O PRESTIGE O EPISODIO NEGRO DOS GALEGOS - PowerPoint PPT Presentation

About This Presentation
Title:

O PRESTIGE O EPISODIO NEGRO DOS GALEGOS

Description:

DISPERSI N Os dispersantes qu micos rompen os hidrocarburos en ... debido a que son m is sensibles a sufrir danos e provocar vertidos en accidentes de ... – PowerPoint PPT presentation

Number of Views:115
Avg rating:3.0/5.0
Slides: 59
Provided by: 2318
Category:

less

Transcript and Presenter's Notes

Title: O PRESTIGE O EPISODIO NEGRO DOS GALEGOS


1
O PRESTIGEO EPISODIO NEGRO DOS GALEGOS
LUCÍA PÉREZ COELLO (1º BACHARELATO) Ciencias para
o mundo contemporáneo 2008-2009 IES Otero
Pedrayo. Ourense
Profesora Carmen Cid Manzano
2
  • O mércores, 13 de novembro de 2002, ás 15.15
    horas, foi o inicio dunha das maiores catástrofes
    económicas, ecolóxicas e sociais ocorridas en
    Galicia.

Ninguén se podía imaxinar que o Prestige, un
petroleiro cargado con 76.973 toneladas de fuel,
se atopaba en apuros a escasas millas da Costa da
Morte.
3
CARACTERÍSTICAS DO PRESTIGE
4
O Prestige era un petroleiro monocasco construído
en Xapón en 1976, de 42.820 toneladas de peso en
baleiro e 243,5 metros de eslora. A UE sinala a
retirada deste tipo de barcos en 2015.
5
Unha directiva da Comisión Europea establece que
todos os buques de risco deben someterse a unha
inspección anual reforzada.
Segundo a Comisión, o Prestige non se revisou
desde 1999.
6
A RUTA DO PETROLEIRO
7
2-5 NOVEMBRO
30 OUTUBRO
7 NOVEMBRO
O petroleiro Prestige (con armador grego,
sociedade en Liberia e bandeira de Bahamas) zarpa
con destino a Venspils tras estar 4 meses
amarrado en San Petersburgo (Rusia), cunha carga
de fuelruso pesado.
Completa a carga ata un total de 77.000 toneladas
en Venspils (Letonia)
Repostaxe en Kerteminde (Dinamarca)
8
O NAUFRAXIO
9
13 NOVEMBRO
A 28 millas ao oeste do cabo Finisterrae ábrese
unha vía de auga. Os mariñeiros aseguraron que o
buque "chocou con algún obxecto que abriu unha
vía de auga no casco".
10
O buque escora a 25º a estribor e unha espesa
mancha de combustible comeza a rodear o barco.
No medio dun forte temporal, o Prestige avisa a
Salvamento Marítimo e inícianse as medidas de
rescate e traslado dos tripulantes (asiáticos) a
Vigo e A Coruña.
11
Ás 1730, un helicóptero rescata a 7 tripulantes
e, unha hora despois, un segundo helicóptero
recolle a 17.
Unha vez salvada a tripulación, o barco queda á
deriva co capitán, o primeiro oficial e o xefe de
máquinas a bordo.
Helicóptero de rescate na Ría de Vigo
12
XOVES 14 NOVEMBRO
Como parecía imposible mantelo a flote, o Goberno
decidiu trasladalo mar adentro para reducir os
danos ecolóxicos, no canto de dirixilo a un porto
e transvasar alí o petróleo das súas adegas.
Pensábase que os ventos e as correntes podían
levar os vertidos cara ao interior do océano e
que, se afundía, (como ocorreu), gran parte do
combustible quedaría almacenado nos seus tanques.
13
Esa mesma mañá, dous remolcadores logran
arrastrar o buque desde proa a 2 nós (uns 4
km/h) de velocidade.
Por se o barco parte en dous, outro remolcador
colócase no costado para tirar dos restos.
14
O obxectivo do remolque é levar o barco a 120
millas da costa, onde o armador se fará cargo da
reparación.
VENRES 15 NOVEMBRO
O pesadelo continúa e o buque ameaza con romper
en dous. O capitán para os motores. A cantidade
de fuel-oil derramado supera xa as 5.000
toneladas.
O lento camiño do buque cara ao mar aberto,
conducido polos remolcadores, evidenciaba a súa
condición de barco fantasma do que ninguén quería
responsabilizarse.
15
SÁBADO 16 NOVEMBRO
DOMINGO 17 NOVEMBRO
O estado do mar é moi malo e o barco, que está a
piques de partirse en dous, deriva cara ao sur.
Novas fendiduras no casco deixan unha mancha de
fuel de 555 Km de longo e 185 de ancho, a 134
km da costa.
LUNS 18 NOVEMBRO
O Prestige entra na zona SAR (de salvamento) de
Portugal. Xunto a el navegan os remolcadores
Deda, Ría de Vigo, Aloso de Chaves e a fragata
Baleares.
16
MARTES 19 NOVEMBRO PARTIDO EN DOUS
O barco presentaba unha fendidura de 35 metros
que afectou a dous dos seus tanques de fuel. A
cuberta comezou a erguerse e o martes 19, ás 8 da
mañá, partiuse polo centro en dous, a uns 270
quilómetros da costa galega.
17
O GRAN AFUNDIMENTO
Finalmente, afundiuse por completo en augas do
Atlántico sobre as 1730 da tarde do 19 de
novembro, a uns 160 Km das Illas Cíes. A popa
afúndese ás 1145h e, 4 horas e media despois, a
proa as dúas partes sepáranse 3500 metros.
Derrama outras 6.000 toneladas de fuel e vaise a
pique con 67.000 t.
18
ZONAS AFECTADAS
19
LITORAL CONTAMINADO 295 km SUPERFICIE AFECTADA
65 millóns de m2 TONELADAS DE FUEL RECOLLIDAS
120 antes da súa chegada á costa e 120 na costa
PRAIAS AFECTADAS 90 (40 na súa totalidade)
20
(No Transcript)
21
Máis do 41 de todo o litoral español foi
afectado.
A marea negra non foi un problema exclusivo de
Galicia. A mancha de fuel esténdese por Asturias,
todo o mar Cantábrico, o Parque Nacional das
Illas Atlánticas (Vigo) e mesmo polas costas
francesas e portuguesas.
Foto vía satélite da mancha de fuel
22
CONSECUENCIAS POLÍTICAS
23
APOSTOLOS MANGOURAS CAPITÁN DO PRESTIGE
Ao tomar terra, o capitán grego Apostolos
Manguras foi detido baixo a acusación de
desobediencia á autoridade e delito
ecolóxico. Mangouras pasou tres meses en prisión
antes de ser posto en liberdade baixo unha fianza
de tres millóns de euros.
24
O capitán do Prestige pretendía fondear o barco a
unhas catro millas da costa. O seu obxectivo era
salvar a carga e o buque, xa que racharía se era
exposto a unha ondada máis dura.
Foi apoiado por outros mariños e proposto como
candidato a "Mariño do Ano en 2003 e homenaxeado
por compañeiros da Mariña Mercante. Aseguran que
o capitán arriscou a súa vida mentres loitaba co
temporal.
Quéixanse de que o Goberno español utilizouno
como chiba expiatoria.
25
CRÍTICAS AO GOBERNO
Asociacións ecoloxistas nacionais e
internacionais criticaron as medidas adoptadas,
coas que se pretendeu agochar o lixo debaixo da
alfombra", mentres que o PSOE subliñou "a
descoordinación e a falta de medios" do Goberno.
Mariano Rajoy e o conselleiro de Pesca da Xunta,
Enrique López Veiga.
26
O entón presidente do Goberno, José María Aznar,
preferiu non aparecer por Galicia ata pasado un
mes de que o Prestige afundise e, durante a súa
visita, afirmou que non baixaba ás praias porque
"non quería molestar os que limpaban".
27
Aznar delegou os labores de coordinación da crise
no seu vicepresidente primeiro, Mariano Rajoy.
Traballou para aclarar as responsabilidades
internacionais e insistiu na particular
implicación de Xibraltar.
Criticado duramente pola oposición, que o acusou,
sobre todo, de intentar minimizar a crise, tratou
de resolver os intercambios de declaracións co
PSOE cunha carta a Zapatero. Na misiva,
reprocháballe que ningún dirixente socialista se
puxese en contacto co Goberno para interesarse
pola situación.
28
CONSECUENCIAS AMBIENTAIS
29
A MAREA NEGRA
Chamamos marea negra á masa oleosa que produce un
vertido de hidrocarburos no medio mariño.
Trátase dunha das formas de contaminación máis
graves que ameaza áreas de grande interese
ecolóxico e recursos naturais de importancia para
o home, tales como bancos de peixes, zonas de
marisqueo, áreas de interese turístico,
recreativo e científico.
Praia de Santa Mariña, en Camelle (A Coruña),
unha das zonas máis afectadas pola marea negra.
30
O IMPACTO ECOLÓXICO TEN EFECTOS
- A longo prazo a degradación natural dos
hidrocarburos é moi lenta, polo que o fuel
alcanza os sedimentos e convértese nunha fonte de
contaminación continua. O fuel afecta á
fisioloxía, comportamento, potencial reprodutivo
e supervivencia dos organismos. Conforme se
ascende nos niveis tróficos, a súa concentración
aumenta alterando a dinámica do ecosistema.
- A curto prazo os hidrocarburos representan un
perigo para a vida debido á súa toxicidade e aos
seus efectos físicos sobre o estrato (impide o
intercambio gasoso entre a auga e a atmosfera e
obstaculiza a penetración da luz).
31
Segundo explica WWF/Adena, a zona da traxedia é
de extraordinaria riqueza, cunhas 86 especies de
peixes e 11 de quenllas.
Ademais, é o fogar de aves mariñas ameazadas de
extinción como o arao ibérico, a gaivota
tridáctila e o corvo mariño moñudo.
32
LOITA CONTRA A MAREA NEGRA
BARREIRAS DE CONTENCIÓN Instaláronse o mesmo día
do naufraxio. É o primeiro e o máis axeitado
método de tratamento do vertido. Consiste en
confinalo na área inicialmente afectada mediante
barreiras deseñadas para tal fin.
Os hidrocarburos tenden a manterse na superficie
xa que a súa densidade é menor que a da auga.
Deste modo, poderá sucionarse coa maquinaria
adecuada.
33
LIMPEZA Armados con aspiradoras especiais, os
servizos de limpeza, aos que se sumaron
voluntarios e membros do Exército, tratan de
devolver a súa antiga imaxe ás praias galegas.
34
(No Transcript)
35
DISPERSIÓN Os dispersantes químicos rompen os
hidrocarburos en partículas máis pequenas. Son
mesturas que conteñen tensioactivos (como os
deterxentes), para reducir a tensión entre as
superficies das láminas de hidrocarburo e de auga.
A INCINERACIÓN Pódese eliminar ata un 95 do
vertido total pero esta técnica produce, como
efecto negativo, un mesto fume negro.
BIODEGRADACIÓN Unhas 1.000 toneladas de
hidrocarburo quedaban no pecio. Para a súa
eliminación, utilizáronse microorganismos que se
alimentan de petróleo. O barco Polar Prince
inxectou 60 toneladas de cóctel nutritivo (sales
de nitróxeno, fósforo, potasio, ferro) nos
tanques do Prestige para multiplicar por 10.000 a
capacidade de reprodución das bacterias. O
produto de desfeito das bacterias será CO2 e H2O.
36
  • OUTROS SISTEMAS
  • LANZADEIRA RÍXIDA/BOMBEO
  • TAPÓNS
  • EXPLOSIÓN
  • SARCÓFAGO
  • Para saber máis http//www.elmundo.es/elmundo/20
    02/graficos/dic/s3/fuel.html

37
CONSECUENCIAS ECONÓMICAS
38
CRISE PESQUEIRA
Dous mariscadores mostran o estado dos percebes
no cabo de O Roncudo, a zona onde se extraían os
máis afamados exemplares de toda Galicia. "Xa non
abren a unlla, están medio mortos", laméntanse ao
pensar o que poderían cobrar por eles.
A marea negra deixou temporalmente sen traballo a
unhas 4.500 persoas, entre mariscadores/as e
mariñeiros/as. A Xunta anunciou unha compensación
de 30 euros diarios.
39
A pesca é o segundo sector exportador de Galicia
e son uns 18.000 os/as afectados/as. Outros
ámbitos económicos, como o turismo, o sector
conserveiro ou a construción, sufrirán tamén as
repercusións do afundimento do petroleiro.
40
O sector turístico foi o segundo máis perxudicado
pola marea negra. A chegada masiva de fuel
durante os meses de verán a máis de 300 praias de
Galicia, Asturias, Cantabria e o País Vasco
supuxo a retirada de todas as bandeiras azuis.
41
Os gastos de descontaminación da costa e as
demais operacións para afrontar a catástrofe
natural supuxeron para o Estado un gasto superior
a 1.000 millóns de dólares.
42
MOBILIZACIÓN SOCIAL
43
NUNCA MÁIS
Nunca Máis é unha plataforma cidadá, creada a
principios de 2003, cuxo obxectivo é evitar a
repetición de desastres ecolóxicos en Galicia, o
castigo dos seus responsables e a reparación dos
danos.
Representa a sociedade civil galega a través de
máis de 200 colectivos confrarías de
mariñeiros, asociacións culturais, políticas,
ecoloxistas, etc.
44
O movemento Nunca Máis protagonizou numerosas
manifestacións e actos de protesta. Na foto, vese
parte da cadea humana formada polo alumnado dun
instituto de ensino secundario, nun deses actos.
45
(No Transcript)
46
O 22 de maio de 2005, Burla Negra, un colectivo
vencellado a Nunca Máis, presentou o documental
Hai que botalos. Amosa un punto de vista
crítico da situación social, económica, política,
cultural e laboral de Galicia.
http//www.youtube.com/watch?vVTsBRIn2YBU
47
Manifesto lido por Manuel Rivas na marcha de
Santiago (01/11/2002)
48
Nunca Máis segue a manifestarse contra as
inxustizas que asolan Galicia.
Así, o 20 de agosto de 2006 convocaron unha
multitudinaria manifestación en Santiago de
Compostela contra o "terrorismo incendiario" .
49
GALICIA SUFRIU 7 DOS 11 MAIORES DESASTRES
MARÍTIMOS DE EUROPA
Polycommander, Urquiola, Erkowit, Andros Patria,
Casón, Mar Exeo.... e agora Prestige.
50
(No Transcript)
51
ÚLTIMAS NOVAS
52
(No Transcript)
53
PARA SABER MÁIS
  • MONOCASCO os buques que non posúen unha dobre
    barreira de separación ao longo de toda a eslora
    de carga entre os tanques de carga e o mar, a
    diferenza dos máis modernos deseños de dobre
    casco. O uso de petroleiros monocasco ten
    actualmente unha data límite de utilización
    (principalmente na UE) debido a que son máis
    sensibles a sufrir danos e provocar vertidos en
    accidentes de colisión.

54
PARA SABER MÁIS
SALVAMENTO MARÍTIMO España conta con 8.000 km de
costas e 1.500.000 km2 de zona de Búsqueda e
Rescate no mar, asignada internacionalmente ao
noso país.Salvamento Marítimo responde ás
emerxencias no mar e vela permanentemente polo
tráfico marítimo e pola protección do medio
ambiente mariño. Nos seus 15 anos de existencia
rescatou a máis de 150.000 persoas no mar, en
preto de 56.000 emerxencias.
55
PARA SABER MÁIS
  • ESLORA é a medida que ten de longo un navío,
    desde a proa ata a popa.

ECOSISTEMA conxunto de organismos e os seus
hábitats que interactúan entre si.
56
PARA SABER MÁIS
NIVEL TRÓFICO cada un dos elos que compoñen unha
cadea trófica. CADEA TRÓFICA a corrente de
enerxía e nutrientes que se establece entre as
distintas especies dun ecosistema en relación coa
súa nutrición.
57
PARA SABER MÁIS
  • PECIO os restos dun barco afundido despois do
    naufraxio.

MARIÑO DO ANO premio outorgado polo Naval
Institute de Londres e pola revista marítima
Lloyds. Considerado o 'Oscar naval', concédese
aos que prestaron un servizo excepcional no mar.
58
FONTES
  • -INTERNET
  • .http//www.elmundo.es/especiales/2002/11/ecologia
    /prestige/
  • http//www.elpais.com/elpaismedia/ultimahora/media
    /200211/17/espana/20021117elpepunac_1_G_SWF.swf
  • http//es.wikipedia.org/wiki/Prestige
  • http//es.wikipedia.org/wiki/Biodegradabilidad
  • http//www.elpais.com/todo-sobre/tema/naufragio/Pr
    estige/51/
  • http//www.elpais.com/todo-sobre/organismo/Mais/18
    5/
  • http//www.lavozdegalicia.es/especiales/prestige/
Write a Comment
User Comments (0)
About PowerShow.com