Diapositiva 1 PowerPoint PPT Presentation

presentation player overlay
About This Presentation
Transcript and Presenter's Notes

Title: Diapositiva 1


1
Regras de Bill Gates En Yale University, hai
uns anos Bill Gates deu unha conferencia dirixida
a estudiantes e pais de familia (pais
sobreprotectores con fillos moi consentidos que
senten que todo o merecen), na que presentou 11
regras que aínda que duras son necesarias na vida
real. A charla de Gates resumiríase nas
seguintes once duras regras
2
Regra Un- A vida non é xusta, afaite a
isto. Regra Dous- Ao mundo non lle importará a
túa autoestima. O mundo esperará que logres algo,
independentemente de que te sientas ben ou non
contigo mesmo. Regra Tres- Non gañarás 5.000
mensuais xusto despois de ter saído da
universidade, e non serás vicepresidente ata que
co teu esforzo teñas acadado ambolosdous logros.
Regra Catro- Se pensas que os teus profesores
son duros, espera a ter un xefe. Ese sí que non
terá vocación de ensinanza nin a paciencia
requerida. Regra Cinco- Dedicarse a voltear
hamburguesas non che quita dignidade. Os teus
avós tiñan unha palabra diferente para
describilo chamábano oportunidade. Regra
Seis- Se metes a pata, non é culpa dos teus pais,
así que non choromiquees polos teus erros
aprende deles.
3
Regra Sete- Antes de que ti naceras, os teus pais
non eran tan aburridos como o son agora. Eles
comezaron a selo por pagar os teus gastos, limpar
a túa roupa e escoitarte falar acerca da nova
onda na que estabas. Así que antes de emprender a
túa loita polas selvas vírxes contaminadas pola
xeneración dos teus pais, inicia o camiño
limpindo as cousas da túa propia vida, comezando
polo teu cuarto. Regra Oito- Na escola pode
terse eliminado a diferencia entre gañadores e
perdedores, pero na vida real non. Nalgunhas
escolas xa non se perden anos lectivos e danche
as oportunidades que precises para atopar a
resposta correcta nos teus exámes e para que as
túas tarefas sexan cada vez máis doadas. Eso non
ten ningunha semellanza coa vida real. Regra
Nove- A vida non se divide en semestres. Non
terás longas vacacións de veran en lugares
afastados e moi poucos xefes se interesarán en
axudarche a que te atopes a ti mesmo. Todo isto
terás que facerlo ti no teu tempo libre. Regra
Dez- A televisión non é a vida diaria. Na vida
cotiá, a xente de verdade ten que saír do café da
película para ir traballar.
4
Regra Once- Sé amable cos "NERDS" (os máis
aplicados da túa clase). Existen moitas
probabilidades de que termines traballando para
un deles.
5
Se ben é certo que son regras duras, val a pena
compartilas, porque son sacadas da vida real e da
experiencia de un dos homes máis exitosos da
historia empresarial do mundo
Write a Comment
User Comments (0)
About PowerShow.com