XOS - PowerPoint PPT Presentation

1 / 57
About This Presentation
Title:

XOS

Description:

Co ecer a traxectoria vital do autor. Afondar no contexto hist rico e social da vida ... Como se explicita en cada un deles? Localiza os fragmentos dialogados. ... – PowerPoint PPT presentation

Number of Views:254
Avg rating:3.0/5.0
Slides: 58
Provided by: Ana1318
Category:
Tags: xos | deles

less

Transcript and Presenter's Notes

Title: XOS


1
XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ
  • UNIDADE DIDÁCTICA
  • LETRAS GALEGAS 2008
  • 4º ESO
  • Autora Ana Martins
  • CPI Alcalde Xosé Pichel
  • Coristanco

2
OBXECTIVOS
  • Coñecer a traxectoria vital do autor.
  • Afondar no contexto histórico e social da vida do
    autor.
  • Coñecer a obra poética de Xosé María Álvarez
    Blázquez.
  • Coñecer a obra narrativa en galego.
  • Coñecer os seus proxectos editoriais.
  • Coñecer o labor de Álvarez Blázquez como
    intelectual total.
  • Valorar o contributo poético e intelectual deste
    autor á literatura galega.
  • Valorar o compromiso lingüístico, literario e
    político do autor en tempos difíciles.

3
CONTIDOS
  • Biografía dirixida do autor a través da súa obra
    literaria.
  • Contexto social e histórico da vida do autor.
  • Obra poética en galego.
  • O seu labor como investigador e editor literario.
  • O seu labor como historiador e arqueólogo.
  • TEMPORALIZACIÓN
  • 5 ou 6 sesións (50 minutos).

4
CONTEXTO HISTÓRICO E SOCIAL DA VIDA DO AUTOR
  • 1915 Nace en Tui

5
CONTEXTO HISTÓRICO E SOCIAL DA VIDA DO AUTOR
  • O autor nace en 1915. En 1917 ten lugar a
    creación dunha institución importante para as
    nosas letras e para o labor de recuperación do
    noso idioma. Cal é? Procura información na
    seguinte web.
  • Fai un resumo sobre a súa historia e o seu
    programa ideolóxico.

6
CONTEXTO HISTÓRICO E SOCIAL DA VIDA DO AUTOR
  • En 1923 xorde outra institución que procuraba a
    investigación nas nosas letras, historia, arte,
    etc. Cal? Infórmate neste sitio.
  • Indica cales foron os seus membros fundadores e
    cales eran os seus obxectivos.

7
CONTEXTO HISTÓRICO E SOCIAL DA VIDA DO AUTOR
  • En 1931 créase o Partido Galeguista. O autor
    entra a formar parte primeiro das Mocidades
    Galeguistas e máis tarde do propio partido
    durante a súa estadía en Pontevedra mentres
    estudaba Maxisterio. Unha figura importante do
    galeguismo da época animouno a participar nestas
    actividaes políticas. Quen foi? A ver se o
    averiguas nesta páxina.
  • Investiga un pouco sobre a historia desa
    personaxe aquí.
  • Le aquí palabras de Álvarez Blázquez sobre o
    discurso que pronunciou nun acto das Mocidades
    Galeguistas en 1934. Cal é o título? Que
    aniversario se conmemoraba?

8
CONTEXTO HISTÓRICO E SOCIAL DA VIDA DO AUTOR
  • Co golpe militar franquista de 1936 moitos
    galeguistas, republicanos e liberais progresistas
    foron encarcerados, fusilados ou, no mellor dos
    casos, tiveron que exiliarse fóra de Galiza.
    Algún familiar do autor tamén sufriu estas
    represalias, De quen se trata? Pescuda aquí.

9
CONTEXTO HISTÓRICO E SOCIAL DA VIDA DO AUTOR
  • Rematada a Guerra Civil española apenas se
    publicaron libros en Galiza e moito menos en
    galego. A edición, igual que a resistencia
    política e cultural, desenvolveuse neste período
    principalmente en América. En 1949 publicouse en
    Pontevedra a colección de poesía Benito Soto
    promovida por Sabino Torres, Manuel Cuña Novás,
    Emilio Álvarez Negreira, curmán do autor, e Celso
    Emilio Ferreiro. Polas mesmas datas saíron os
    primeiros títulos de Bibliófilos Gallegos, e máis
    a Editorial Monterrey, da man de Luís Viñas
    Cortegoso e o propio Xosé María.
  • Un proxecto xurdido en 1950 consolidouse, de
    entre todas eles, como o máis estábel e o de máis
    continuidade, e constituíu a referencia obrigada
    do rexurdimento da actividade intelectual na
    Galiza interior. Cal é? Procura aquí.
  • Cal foi o primeiro libro publicado nesta editora?

10
CONTEXTO HISTÓRICO E SOCIAL DA VIDA DO AUTOR
  • En 1975 morre o ditador Francisco Franco. Isto
    supuxo o lento espertar das liberdades e o camiño
    cara a restauración da democracia. Le o seguinte
    fragmento recollido na obra biográfica do fillo
    do poeta, Xosé María Álvarez Cáccamo, onde relato
    como seu pai recibiu a boa nova

11
CONTEXTO HISTÓRICO E SOCIAL DA VIDA DO AUTOR
  • Tanto devecía o meu pai pola chegada dese momento
    liberador, tantas veces imaxinaría a
    verbalización do suceso intanxíbel que, cando se
    viu obrigado a transmitir a noticia aos seus
    alumnos da Escola Náutico-Pesqueira de Vigo,
    ficou subitamente mudo. Sentiu a conmoción de
    corenta anos de noxo como unha coitelada
    eléctrica e fría a percorrerlle o camiño da
    columna vertebral. Os alumnos decatáronse da súa
    repentina palidez e algún achegouse para
    atendelo. Unha vez superado o transo, o profesor
    non foi quen de explicarlles os íntimos motivos
    da súa emoción. E ficou coa dúbida de se a
    atribuirían a razóns de solidariedade co defunto.

  • Álvarez Cáccamo Memorias do poeta

12
CONTEXTO HISTÓRICO E SOCIAL DA VIDA DO AUTOR
  • En 1985, ano da morte do poeta Galiza vivía xa en
    democracia e as cousas mudaran favorabelmente
    para o noso idioma e as nosas letras. Imos ver
    que tal estás de cultura xeral. Responde as
    seguintes preguntas. Podes pescudar nas seguintes
    webs
  • Día das Letras Galegas
  • Loia
  • Xunta de Galicia

13
CONTEXTO HISTÓRICO E SOCIAL DA VIDA DO AUTOR
  • 1. Quen era o presidente da Xunta de Galiza en
    1985?
  • 2. Coa chegada da democracia Galiza tivo por fin
    o ansiado Estatuto de autonomía. En que ano se
    aprobou?
  • 2. Uns anos antes o Parlamento galego aprobara
    por unanimidade unha importante lei para a
    normalización da nosa lingua. Cal? En que ano se
    aprobou?
  • 3. A que autor se lle dedicaron as letras galegas
    ese ano?
  • E no teu concello,
  • 4. Quen era o alcalde daquela?

14
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • 1915 Nace en Tui, no número 11 da Rúa Elduayen
    (hoxe Paseo da Corredoira). É o terceiro dos seis
    fillos varóns que tiveron o médico pontevedrés
    Darío Álvarez Limeses e María Blázquez Ballester,
    nada en Matanzas (Cuba) e filla de cubana e
    levantino.
  • Xa o seu pai proviña dunha familia de
    intelectuais progresistas. Nesta web poderás
    atopar os nomes dalgúns dos seus familiares máis
    destacados na causa galeguista e no cultivo das
    nosas letras. Quen eran e son?

15
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • Vive nunha casa moi grande, propiedade do pai,
    que tiña alí a consulta médica, cunha horta onde
    cantaban os paxaros nas mañás do verán. Alí
    estuda o bacharelato. Xa de ben neno escribía
    poemas coma estes seguintes.
  • Fachada actual da casa natal en Tui.

16
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • QUEIXAS
  • Soíña nesta terra eu sempre vivo,
  • soíña nesta vida eu sempre estou,
  • de min nadie se lembra nesta mundo,
  • de min nadie no mundo se lembrou.
  • Non teño pai nin mai, nin teño fillos,
  • non sei o que é quererse nin que é amor,
  • non teño nesta terra compañía,
  • nin topo neste mundo compasión.
  • Eu soia para sempre xa me encontro,
  • eu soia para sempre xa estarei,
  • a min nadie me quere nesta vida,
  • e a nadie nesta vida eu quererei.
  • Tui, 24 de decembro de 1927
  • A CAMPANA DA MIÑA IGRESIA
  • Campana da miña igresia,
  • non sei que che pasará
  • que cando tocas a morto
  • poste a chorar.
  • Tocas nos días de festa,
  • tocas para ir a rezar
  • co teu son sempre contento
  • cal non o hai.
  • Pero si tocas a morto
  • poste a chorar.
  • Eu ben sei por que ti choras
  • tanto hoxe coma mañán.
  • Choras por aquelas almas
  • que se van.

17
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • Durante a súa infancia o poeta pasa cos irmáns e
    a nai as tempadas de verán nunha casa na
    parroquia de Baión, en Vilanova de Arousa. Isto
    lembra nalgún dos seus poemas.
  • Foto de Baión

18
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • BAIÓN
  • Torno a ti, meu Baión, terra louvada,
  • terra do meu corazón, amante miña,
  • onde os meus pais me diron ista anguria
  • de estar morrendo arreo pola terra.
  • Cando xa non coidei que máis t evise,
  • torno para adormentarme no teu colo,
  • para me quencer na morna terra túa
  • por onde van as veas do meu soño.
  • Aquil andar decote pola vida
  • sin ter os pés no mundo, coma os ventos
  • que nascían nas frgas de Sovilas
  • e iñan bater no lombo de lantaño.
  • Aquil tremulecer de follateiras,
  • Por onde asubiaban os paxaros
  • E lagartos arnaus, postos na terra
  • Para ledicia dos nenos, acotío!
  • Todo torna de sócato arestora,
  • Cando xa non coidei que máis volvese
  • o pálpito segredo dunha anguria
  • Que é estar morrendo arreo pola terra.
  • Terra dunha nenés que tiña cores
  • E adobíos de festa polo vranhe,
  • cando á mañán andaban antres os millos
  • as pegas rabilongas e os coellos.
  • E osm ouros estorniños no tellado,
  • coas súa frauta de panidos meles,
  • escorrentaban a perguiza nosa
  • Espertade, rapaces,espertade!
  • Agora ben me lembro distas cousas,

19
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • Neste poema autobiográfico publicado en Canle
    segredo (1976) o autor, xa home adulto, lembra
    con nostalxia os fermosos tempos da infancia.
  • a) Estabelécense dous eixos temporais no poema.
    Sinálaos.
  • b) Pan é o símbolo do bucolismo. Este poema está
    ambientado nun espazo bucólico. Que elementos da
    natureza se converten na fotografía da infancia
    do poeta?
  • c) No poema recóllense elementos dialectais,
    algúns propios da zona de Vilanova de Arousa,
    outros non e mais popularismos. Sinálaos.

20
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • 1932 Publica o poemario Abril en castelán. Funda
    con Xoán Vidal a revista Cristal, onde publica o
    seu primeiro texto en galego O merlo poeta,
    incluído máis tarde en Poemas de ti e de min
    (1949). Podes lelo aquí.
  • Nestes anos o poeta trasládase a vivir a
    Pontevedra para cursar estudos de Maxisterio.
    Vive co seu tío Xerardo Álvarez Limeses, sogro de
    Alexandre Bóveda. Será este último unha das
    persoas influentes que animen a Xosé María a
    ingresar no ano 1933 nas Mocidades Galeguistas.
    As ideas galeguistas e progresistas estaban
    agromando no estudante universitario que xa
    manifestaba o seu espírito de fraternidade
    democrática e de amor ao pobo traballador en
    poemas coma este dedicado aos mariñeiros da
    Moureira, antigo barrio pontevedrés, que escribiu
    con 18 anos

21
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • INMENSIDÁ
  • Levaime convosco, homes da Moureira
  • levaime convosco onde o vento queira
  • tanto se me dá mar amigo ou fosco.
  • Irmáns mariñeiros, levaime convosco
  • na proa arriscada da vosa gamela,
  • poñeime na fronte a esquencida estrela
  • que por esquencida roubácheis ao ceu,
  • e contai coa renda diste espirito meu.
  • Dareivos, en troques, a lene poesía
  • do serán, do abrente, da noite e do día,
  • do río e a estrela, do monte e do val,
  • do roibo meniño e o merlo lanzal.
  • Toda a poesía heivos de dicir
  • que vos presentides na alma bulir,
  • coma o peixe bule nas molladas redes
  • poesía sinxela, que non comprendedes,
  • feitos, coma estades,
  • na inmensa poesía das inmensidades.
  • Mais, irmáns, levaime onde o vento queira
  • e daime o meigallo que vivís na xeira
  • cando peiteáde-la testa do mar
  • coas redes, que o leixan para namoricar.
  • Dádeme a poesía que sabedes vós,
  • a poesía anterga dos vosos avós.
  • Irmáns mariñeiros, pouco se vos dá
  • que na miña alma haxa imensidá!

22
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • a) Neste saúdo entusiasta aos mariñeiros,
    ofrécelles a súa poesía a cambio de cousas
    intanxíbeis que lle poden dar os mariñeiros. Que
    lles pide?
  • b) Sinala os elementos da paisaxe mariña e do
    traballo do mar que atopes no poema, ás veces en
    forma de preciosas comparacións e metáforas.

23
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • En 1934, fai prácticas na escola de Tui, que
    aproba en 1935, ano no que toma posesión na
    escola de nenos da Guarda. En 1936 é trasladado á
    súa parroquia natal de Pazos de Reis (Tui).
    Finalmente gañará a praza de mestre para Coia
    (Vigo) en 1937.
  • Neste mesmo ano publica o libro de relatos Os
    ruíns na editora de Ánxel Casal, quen nesa altura
    é fusilado polas tropas franquistas. Tamén seu
    pai é fusilado o 30 de outubro por participar nas
    loitas da resistencia republicana en Tui.
  • Por causa da súa pertenza ao Partido Galeguista,
    o propio Xosé María foi inhabilitado e suspendido
    de emprego e soldo e desterrado a unha escola
    zamorana en Coreses. Alí escribe, en 1941, este
    angustiado fermoso poema neotrobadorista.
    Sinala os trazos que che lembran á poesía
    medieval

24
  • Que lonxe vivo,
  • ai madre!
  • Que lonxe estou.
  • Unha anduriña,
  • madre,
  • que non tornou.
  • Virán os tempos,
  • madre?
  • Virá San Xohán?
  • Eu xa cavilo,
  • ai madre!
  • Que non virán.
  • Mais se viñeren,
  • madre,
  • irei daquela
  • matar a sede,
  • ai madre,
  • da nosa arela.
  • Irei daquela,

25
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • Mais axiña se había librar deste desterro, porque
    en 1942 élle concedida unha excedencia voluntaria
    alegando unha doenza falsa que seu irmán Darío,
    médico coma o pai, certificou. Nese ano
    trasládase a Vigo, onde se mudara toda a familia
    para fuxir da persecución fascista que aínda os
    asediaba en Tui. En Nigrán instalaron unha
    telleira familiar que durou até 1945, cando por
    mor dun accidente, se arruinaron.
  • Xosé María consegue entón un traballo
    administrativo na Confraría de Pescadores de
    Vigo, no Berbés, o que lle permite sosterse
    economicamente e poderse dedicar asemade á
    investigación literaria e histórica. O contacto
    cos mariñeiros inspirará o seu Romance do
    pescador peleriño, que publica en 1954,co que
    gaña o Premio Pondal do Centro Galego de Bos
    Aires, e do que podes escoitar aquí un
    fragmento musicado por Suso Vaamonde.

26
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • En 1946 casa con María Luísa Cáccamo Frieben, nai
    dos seus 6 fillos e que reside aínda hoxe na rúa
    Gran Vía de Vigo. Este amor puido ser o que
    inspirou poemas neotrobadoristas coma este.
  • Nao
  • Velaí vén pola ribeira
  • a barca dos namorados.
  • Ai, amor!
  • como camiña lixeira.
  • Nin trai remos nin trai velas,
  • a barca dos namorados
  • ai, amor!
  • que a gobernan as estrelas.
  • Abule, que veleí vén
  • a barca dos namorados,
  • ai, amor!
  • para nos levar tamén.
  • Sabarís, 1951

27
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • En 1945 publícase a novela en castelán En el
    pueblo hai caras nuevas, novela policíaca
    ambientada en Francia que gozaría de varias
    reedicións na época e que mesmo foi empregada, en
    edición anotada en francés, no país galo como
    manual para o ensino do español. Esta novela foi
    traducida por Alfonso Álvarez Cáccamo, fillo do
    poeta, ao galego como Na vila hai caras novas.
  • Coa versión en castelán o autor resultou
    finalista da primeira edición do prestixioso
    Premio Nadal no ano 1944. Mais, cal foi a novela
    gañadora nesa edición? Procura información aquí.

28
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • En 1947 estréanse dúas obras de teatro escritas
    en colaboración co seu irmán EmilioEl zapato de
    Cristal, estreada no Teatro García Barbón, e Los
    pazos altivos, estreada no Teatro Jovellanos.
    Aquí tes fotos destes dous teatros. En que
    cidades os podemos atopar?

29
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • 1948 Dedícase ao comercio do libro antigo e abre
    a Librería Monterrey xunto cun amigo bibliófilo e
    inspector de Ensino Primario. Cal é o seu nome?
    Procúrao aquí.
  • En maio dese mesmo ano nace a súa primeira filla
    María Luísa, que é coñecida por un curioso alcume
    e á que lle dedica o poemario infantil Roseira do
    teu mencer (1950). Queres saber cal é ese alcume?
    Pois le o seguinte poema e coñece a María Luísa
    con dous aniños da man de seus pais.

30
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • Ao ver que non tiñas nome
  • maxinamos que serías
  • ventureiriña do monte.
  • Froleciña ventureira
  • que- ao millor- nasceu co orballo
  • nunha luzada de estrelas.
  • Como andabamos a rir
  • -ventureiriña do monte!-
  • chamámoste Colorín.
  • Roseira do teu mencer (1950)

31
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • 1949 Publícase Poemas de ti de min. Aquí enriba
    podes ver a portada ou as portadas. Como é que
    pode haber un libro co mesmo título asinado por
    dous escritores diferentes? E quen é ese da foto,
    é realmente Xosé María? En que colección se
    publicou o libro? A ver se atopas as respostas
    aquí.

32
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • FOGUETE
  • Rube o foguete ás alturas
  • facendo sega de estrelas.
  • dourado outono de gachos!
  • colleita de luces secas!
  • Como pedradas os tira
  • o labrego fogueteiro,
  • escachando con estrondo
  • o vidro do outo ceo
  • Beira do río, os tellados
  • empúrranse a coller canas,
  • e con medo de rapaces
  • engorripan as espaldas.
  • No queipo do val caeran
  • xa serodios, os luceiros,
  • como os acios de albariño
  • FOGUETES
  • Foguetes na noite azur
  • frolecida de lembranzas
  • foguetes riba dos campos,
  • foguetes riba das augas
  • (Os estouridos da festa
  • a ecoar dentro da ialma!)
  • Quen fora esguío foguete
  • que na noitiña estoupara,
  • dempois de rubir ao ceu
  • e non degorar máis nada.
  • A cana na terra o corpo.
  • O fume no ar a ialma
  • X.M. Álvarez Blázquez
  • Poemas de ti e de min

33
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • Estes son dous poemas imaxinistas. O imaxinismo é
    unha corrente poética de comezos do século XIX
    que se caracteriza, entre outras cousas, pola
    creación de imaxes novidosas a aprtir de
    elementos cotiás ou da paisaxe que por veces
    aparece humanizada.
  • a) Nestes poemas retrátanse os foguetes
    estourando no ceo. Sinala os elementos comúns nos
    dous.
  • b) No poema de Álvarez Blázquez o eu poético
    identifícase cos foguetes nunhas fermosas
    metáforas. Sinálaas.

34
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • ROMANCE DO AFIADOR
  • Velaí vén o afiador
  • asubía que asubía
  • co seu carro de unha roda
  • é coma a besta xuncida.
  • Trai unha caixa de ferros
  • e unha pedra onde il afía
  • unha pedra condanada
  • que bota raios e chispas.
  • Vén para acá, afiador
  • afía a navalla miña.
  • Teño na festa da Virxe
  • de facer trinta feridas.
  • - Xa fican poucas navallas,
  • rapaz, para maliaxe miña
  • róubaas a Garda Cevil
  • aos mozos na romarías.
  • xa rematou a tormenta
  • de trebóns, raios e chispas.
  • a testa do afiador
  • foi a Terra onde caíran.
  • -Afiador, peleriño
  • de corredoiras e vilas
  • cando non ten que afiar
  • que fai?
  • Afío cantigas.
  • Álvarez Blázquez Poemas de ti e de min

35
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • REYERTA
  • En la mitad del barranco,
  • las navajas de Albacete,
  • bellas de sangre contraria,
  • relucen como los peces ()
  • Juan Antonio el de Montilla
  • rueda muerto la pendiente,
  • su cuerpo lleno de lirios
  • y una granada en las sienes.
  • Ahora monta cruz de fuego,
  • carretera de la muerte.
  • El juez con la Guardia Civil
  • por los olivares viene ()
  • Señores guardia civiles
  • aquí pasó lo de siempre.
  • Han muerto cuatro romanos
  • y cinco cartagineses.
  • García Lorca Romancero gitano
  • ROMANCE DE LA PENA NEGRA
  • Las piquetas de los gallos
  • cavan buscando la aurora,
  • cuando por el monte oscuro
  • baja Soledad Montoya.
  • Cobre amarillo, su carne,
  • huele a caballo y a sombra.
  • Yunques ahumados sus pechos,
  • gimen canciones redondas.
  • Soledad, por quién preguntas
  • sin compaña y a estas horas?
  • Pregunte por quien pregunte,
  • dime a ti que se te importa?
  • Vengo a buscar lo que busco
  • Mi alegría y mi persona.
  • García Lorca Romancero gitano

36
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • a) O Romance do afiador é un poeta de clara
    influencia lorquiana. Lendo os fragmentos dos
    poemas de Lorca podes observar certas similitudes
    na ambientación e na escolla de campos léxicos
    nos poemas dos dous autores as navallas, os
    metais, as mortes violentas, a Garda Civil, o
    lume e os seus elementos. Localiza as
    semellanzas.
  • b) Igualmente comparten o tipo de estrofa. Cal é?
    Que rima presenta?
  • c) Hai tamén semellanzas no modo de presentar a
    personaxe que aparece chegando de algures. Como
    se expresa no poema do afiador e no Romance de la
    pena negra.
  • d) Nos tres poemas introdúcese tamén voces
    dialogando. Como se explicita en cada un deles?
    Localiza os fragmentos dialogados.
  • e) É moi propio da poesía de Lorca inspirarse en
    coplas populares. Nestes non vemos ningunha, mais
    si no poema de Álvarez Blázquez. Cal é?

37
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • En 1949 tamén é nomeado Comisario de Escavacións
    Arqueolóxicas de Vigo, que marcou o inicio da súa
    carreira pública de arqueólogo. Álvarez Blázquez
    esculca, descobre e salva en diferentes espazos,
    localizados fundamentalmente no sur da provincia
    de Pontevedra, aras, estelas e outros obxectos de
    valor do pasado remoto galego, que son albergadas
    no Museo Municipal Quiñones de León de
    Vigo.Procura aquí o nome dalgunha obra súa sobre
    arqueoloxía.

38
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • 1950 Funda a editorial Monterrey, cuxo selo tes
    á dereita, e nela publica algunhas das súas
    propias obras de poesía. Cales? Aquí tes
    información.
  • Esta editora ten tres coleccións principais nas
    que se publican obras de importantes autores para
    as nosas letras. Nomea tres das coleccións.
    Pódelas atopar aquí.

39
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • Na década de 50 leva a cabo un importantísimo
    labor investigador e ven a luz varios estudos
    literarios, sobre todo sobre poesía galega.
    Indica o nome desas obras que podes atopar aquí.
  • Para alén disto, participa activamente das
    diversas empresas intelectuais do galeguismo e
    publica numerosos artigos en diferentes
    cabeceiras da prensa escrita. Indica algunhas
    logo de ler esta esta páxina.

40
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • Xa sabes cales foron as obras publicadas polo
    autor na súa propia editora. Unha delas é Roseira
    do teu mencer, poemario infantil dedicado ao
    nacemento da súa filla Colorín. Le algún deses
    tenros poemas, que son como xogos infantís.

41
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • A
  • Era un airiño soave
  • que se ergueu pola mañán
  • e viña de non se sabe.
  • Era un recendo de rosas
  • de roseira de ningures,
  • que se meteu pola porta.
  • Era unha cantiga leda
  • que nascía non sei onde
  • e petaba na fiestra.
  • Era unha gracia sotil
  • que baixaba das estrelas...
  • Eras ti!
  • B
  • O sol polas eiras, o orballo no prado,
  • a gracia de Dios nos ares prendida
  • e ti pequeniña.
  • Nos ares prendida, na iauga da fonte,
  • nas follas do souto, nas herbas frolidas,
  • e ti pequeniña.
  • Nas herbas frolidas a gracia de Dios,
  • a voz dos paxaros nos ares prendida,
  • e ti pequeniña!
  • C O año pitaño
  • D Arco da vella, vaite de aí

42
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • E
  • Vinde todos ollar a miña nena
  • vai co escriño de millo prás galiñas,
  • e as condanadas, véndoa tan pequena,
  • encírrana con bulras e rapiñas.
  • O galo mandarín chégalle ao peito
  • -ollos de vidro, crista de sandía
  • e na fachenda do pescozo ergueito
  • cruces e bandas de outa fidalguía-.
  • A galiña pedrés que nunca pon
  • é a que máis cacarexa o malandrín
  • do pito novo faise o valentón
  • e todos andan tras meu Colorín
  • Ela non pode máis e berra Non!
  • tira co escriño e vén chorando a min.
  • F
  • A ver, mamá,
  • A túa neniña, que cociñará?
  • Cunha presa de murrunchos,
  • unha folla de loureiro
  • e un brazadiño de funchos,
  • que comidiña fará?
  • Ela di
  • que vai facer uns melindres
  • para min e para ti!

43
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • G
  • Durme neniña,
  • durme, meu ben
  • túa nai ten sono,
  • teu pai tamén.
  • Non penses máis no cabalo
  • Que andaba a fuxir do dono
  • mira ises cen cabaliños
  • que acarrexan o teu sono!
  • O meu arrolo
  • que nadie o escoite.
  • Dúrmete, nena,
  • que xa é de noite.
  • Aquil cabaliño ledo
  • está tamén a durmir
  • non o chames, que non pode,
  • meu ben, anque queira, vir.
  • Dúrmete logo,
  • meu año manso
  • túa nai sospira,
  • teu pai vai canso.
  • O cabalo no che escoita
  • e nin olla como acenas,
  • pois mañán ten de ir á vila
  • levar un carro de nenas.
  • Durme, neniña, co meu arrolo
  • que xa me estafa,
  • terte no colo.

44
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • ANÁLISE DOS POEMAS A-F
  • a) O poema A é a expresión da ledicia do pai polo
    nacemento da súa filla primoxénita mediante unha
    gradación que transcorre desde a maior incerteza
    á certeza absoluta. Con que metáforas se vai
    modulando este sentimento?
  • b) Este poema é moi sensorial. Para ir graduando
    a alegría vai expresando varias sensacións
    percibidas por diferentes sentidos. Indícaas.
  • c) No poema B atopamos a presenza do refrán ao
    estilo neotrobadoresco. Ademais, recolle no
    cuarto e sétimo verso o final dos versos segundo
    e quinto anteriores. A que recurso estilístico da
    poesía medieval che lembra isto?

45
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • ANÁLISE DOS POEMAS A-F
  • d) O poema C é unha sucesión de versos cun ton
    popular a modo de refrán infantil. Como se chaman
    estes versos que riman de dous en dous?
  • e)Arco da vella/ vaite de aí/ que as nenas
    bonitas/ non son para ti é unha copla popular que
    abre este poema que semella unha canción infantil
    para acompañar os xogos dos nenos. Nel prodúcese
    unha intensificación repetitiva. Con que recursos
    se consegue?
  • f) O poema E é un poema narrativo que conta como
    unha nena se achega para lles dar millo ás
    galiñas, mais asústase delas e vai correndo cara
    o/a pai/nai. Empregando a voz dun narrador
    protagonista en primeira persoa verte este poema
    á prosa indicando cales serían os pensamentos e
    sentimentos da nena medosa nese momento.

46
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • ANÁLISE DOS POEMAS A-F
  • g) O poema F é de novo unha brincadeira que os
    pais poden usar para xogaren cos fillos. Mais
    esta nena saíu cociñeira. Cos ingredientes que
    ten, escribe ti un texto instrutivo coa receita
    dos melindres. Non esquezas que son parte
    importante da receita unha boa presada de
    diminutivos.
  • h) O poema G é unha canción de berce para arrolar
    os meniños para durmilos. Aquí é o cabalo a
    figura empregada para acompañar a nena nos seus
    soños. Na cultura popular galega hai unha chea de
    personaxes que ben son os que traen o sono, como
    Pedro Chosco, ou ben os que asustan os nenos se
    pasan a noite en vela, como o Coco, o Sacaúntos,
    etc. Procura na rede e preguntando aos teus
    familiares historias destas personaxes. Se tes
    moita sorte até podes recoller ditos populares
    coma este E durme, neniño, que vén o cocón vai
    levar o neno, que non dorme, non! Esta web pode
    serche interesante.

47
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • En 1953 Álvarez Blázquez dá a coñecer o
    Cancioneiro de Monfero, libro que contiña só oito
    cantigas e mais un limiar e a reprodución
    facsimilar do que sería a presentación do frade
    Ramón Pazos, responsable no século XVII de copiar
    as cantigas. A obra teríana atopado entre uns
    vellos papeis destinados ao muíño o propio
    Álvarez Blázquez e mais o seu socio da editorial
    Monterrei, Lois Viñas Cortegoso. Mais cal é o
    curioso desta publicación? A ver que atopas por
    esta páxina

48
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • Agora xa que sabes que o Cancioneiro foi unha
    brincadeira que Xosé María lles quixo gastar aos
    intelectuais da época, e non un verdadeiro
    cancioneiro medieval.
  • Nomea algúns dos trobadores que o autor recompila
    na obra.
  • Le as seguintes cantigas e di cal delas pertencen
    aos seguintes xéneros cantiga de maor, cantiga
    de amigo e cantiga de escarnio.

49
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • RIANDIÑO, IOGRAR
  • Amigas, quando vier
  • meu amigo demandar
  • por mi, que vaia veer
  • se estarey ante o altar
  • de Santa Comba, ú mél viu
  • o dia que se partíu.
  • Quando quiser meu amigo
  • amigas, fillar perfía
  • por trebellar ora migo,
  • nembrádelli a romaría
  • de Santa Comba, ú mél viu
  • o dia que se partíu.
  • Amigas, digades quando
  • ora vos él preguntar,
  • veja se estarey chorando
  • dos olhos ante o altar
  • de Santa Comba, ú mél viu
  • o dia que se partíu.
  • c) Xoga ti tamén a ser trobador. Tenta refacer
    esta cantiga co teu propio estilo

50
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • Desque vos vi en cas dEl Rei,
  • señor, mesquiño quedei,
  • e agora vivo coitado
  • como home desconortado
  • con grande amor que vos ei.
  • Con grande amor que vos ei
  • señor, mesquiño quedei
  • e non me val ja conorte
  • se non vós, que soys mía morte
  • desque vos vi en cas dEl Rei.
  • FERNANDESQUÍO
  • Quen vos deu ese capelo,
  • don pai, de coór marelo,
  • feito da pel dun novelo
  • que non tiía pai nen nai?
  • Quén volo deu, don Pai
  • que atán mal vos cai?
  • Quén vos donou ese abano,
  • feito de tan negro pano
  • que non saben doutro ogano
  • os mouros que o demo trai?
  • Quén volo deu, don Pai
  • que atán mal vos cai?
  • Quén volo deu ese calçon
  • de bragal, come pendón,
  • e mays o verde cordón

51
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • Por Canle segredo Álvarez Blázquez recibe o
    Premio Eduardo Pondal do Centro Galego de Bos
    Aires en 1954 porén, este poemario non se
    publica até o ano 1976 na colección "Pico Sagro"
    da editorial Castrelos.
  • Cales son as tres seccións en que se estrutura a
    obra? Procura aquí.

52
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • AQUIL NENO QUE EU FUN
  • Non me doi iste anceio, ista procura
  • de bens, que con soñalos
  • abonda. Non me fire
  • a anguria do vivir que non se atopa,
  • nin o noxo da xente que me luxa
  • co soio seu ollar da can doente.
  • Non me inquedan as dores,
  • nin as tebras da noite, que resoa
  • con chamadas do Alén que eu soio escoito.
  • Nada xa me conmove.
  • O que me fire e doi, o que me inqueda
  • é aquil neno que eu fun, sempre perdido.
  1. Cal é o sentimento que predomina no eu lírico?
  2. Con que substantivos nomearías aquelas cousas que
    el non quere?
  3. Con que recurso estilístico incide na repetición
    no poema?

53
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • A COMETA
  • Botar unha cometa
  • era guindar os soños
  • todos pola fiestra.
  • Era poñer a ialma
  • por enriba das ponlas
  • máis ergueitas da fraga.
  • Era andar cos miñatos
  • nun outor vóo suspenso
  • sobor da paz dos campos.
  • Era ter cousa meiga!-
  • o corazón atado
  • cun longo fío á terra.
  1. Este poema é a definición dun xogo infantil e o
    que significaba, a ilusión que lle causaba a un
    neno. Nomea ti outros xogos infantís.
  2. Escolle un deles e tenta poetizalo lembrando que
    sentías cando xogabas a el.
  3. Escribe un artigo de opinión sobre os
    divertimentos cos que se entreteñen hoxe en día
    os rapaces (play station, consola, videoxogos,
    etc.) e compárao cos xogos máis tradicionais.
    Cales cres que alimentan máis a imaxinación?

54
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • ISE NENO DA RÚA
  • Non é certo que os nenos teñan fame.
  • Non pode ser.
  • Ben o sabedes todos
  • os que andades no mundo atafegados
  • á percura do pan dos vosos fillos.
  • Ises outros que vedes pola rúa
  • pedindo esmola,
  • non teñen fame, non, porque daquela
  • vos teríades morto de vergonza.
  • E ben vos vexo andar nos vosos coches
  • ou nos tranvías, a berrar de cousas
  • estranas viva, beba, baba, buba!-
  • sin reparar naquil esfarrapado
  • Que con moura mauciña está petando
  • nunha porta de ferro.
  • Por iso penso que non é verdade
  • o que algún caviloso di dos nenos
  • que andan así, petando pola vida.
  • - Non , home, non!- lle dixen a un de aqueles.
  • A xente pasa leda Fora boa
  • que andivesen a rirse dos seus crimes!
  • Este poema lembra á poesía de Celso Emilio
    Ferreiro. Pode considerarse un poema social? Por
    que?
  • Hai ironía no poema? En que o detectas?

55
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • Chegamos ao final desta unidade didáctica. Espero
    que aprenderas algo máis sobre Xosé María Álvárez
    Blázquez!
  • Escribe agora o nome de todos os seus poemarios e
    ordénaos cronoloxicamente.
  • Aquí che deixo como remate este fermoso poema

56
BIOGRAFÍA DIRIXIDA A TRAVÉS DA SÚA OBRA
  • TI
  • Chamas ao vento
  • na labarada dos teus cabelos.
  • Auga apreixada
  • na mol lentura da túa ollada.
  • Rubias de aurora
  • no sangue quente da túa boca.
  • Pombas no niño
  • no recunchego do teu corpiño.
  • Rulas leviáns
  • no vo lizgairo das túas mans.

57
BIBLIOGRAFÍA
  • http//gl.wikipedia.org/
  • http//www.17demaio.org/alvarezblazquez/?lggal
  • http//bovedaenpontevedra.acordando.com/enponteved
    ra_0.html
  • http//bvg.udc.es/LetrasGalegas2008
  • http//www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/loi
    a/historia.php?idioma1id52
  • http//www.xunta.es/presidentes
  • http//www.youtube.com
  • http//www.galiciaencantada.com/
  • http//www.culturagalega.org/noticia.php?id12100
  • Agradecementos aos CEIP Mestre Martínez Alonso e
    CEIP Mestres Goldar polos fermosos videopoemas da
    obra do autor.
Write a Comment
User Comments (0)
About PowerShow.com