Dixate sorprender - PowerPoint PPT Presentation

1 / 11
About This Presentation
Title:

Dixate sorprender

Description:

O estudo, reflexion, an lise e procura de soluci ns para a conservaci n e a ... para empresas, e queremos que a procura dos seus candidatos ideais se inicie en ... – PowerPoint PPT presentation

Number of Views:44
Avg rating:3.0/5.0
Slides: 12
Provided by: Galicia
Category:

less

Transcript and Presenter's Notes

Title: Dixate sorprender


1
Déixate sorprender
2
O Portal do Emprego e a Formación de Galicia
  • Quen somos?
  • Por qué nacemos?
  • Qué ofrecemos?
  • Qué nos diferencia?

3
Quen somos?
  • Somos unha iniciativa 100 galega adicada á
    intermediación laboral entre demandantes de
    emprego e empresas.
  • Somos unha ferramenta de mellora profesional
    para tódalas persoas que queren atopar un
    traballo ou mellorar o que xa teñen. Só se
    precisa un ordenador con conexión a Internet o
    acceso é totalmente libre e gratuito para os
    candidatos.
  • Somos un grupo de profesionais con ampla
    experiencia na xestión de Recursos Humáns
    traballando xuntos no proxecto de Red de
    Desarrollo del Empleo REDE SL, empresa que
    xestiona os servicios de Galiciaempleo.net e
    cuios obxectivos son
  • A implantación e desenvolvemento dun portal de
    emprego en Internet centrado no ámbito de
    Galicia.
  • O asesoramento e consultoría en materia de
    emprego a Administracions Públicas, empresas e
    traballadores.
  • A formación para o desenvolvemento do carácter
    emprendedor e o auto emprego.
  • O estudo, reflexion, análise e procura de
    solucións para a conservación e a mellora da
    empregabilidade en Galicia.

4
Por qué nacemos?
  • Nacemos da necesidade de crear un verdadeiro
    punto de encontro entre demandantes e ofertantes
    de emprego, que permita a súa posta en contacto
    dun xeito útil, rápido e eficaz.
  • Nacemos coa vocación de se-lo referente do
    sector emprego e formación en Galicia.
  • Queremos ser un marco integrador de toda a
    información xerada polo mercado laboral, e das
    diferentes iniciativas públicas e privadas en
    prol do emprego e a formación. Queremos ser unha
    ferramenta útil que de resposta ás necesidades
    do noso mercado.
  • quen oferta traballo e onde o fai?
  • quen busca traballo e onde o fai?
  • A partires de agora, en Galicia

5
Qué ofrecemos?
Os pilares nos que se basea a utilidade do noso
servicio son cinco a rapidez, a eficacia, o
aforro, a difusión e a comodidade. Todos iguais
de importantes para os nosos usuarios, sexan
candidatos ou empresas, porque a calidade dun
servicio non pode depender de a quen vai
dirixido.
RAPIDEZ
Para os traballadores
  • Porque adicando só 4 minutos a introduci-lo seu
    currículum poderán acceder ás ofertas de emprego
    das principais empresas de Galicia.
  • Cun só clic e sen horarios, poderán inscribirse
    nelas e coñecer en tempo real o estado da súa
    candidatura no proceso de selección.

Para as empresas
  • Somo-lo xeito máis rápido para atopar os
    candidatos que precisan nos seus procesos de
    reclutamento e selección.
  • Cun só clic e sen horarios, a empresa pode
    publicar ofertas e recibir solicitudes de xeito
    inmediato.

6
EFICACIA
Para os traballadores
  • Porque poden inscribirse directamente na oferta
    que máis lles interese, ou agardar a que a
    empresa consulte seu curriculum e se poña en
    contacto con eles.

Para as empresas
  • Porque dispoñemos dunha base de datos completa
    e actualizada cos currículums dos mellores
    profesionais do mercado galego.

AFORRO
Para os traballadores
  • Porque é un servicio totalmente gratuito no que
    poderán actualizar ou modificar o seu curriculum
    sempre que queiran, imprimi-lo ou envia-lo
    directamente por email.

Para as empresas
  • Porque lles axudamos a simplifica-la xestión
    dos seus Recursos Humáns
  • Canto lle custaría a unha empresa manter vixente
    unha oferta en prensa durante 60 dias?
  • Canto lle custa a xestión de todolos curriculums
    que recibe en formato papel?

7
DIFUSIÓN
Para os traballadores
  • Porque estarán no mellor escaparate posible
    para a búsqueda ou mellora do seu emprego. Somos
    unha ferramenta de reclutamento para empresas, e
    queremos que a procura dos seus candidatos ideais
    se inicie en Galiciaempleo.net

Para as empresas
  • Porque a nosa páxina será a web sobre emprego
    máis visitada de Galicia e unha das primeiras de
    ámbito xeral. A súa empresa será a máis vista na
    nosa Comunidade

COMODIDADE
Para os traballadores
  • Porque teñen todo o que precisan nun único
    lugar, as 24 horas do día ofertas de emprego,
    listado de cursos de formación, xestión do
    curriculum, consellos laborais, sección de
    noticias, etc.

Para as empresas
  • Clasificación dos seus procesos de reclutamento
    e selección nun unico lugar de xeito claro e
    rápido, as 24 horas do día.

8
Cómo o ofrecemos?
A nosa páxina web basease en dous principios
claridade e utilidade. Dun xeito sinxelo e
práctico, poderás acceder dende a paxina
principal ós servicios que che interesen como
candidato ou como empresa.
9
MENÚ PRIVADO DO CANDIDATO En 4 minutos e con 4
sinxelos pasos, os candidatos poderán insertar o
seu curriculum e descubri-lo universo de
servicios de Galiciaempleo.net inscribirse
directamente nas ofertas das principais empresas
de Galicia, consulta-lo estado das súas
candidaturas en tempo real, xestiona-lo seu
curriculum
MENÚ PRIVADO DA EMPRESA As empresas poden
consulta-los curriculums dos candidatos inscritos
nas súas ofertas, busca-los directamente na nosa
base de datos, publicar cursos
10
Qué nos diferencia?
A mellora continua Somos unha empresa
innovadora, producto da experiencia e constante
evolución dos profesionais de Recursos Humáns que
integran o proxecto de Galiciaempleo.net
Crear un portal de emprego é o primeiro paso dun
longo camiño de servicio ós nosos usuarios ás
persoas. A calidade Os nosos clientes son
os candidatos e as empresas, os demandantes e os
ofertantes de emprego a quenes queremos poñer en
contacto. A implicación e o compromiso
de dar a mellor resposta ás súas necesidades, é o
primeiro paso para acada-la súa confianza. O
coñecemento Ninguén pode coñecer mellor a
realidade e as necesidades do mercado galego que
unha empresa que traballa con profesionais de
Galicia e para Galicia. Dende REDE
queremos poñer as bases dunha sólida e constante
colaboración con tódalas institucións que teñan
por finalidade favorecer a inserción laboral na
nosa Comunidade. Un contacto directo que
favoreza o nacemento de futuras liñas conxuntas
de actuación no ámbito laboral e un coñecemento
máis profundo das necesidades do sector en
Galicia.
11
Teléfono de información
902.200.500
administracion_at_galiciaempleo.net
Write a Comment
User Comments (0)
About PowerShow.com