación de Galicia
- Quén somos?
- Por qué nacemos?
- Qué ofrecemos?
- Qué nos diferencia?
3Quén somos?
- Iniciativa 100 galega adicada á intermediación
laboral entre demandantes de emprego e empresas. - Medio de mellora profesional para tódalas
persoas que queren atopar un traballo ou mellorar
o que xa teñen. Só se precisa un ordenador con
conexión a Internet o acceso é totalmente libre
e gratuito para os candidatos. - Grupo de profesionais con ampla experiencia na
xestión de Recursos Humáns.
4Obxetivos
- A implantación e desenvolvemento dun portal de
emprego en Internet centrado no ámbito de
Galicia. - O asesoramento e consultoría en materia de
emprego a Administracions Públicas, empresas e
traballadores. - A formación para o desenvolvemento do carácter
emprendedor e o auto emprego. - O estudo, reflexión, análise e procura de
solucións para a conservación e a mellora da
empregabilidade en Galicia.
5Por qué nacemos?
Nacemos da necesidade de crear un verdadeiro
punto de encontro entre demandantes e ofertantes
de emprego, que permita a súa posta en contacto
dun xeito útil, rápido e eficaz. Nacemos coa
vocación de selo referente do sector emprego e
formación en Galicia. Queremos ser un marco
integrador de toda a información xerada polo
mercado laboral, e das diferentes iniciativas
públicas e privadas en prol do emprego e a
formación. Queremos ser unha ferramenta útil que
de resposta ás necesidades do noso mercado.
6Quén oferta traballo e onde o fai? Quén busca
traballo e onde o fai? A partires de agora, en
Galicia
7Qué ofrecemos?
Rapidez, eficacia, aforro, difusión e comodidade
son os principios nos que se basea a utilidade do
noso servicio. Todos iguais de importantes para
os nosos usuarios, sexan candidatos ou empresas,
porque a calidade dun servicio non pode depender
de a quén vai dirixido.
8Rapidez
Para os traballadores
- Porque adicando só 4 minutos a introducilo seu
currículo poderán acceder ás ofertas de emprego
das principais empresas. - Cun só clic e sen horarios, poderán inscribirse
nelas e coñecer en tempo real o estado da súa
candidatura no proceso de selección.
Para as empresas
- Sómolo medio máis rápido para atopar os
candidatos que precisan nos seus procesos de
reclutamento e selección. - Cun só clic e sen horarios, a empresa pode
publicar ofertas e recibir solicitudes de xeito
inmediato.
9Eficacia
Para os traballadores
- Porque poden inscribirse directamente na oferta
que máis lles interese, ou agardar a que a
empresa consulte os currículos e se poña en
contacto con eles.
Para as empresas
- Porque dispoñemos dunha base de datos completa
e actualizada cos currículos dos mellores
profesionais do mercado galego.
10Aforro
Para os traballadores
- Porque é un servicio totalmente gratuito no que
poderán actualizar ou modificar o seu currículo
sempre que queiran, imprimilo ou envialo
directamente por e-mail.
Para as empresas
- Porque lles axudamos a simplificala xestión dos
seus Recursos Humáns - Canto lle custaría a unha empresa manter vixente
unha oferta en prensa durante 60 dias. Canto
lle custa a xestión de todolos curriculums que
recibe en formato papel?
11Difusión
Para os traballadores
- Porque estarán no mellor escaparate posible
para a búsqueda ou mellora do seu emprego. Somos
unha ferramenta de reclutamento para empresas, e
queremos que a procura dos seus candidatos ideais
se inicie en Galiciaempleo.net
Para as empresas
- Porque a nosa páxina será a web sobre emprego
máis visitada de Galicia e unha das primeiras de
ámbito nacional. A súa empresa será a máis vista
na nosa Comunidade.
12Comodidade
Para os traballadores
- Porque teñen todo o que precisan nun único
lugar, as 24 horas do día ofertas de emprego,
listado de cursos de formación, xestión do
currículo, consellos laborais, sección de
noticias, etc.
Para as empresas
- Clasificación dos seus procesos de reclutamento
e selección nun unico lugar de xeito claro e
rápido, as 24 horas do día.
13Cómo o ofrecemos?
A nosa páxina web baséase en dous principios
claridade e utilidade. Dun xeito sinxelo e
práctico, poderás acceder dende a paxina
principal ós servicios que che interesen.
14Menú Privado Do Candidato En 4 minutos e con 4
sinxelos pasos, os candidatos poderán insertar o
seu currículo e descubri-lo universo de servicios
de Galiciaempleo.net inscribirse directamente
nas ofertas das principais empresas de Galicia,
consultalo estado das súas candidaturas en tempo
real, xestionalo seu currículo
15Menú Privado de Empresa As empresas poden
consulta-los currículos dos candidatos inscritos
nas súas ofertas, busca-los directamente na nosa
base de datos, publicar cursos
16Qué nos diferencia?
- A mellora continua
- Somos unha empresa innovadora, producto da
experiencia e constante evolución dos
profesionais de recursos humáns que integran o
proxecto de Galiciaempleo.net - A calidade
- Non nos limitamos a poñer nas súas mans unha
ferramenta de xestión dos seus procesos de
reclutamento e selección. A implicación co
cliente e o compromiso de dar a mellor resposta
ás súas necesidades é o primeiro paso para gañala
súa confianza. - O coñecemento
- Ninguén pode coñecer mellor a realidade e as
necesidades do mercado galego que unha empresa
que traballa con profesionais de Galicia e para
Galicia.
17Teléfono de atención al cliente902 200
500informacion_at_galiciaempleo.net