CONTOS XEOMTRICOS Anexo - PowerPoint PPT Presentation

1 / 28
About This Presentation
Title:

CONTOS XEOMTRICOS Anexo

Description:

Todo o mundo as a chamaba porque sempre ... m is maior traballaba na s a casa de ladrillos xa veredes o que fai o lobo ... Pero a casa de ladrillos non caeu. ... – PowerPoint PPT presentation

Number of Views:53
Avg rating:3.0/5.0
Slides: 29
Provided by: Ale8475
Category:

less

Transcript and Presenter's Notes

Title: CONTOS XEOMTRICOS Anexo


1
CONTOS XEOMÉTRICOSAnexo
  • Beatriz Vives Campos
  • Patricia Martínez Díaz
  • Mestras Especialistas en Educación Infantil

2
CARAPUCHIÑA VERMELLA
3
Había unha vez unha nena moi bonitiña, chamada
Carapuchiña Vermella. Todo o mundo así a chamaba
porque sempre levaba posta unha carapucha
vermella que a súa nai lle fixera.
4
Un día, a súa nai pideulle que levara á avoiña
que vivía ao outro lado do bosque, unha cestiña
con pasteis e mel, xa que estaba enferma.
Recomendoulle que non se entretuvera polo camiño,
pois atravesar o bosque era perigoso, xa que
sempre andaba acechando por alí o lobo.
5
  • Carapuchiña púxose de camiño. Cando estaba
    atravesando o bosque atópase co lobo, e este como
    era moi astuto díxolle que fose para a
  • casa da avoiña por un camiño moi longo, para
    poder ir él por o camiño máis curto e chegar así,
    o primeiro.

6
  • O lobo chega á casa da avoiña. A velliña
    pensando que é a súa neta abre a porta. O lobo
    devora á avoa e métese na cama co gorro e co
    camisón da anciá.

7
  • Carapuchiña chega á casa e asómbrase toda ao
    ver a súa avoa tan cambiada, e dille - Avoiña,
    avoiña que ollos tan grandes tes, e contéstalle o
    lobo, - son para verte mellor, - avoiña, avoiña
    que orellas tan grandes tes, - son para oirte
    mellor, - avoiña, avoiña que boca tan grande
    tes,.....- é para comerte mellor...e....zas, zas.
    O lobo traga dun bocado a nena.

8
  • Un cazador que por alí pasaba sinteu todo o
    ruído, acercouse á casa e abreulle a barriga ao
    lobo. A avoiña e máis Carapuchiña sairon todas
    contentas.

9
  • O cazador mentres o lobo durmía, encheulle o
    ventre con pedras.

10
  • O lobo cando espertou tiña moitísima sede,
    acercouse ao río para beber e como tiña tanto
    peso,...plas...plas....foise de narices a auga, e
    alí afogou.

FIN
11
  • Os tres porquiños

12
No corazón do bosque vivían tres porquiños que
eran irmáns. O lobo sempre os perseguía para
comelos.
13
Para poder escapar do lobo, os tres porquiños
decidiron facer unha casa. O máis pequeno fixo
unha casiña de palla, para acabar antes e ir a
xogar.
14
O mediano construíu unha casa de madeira. Ao ver
que o seu irmán pequeno xa acabara, decidiu
apresurarse para ir xogar con él.
15
E o porquiño máis maior traballaba na súa casa de
ladrillos xa veredes o que fai o lobo coas
vosas casas berraba aos seus irmáns mentres
estes xogaban.
16
O lobo saíu detrás do porquiño pequeno,
perseguíndoo. O porquiño correu, correu ata a súa
casiña de palla.
17
O lobo parouse e empezou a soprar ffffffff- e
soprar fffffff-
18
ata que a casiña de palla derrumbou.
19
O lobo perseguiu o porquiño polo bosque, pero
este correu a refuxiarse na casa do seu irmán o
mediano.
20
Pero o lobo volveu a soprar fffff e soprar
fffff -
21
Ata que a casiña de madeira caeu. Os dous
porquiños sairon disparados dela.
22
Case sen alento, co lobo pisándolle os xamóns.
Chegaron ata a casa do seu irmán maior.
23
Os tres xa dentro, pecharon ben a porta e as
fiestras. O lobo soprou fffff e soprou
fffff -
24
Pero a casa de ladrillos non caeu.
25
Cansado e sen alento o lobo empezou a dar voltas
á casa buscando algún sitio por onde entrar.
Subeu ao tellado para colarse pola cheminea.
26
Pero o porquiño maior puso unha pota no lume e o
lobo glotón que baixou polo interior da cheminea
caeu na auga fervendo e escaldou o cu.
27
Marchou ouveando polo bosque, e din que nunca
máis quiso comer porquiño.
auuuu,auuuu

28
  • FIN
Write a Comment
User Comments (0)
About PowerShow.com