Informe sobre as medidas de dinamizacin econmica - PowerPoint PPT Presentation

1 / 19
About This Presentation
Title:

Informe sobre as medidas de dinamizacin econmica

Description:

Como principais novidades: ... m is desfavorecidos, como as persoas con ... Como resultado deste comportamento o saldo comercial mellora significativamente, ... – PowerPoint PPT presentation

Number of Views:44
Avg rating:3.0/5.0
Slides: 20
Provided by: anton84
Category:

less

Transcript and Presenter's Notes

Title: Informe sobre as medidas de dinamizacin econmica


1
Informe sobre as medidas de dinamización económica
1 de setembro de 2008
2
1. Impulso das infraestruturas, da promoción de
vivenda protexida e da rehabilitación
2. Ampliación das facilidades de financiamento do
sector empresarial
3. Reformas fiscais no eido empresarial e familiar
4. Mellora da protección social e da
empregabilidade
5. Pacto pola competitividade
3
Impulso das infraestruturas, VPO e rehabilitación
1. Impulso da licitación pública Ata finais de
agosto, licitáronse obras por un total de 842
MM, un 53 do importe estimado para o conxunto
do ano. Execución orzamentaria (25/08/08)
Importe disposto (cap.VI) 978 MM (77 MM
máis que no 2007(crec. 8)) Obra executada 402
MM (68MM máis que no 2007 (crec. 20))
4
Impulso das infraestruturas, VPO e rehabilitación
2. Vivenda protexida (31-07-08) Solo para 3.600
vivendas protexidas posto a disposición da
iniciativa privada en áreas próximas ás
principais cidades, onde existe maior demanda.
3. Rehabilitación 6.300 vivendas en
rehabilitación 948 máis que no mesmo período do
ano anterior (crec. 18).
5
Facilidades de financiamento ás empresas
  • O apoio outorgado dende IGAPE e XESGALICIA ao
    financiamento dos proxectos empresariais sitúase
    a finais de xullo en 344 millóns de euros, para
    uns investimentos de 1.052 millóns de euros.
  • Subvencións a proxectos por un total de 37,6 MM,
    o que permitiu realizar uns investimentos de 328
    MM.
  • Préstamos a traves do IGAPE por importe de 255
    MM, vencellados a uns investimentos de 490 MM.
  • Reforzamento dos fondos propios das SGR e avais
    directos do IGAPE por un importe de 15,2 MM.
  • Financiamento a proxectos empresariais a través
    das entidades de capital risco Xesgalicia e
    Sepides por importe de 36,6 MM, impulsando un
    investimento de 224 MM.

6
Reformas fiscais no eido empresarial e familiar
  • Reforma do Imposto de Sucesións e Doazóns
  • Elimina o risco de deslocalización por motivos
    fiscais
  • Facilita o acceso a vivenda para os novos
  • Facilita os procesos de sucesión na empresa
    familiar
  • Incentiva as transmisións entre pais e fillos
  • Elimina a tributación para o 90 das herdanzas
  • A reforma do imposto foi aprobada no Parlamento
    galego o pasado mes de xullo coa promulgación da
    Lei 9/2008 que entrará en vigor o próximo 1 de
    setembro de 2008.

7
Mellora da protección social e da empregabilidade
  • Apoio á creación de autoemprego
  • Os apoios inclúen axudas directas e actuacións
    de orientación e asesoramento. No que vai de ano,
    tramitáronse 6.373 solicitudes de axudas ao
    autoemprego. Como principais novidades
  • Aumentan as contías das subvencións a novos
    autónomos ata 16.400 /autónomo
  • No caso de colectivos máis desfavorecidos, como
    as persoas con discapacidade, as axudas acadan os
    27.600
  • Creación dun servizo de tratamento específico ás
    persoas que se incorporan por primeira vez ao
    Servizo Público de Emprego, así como aos parados
    dos sectores máis vulnerables á crise, con
    programas de formación e reorientación cara aos
    novos xacementos de emprego.

8
Mellora da protección social e da empregabilidade
Programa de Vivenda en Aluguer Ata agosto
concedéronse 1.760 axudas a familias/inquilinos
(77 do total concedido no ano 2007) por un
importe de 3,3 M (53 máis que no mesmo período
de 2007). Ademais, o programa compleméntase coa
renda de emancipación, posta en marcha en
novembro de 2007, que facilita axudas para mozos
de entre 22 e 30 anos, de ata 210/mes e axudas
para avais e fianzas-. Pensións non
contributivas O Decreto que permitirá abonar a
paga anual única de 200 euros para pensións non
contributivas, aprobarase en setembro de 2008 e
beneficiará a un colectivo de máis de 50.000
galegos. O custe desta medida ascende a 10 MM.
9
Mellora da protección social e da empregabilidade
Lei de Dependencia (31-07-08) Recibiron
resolución positiva 20.038 das case 55.000
solicitudes realizadas, o que garante o seu
acceso ao Sistema de Dependencia. Destas
resolucións, 7.825 contan xa co informe que
determina a asistencia que mellor se adapta a
cada caso. Hai 4.638 expedientes de
recoñecemento da figura de coidador, o que
implicará a alta na Seguridade Social destas
persoas.
10
O 7 de xullo asinouse o Pacto pola
Competitividade de Galicia 2008-2011 entre o
presidente da Xunta e os axentes económicos e
sociais que inclúe un conxunto de medidas de
dinamización económica a curto prazo, así como
medidas de fondo estruturais para mellorar a
posición competitiva de Galicia.
Acordo pola competitividade
11
Anexo sobre a situación económica
12
1. CONTEXTO INTERNACIONAL
2. ECONOMÍA GALEGA
2.1 Actividade
2.2 Emprego
2.3 Prezos
2.4 Comercio exterior
13
Contexto internacional
  • No segundo trimestre de 2008, o panorama
    económico internacional caracterízase por
  • A inestabilidade nos mercados financeiros
  • A traxectoria alcista do prezo do petróleo e
    outras materias primas, e en consecuencia, o
    deterioro da inflación..
  • A maior ralentización da actividade nas
    principais economías desenvolvidas, influída pola
    intensificación do axuste do sector inmobiliario.

(1) O descenso da demanda pola situación
económica está provocando un significativo
descenso do prezo do petróleo nas últimas semanas.
14
Contexto internacional
Derivado da evolución recente dos principais
indicadores, os distintos organismos
internacionais e o Ministerio de Economía e
Facenda revisaron á baixa as previsións de
crecemento para os anos 2008 e 2009.
15
Economía Galega Actividade
O PIB xerado pola economía galega no segundo
trimestre, rexistrou un crecemento real do 2,4
respecto ao mesmo período do ano anterior,
atenúandose en oito décimas o seu ritmo de
crecemento. Este avance é seis décimas superior
ao estimado en España (1,8) e nove respecto a
Euro-zona (1,5). Pola súa parte, a variación
intertrimestral sitúase no 0,2, tres décimas
menos que no trimestre anterior. (España 0,1,
Euro-zona -0,2).
16
Economía Galega Emprego
Acentúase a ralentización no ritmo de creación de
emprego. Segundo a EPA, o número de ocupados
creceu no segundo trimestre deste ano un 0,4
interanual, unha décima máis que en España,
acadando o nivel máis alto de ocupación estimado
en Galicia 1.280.800 ocupados. Ademais, a taxa
de actividade ascendeu ao seu nivel histórico
máis alto, 54,9, medio punto máis que no
trimestre precedente. A taxa de paro sitúase no
8,3, 2,1 puntos inferior á estatal. Nos últimos
cinco trimestres a taxa de paro en Galicia é
inferior á de España.
17
Emprego Afiliación e Paro Rexistrado
Nos sete primeiros meses de 2008 hai 19.000 novos
afiliados (25.900 menos en España). Utilizando
datos de afiliación media do mes, desde decembro
de 2007 a xullo de 2008 hai 12.390 novos
afiliados, mentres que no conxunto do Estado
ascende a 9.947. Respecto ao mes anterior, hai
12.917 novas afiliacións en Galicia, o 55 das
rexistradas en España (23.270). No que se refire
ao paro rexistrado, respecto ao 31 de decembro
hai 5.700 parados rexistrados menos, mentres que
en España aumenta en 297.400 persoas. Respecto a
xuño o paro rexistrado diminúe en 3.400 persoas,
mentres que en España aumenta en 36.500.
(1) Dato estimado a partir da taxa de variación
da afiliación media do mes.
18
Economía Galega Prezos
Os distintos indicadores de prezos prolongaron ao
longo do segundo trimestre a tendencia alcista
iniciada na segunda metade de 2007. En xullo, o
IPC acada unha taxa do 5,6, tres décimas máis
que en España. Esta evolución ven explicada pola
significativa escalada dos prezos da enerxía, e
dos prezos dos alimentos elaborados que
repercuten 2,5 e 1,5 puntos no índice xeral,
respectivamente. A maior ponderación destes
produtos na estrutura de consumo dos galegos,
explica en parte o diferencial con España. Por
outro lado, a inflación subxacente presenta este
mes un rexistro do 3,6, 3,5 no Estado.
19
Economía Galega Sector Exterior
A desaceleración na produción e o comportamento
contractivo da demanda interna, repercuten nos
datos do comercio exterior de Galicia. Así,
segundo os datos de aduanas, nos seis primeiros
meses de 2008, as exportacións caen respecto ao
mesmo período de 2007, un 8,2 (8,6 en España)
e as importacións un 11,5 (8,1 en España).
Como resultado deste comportamento o saldo
comercial mellora significativamente, acadando un
superávit de 222 millóns de euros en 2008, o que
supón unha taxa de cobertura do 102,9, mentres
que en España é do 65,4. Pola contra, a
participación galega no comercio exterior de
España, que está por encima do seu peso
produtivo, presenta no último período un lixeiro
descenso, situándose no 8,0 en exportacións e o
5,1 en importacións.
Write a Comment
User Comments (0)
About PowerShow.com