MANCOMUNIDADE DE MONTES VECI - PowerPoint PPT Presentation

1 / 28
About This Presentation
Title:

MANCOMUNIDADE DE MONTES VECI

Description:

Esteban Sinde Stompel- Biologo, Enxe eiro medioambiental, Director Dpto Medio ... Barro. Curro. 344. Santa Mar a de Curro. concello. parroquia. Has. Nome da Comunidade ... – PowerPoint PPT presentation

Number of Views:44
Avg rating:3.0/5.0
Slides: 29
Provided by: pc67571
Category:

less

Transcript and Presenter's Notes

Title: MANCOMUNIDADE DE MONTES VECI


1
  • MANCOMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN
    CASTROVE-SALNÉS
  • Proxecto Integral dos Montes Veciñais do
    Castrove-Salnés

2
  • PRODUCCIÓN DE MADEIRA
  • Avaliación da productividade madereira actual das
    matas forestais existentes nos montes implicados
  • Propostas de productividade forestal que melloren
    o medrío das árbores actuais e das novas
    plantacións

3
  • TAREFAS SILVÍCOLAS
  • Estudio das tarefas silvícolas necesarias para o
    correcto desenvolvemento das matas forestais
  • Posibilidades de realización das tarefas
    silvícolas mediante cuadrillas ou maquinaria
    contratada de xeito conxunto entre as comunidades
    do plan

4
  • TAREFAS SILVÍCOLAS
  • Posibilidades de realización das tarefas de
    vixiancia de xeito conxunto (vixiancia
    contraincendios e de control das matas, control
    da caza, os cogumelos, o gando,) mediante
    persoal conxunto das comunidades do plan e un
    Plan Integral para a Prevención de Incendios en
    toda a zona.

5
  • Avaliación do estado sanitario actual das matas
    forestais existentes
  • Propostas silvícolas sobre as matas existentes
    para loitar contra as patoloxías forestais e
    optimizar o medrío das plantas e das novas
    plantacións

6
  • Organización do aproveitamento do gando silvestre
    no monte mediante a identificación das cabezas
    existentes e a potenciación de actividades
    silvopastorais e o consumo de carne de gando
    ceibe.

7
  • Organización do aproveitamento turístico e lúdico
    das actividades relacionadas nos montes co gando
    silvestre e a hípica (feiras de consumo, rutas
    ecuestres, curros,...)

8
  • Posibilidade de conseguir incluir os productos
    secundarios dos montes no Consello Regulador de
    Agricultura Ecolóxica de Galicia
  • Posibilidade de conseguir unha Denominación de
    Orixe para as razas autóctonas de cabalo e vaca
    galega existentes nos montes

9
  • Revalorización do entorno mediante plantacións de
    castiñeiros híbridos micorrizados enfocados ás
    diferentes utilidades
  • -Soutos mansos inxertados con variedades
    típicas de castaña do pais e señalizadas coas
    súas características de producción de froito
    (negral, longal, xudía, mourisca, parede...)
  • -Soutos bravos con clons específicos para a
    producción de madeira de calidade en rápidas
    quendas de corta

10
  • Aproveitamento das plantacións de castiñeiros
    híbridos micorrizados e inxertados para a
    creación dun turismo enfocado á castañicultura,
    mediante unha ruta formativa da historia do
    castiñeiro e a súa importancia para a nosa
    economía e as diferentes técnicas silvícolas e
    variedades existentes nos nosos soutos

11
  • Posibilidades de exemplificar nunha zona o uso de
    plantas medicinais, plantas aromáticas e froitos
    silvestres
  • Integración de colmeas e posibilidade de crear un
    aula de formación sobre o manexo do mel e as súas
    aplicacións

12
  • Revalorización da micoloxía forestal aplicada
    mediante a
  • Avaliación da potencialidade productiva dos
    montes implicados no plan
  • Proxectos de micorrización e de aumento de
    producción
  • Proxecto de aproveitamento experimental da
    biomasa forestal para o cultivo de fungos ou
    compostaxe

13
  • Revalorización do turismo micolóxico e a
    comercialización de cogumelos mediante a
  • Creación dun couto micolóxico para complementar o
    turismo de praias en outono e primaveira
  • Organización dunha feira ou lonxa micolóxica
  • Instalación dun museo de micoloxía forestal
    aplicada

14
  • Revalorización de cursos de auga ou ecositemas
    acuáticos adaptados á pesca e ó desfrute de
    actividades fluviais
  • Recuperación de muiños e patrimonio histórico e
    creación de carreiros fluviais que potencien o
    turismo rural na zona
  • Creación de piscinas ou lagoas naturais para
    desviar o turismo de praias a espacios verdes
    dentro dos montes

15
  • Inclusión no plan da catalogación do patrimonio
    cultural existente nos nosos montes (colaboración
    ca Universidade de Vigo)
  • Recuperación dos restos arqueolóxicos e
    etnolóxicos mediante a participación do Instituto
    de Conservación e Restauración de Bens Culturais
    (Consellería de Cultura)

16
  • Estudiar as posibilidades de creación dunha zona
    de campismo e un espacio natural con fins
    recreativos como alternativa ó turismo de praia
  • Creación dunha ruta de ecoturismo dos miradoiros
    naturais das rías con espacios de lecer

17
  • Integración da caza no proxecto
  • Implicación das asociacións de cazadores na
    conservación e xestión dos montes
  • Alternativas para a ordenación e potenciación do
    turismo cinexético

18
  • Sistemas de xestión forestal sostibel e
    certificación forestal da madeira procedente dos
    montes
  • Aula da naturaleza demostrativa dos plans de
    xestión elaborados nos montes implicados

19
  • Identificación mediante carteis informativos dos
    límites dos montes veciñais e a importancia
    histórica e actual destas superficies para a
    subsistencia da poboación e a defensa
    medioambiental en contra dos intereses
    especulativos
  • Propostas de cada unha das comunidades implicadas

20
  • Proxecto Integral dos Montes Veciñais do
    Castrove-Salnés
  • En resumo, preténdese conseguir a creación dun
    plantexamento global do territorio dos montes
    veciñais, que sirva como proxecto piloto
    demostrativo para toda Galicia dunha
  • política forestal sostible e integral.

21
  • Proxecto Integral dos Montes Veciñais do
    Castrove-Salnés
  • Partindo da potenciación da principal fonte de
    ingresos a producción de madeira, preténdense
    integrar as distintas posibilidades de producción
    secundaria e atractivo turístico.

O fin principal é o de contribuir ó
desenvolvemento da economía e a creación de
alternativas laborais para a poboación rural, ó
tempo que se defende un aproveitamento ecolóxico
das superficies forestais.
22
  • Proxecto Integral de Valorización do Territorio
    dos Montes Veciñais do Castrove-Salnés
  • Para conseguir estes obxectivos preténdese
    desenvolver un proxecto participativo por tódolos
    montes implicados, mediante a creación de
  • -mesas redondas que contribuan a un mellor
    coñecemento de todo o referinte o proxecto
  • -xestión diante das Unidades de Desenvolvemento
    Rural da comarca de Pontevedra e máilo Salnés,
    Consellería de Medio Ambiente (está solicitada
    unha entrevista), Alcaldes (xa se tivo unha
    conversa co alcalde de Meis que ve con bos ollos
    o proxecto).

23
  • Proxecto Integral dos Montes Veciñais do
    Castrove-Salnés
  • Proxecto participativo mediante a
  • -Posibilidade de subvencións por riba do 75 con
    cargo ó Proder
  • -ser un proxecto froito da sociedade civil
    froito da vontade das comunidades.
  • -estudio dunha forma xurídica que encarreire
    solventemente a continuidade.
  • -enquisas para coñecer as ideas de tódalas
    Comunidades e integralas no proxecto común.

24
  • Proxecto Integral dos Montes Veciñais do
    Castrove-Salnés
  • Proxecto participativo mediante a
  • -Criación dunha asesoría externa que poidera se
    chamar Amigos do Proxecto Integral dos Montes
    Veciñais do Castrove-Salnés, ca vinculación de
    persoas de recoñecido prestixio(persoas da nosa
    confianza técnicos nas diferentes materias
    (cogumelos, gando, selvicultura, ordenación,
    temas xurídicos e económicos, ...) profesores de
    universidade, periodistas, historiadores,
    escritores, ...

25
Na actualidade atópanse interesadas en participar
no proxecto as seguintes comunidades
Nome da Comunidade Has parroquia concello
MANCOMUNIDADE CASTROVE-SALNÉS 1858 Nogueira San Vicente Meis
San Martiño do Grove   Grove, O San Martiño O Grove
San Vicente do Grove 70 Grove, San Vicente O Grove
Rega dos Agros 150 Combarro Poio
San Salvador de Poio 62 Poio San Salvador Poio
San Xoan de Poio   Poio San Xoan Poio
Arén-Bacariza   Samieira Poio
Rega do Can-Tarrio   Samieira Poio
Campañó 380 Campañó Pontevedra
Lois 2 Lois Ribadumia
Noalla 130 Noalla Sanxenxo
26
Na actualidade atópanse interesadas en participar
no proxecto as seguintes comunidades
Nome da Comunidade Has parroquia concello
Santa María de Curro 344 Curro Barro
Illa de Arousa 137 A Illa de Arousa Illa de Arousa
Santa María de Simes   Simes Meaño
Paradela (Meis)   Paradela Meis
San Lourenzo de Nogueira   Nogueira San Lourenzo Meis
San Vicente de Nogueira 175 Nogueira San Vicente Meis
San Tomé de Nogueira 328 Nogueira San Tomé Meis
San Martiño de Meis   Meis San Martiño Meis
San Salvador de Meis   Meis San Salvador Meis
Chan da Fonte e outros 80 Armenteira Meis
27
O calendario de actuacións comezará cun
inventario e avaliación previa do estado dos
montes integrantes
1- PLANOS DE ORDENACIÓN E DASOMÉTRICOS EXISTENTES
2- SITUACIÓN PRODUCTIVA DAS MATAS FORESTAIS 3-
ESTADO SANITARIO DAS MATAS PRODUCTIVAS 4- A
PRODUCCIÓN MICOLÓXICA NA ZONA 5- AS NECESIDADES E
POTENCIALIDADES SOCIAIS 6- OS POTENCIAIS
TURÍSTICOS E A PRODUCCIÓN SECUNDARIA
28
Despois formularanse propostas SILVÍCOLAS e
medidas de actuación concretas para cada monte
buscando os medios de financiación necesarios
para acometer as diferentes propostas realizadas
en cada comunidade implicada
Write a Comment
User Comments (0)
About PowerShow.com