Title: Plan de Vehculos Eficientes
1- Plan de Vehículos Eficientes
-
Estratexia de aforro e eficiencia enerxética en
España (E4) Plan de acción 2008-2012 Medida de
renovación do parque automobilístico de turismos
2 Obxectivo
Plan de Vehículos Eficientes
- Liña de axudas á compra de vehículos novos de
propulsión eléctrica, híbrida (con capacidade de
tracción eléctrica ao 100 mediante baterias) ou
alimentados con gas natural, glp, ou hidróxeno.
- Modernización do parque automobilístico de
turismos para aproveitar as vantaxes da maior
eficiencia enerxética dos vehículos novos
alimentados con enerxías alternativas ás
convencionais (gasolina e gasóleo)
Beneficiarios
- Persoas físicas ou xurídicas de natureza pública
ou privada residentes ou radicadas na Comunidade
Autónoma de Galicia
3 Vehículos subvencionables
Vehículos con categoría M1, N1 ou motocicletas
(cunha potencia mínima de 10 kW e capacidade de
tracción eléctrica ó 100), e de propulsión.
Estas categorías defínense na Directiva
2001/116/CE da Comisión de 20 de
decembro Eléctrica a partir de baterías
(admitense os vehículos de categoría L7e definida
na Directiva 2002/24/CE). Híbrida (que teñan
capacidade de tracción electrica ao 100)
emisións inferiores a 140 gr CO2/km. Combustión
directa de hidróxeno ou de pilas de
combustible. Gas natural ou gases licuados do
petróleo (GLP) que teñan unhas emisións
inferiores a 170 gr CO2/km. A transformación de
vehículos para ser alimentados con GLP.
Consideranse neste apartado a transformación con
posterioridade a súa matriculación, podendo ser
novos ou usados.
4Se admiten os sistemas de financiamento
renting, leasing ou outro arrendamento
financeiro sempre que permitan vincular o uso do
vehículo coa propiedade, a axuda destinarase á
empresa propietaria do vehículo, que deberá
xustificar ante a administración pertinente a
aplicación dun desconto no aboamento do servizo
financeiro de valor igual ou superior á relación
entre a axuda do programa e o prezo franco
fábrica do vehículo, durante toda a vida do
servizo financeiro cun mínimo de 3 anos.
No caso de dúbida ou litixio á hora de establecer
se un vehículo determinado debe ser
subvencionado, será, en último caso, o criterio
do INEGA o que prevalecerá.
5Contía da subvención
Establecense os seguintes límites de
axudas Vehículos turismos de propulsión
eléctrica, de hidróxeno (admitindo neste caso os
turismos bi ou multi combustibles) ou de pilas de
combustible máximo por vehículo 6.000
. Vehículos de propulsión híbrida máximo por
vehículo 2.000 . Motocicletas eléctricas, de
hidróxeno ou pila de combustible máximo 750
por moto, potencia mínima 10 kW, capacidade de
tracción eléctrica o 100 e matriculación como
turismo (matrícula ordinaria de placa
branca). Vehículos turismos alimentados con gas
natural e GLP, admitindo neste caso os turismos
bi ou multi combustibles máximo por vehículo
2.000 .
6Transformación a GLP máximo por vehículo 450 .
Consideranse neste apartado os vehículos que se
transformen con posterioridade a súa
matriculación, podendo ser novos ou usados. En
calquera caso as axudas non poderán superar o 15
do prezo de mercado do vehículo. (incluidos os
servizos financeiros renting leasing ou
calquera outro).
Orzamento destinado720.000
7Proceso de adhesión dos concesionarios e dos
talleres autorizados
1. Poderán ser concesionarios adheridos as
empresas autorizadas para a comercialización de
vehículos de propulsión eléctrica, hibrida ou
alimentados con gas natural, gases licuados do
petróleo (GLP), ou hidróxeno, que operen na
Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten
estar dados de alta no Imposto de Actividades
Económicas. Tamén poderán adherirse os talleres
autorizados para a transformación a GLP de
vehículos. O modelo de documento de adhesión
estará dispoñible na páxina web do Inega,
www.inega.es Estes formularios deberán enviarse
a sede do Inega sita en Rúa Ourense, 6-A
Rosaleda 15701-Santiago de Compostela
8- O prazo para a presentación das solicitudes de
adhesión será dende o día seguinte a publicación
das bases na páxina web do Inega, e permanecerá
aberto ata o día 30 de agosto de 2009 ou ata
remate dos fondos. - Admitiranse vehículos matriculados ou
transformados dende o 1/5/2008 ata 30/8/2009. - A entidade ou concesionario asociado deberá
enviar ao Inega - - Protocolo de adhesión
- - Fotocopia do DNI da persoa asinante
- - Certificado bancario da titularidade da conta
na que desexa recibir os ingresos das
axudas. - Fotocopia do último recibo do Imposto de
Actividades Económicas (I.A.E.) ou, no seu caso,
fotocopia de alta naquel. - Transformacións a GLP Certificado de
homologación do fabricante dos equipos de
transformación a GLP.
9Proceso de obtención da axuda
- O usuario merca un vehículo que cumpra as
características do plan de vehículos eficientes. - O comerciante previamente a venta solicitará a
provisión de fondos suficiente para a aplicación
do desconto correspondente, aceptándose para esta
comunicación o fax.
- Unha vez adquirido o vehículo, o comerciante
cumprimenta o FORMULARIO DE SOLICITUDE DE AXUDA
e asegurarase de que se trata dunha persoa
residente na Comunidade Autónoma de Galicia,
verificando o DNI, e, de ser o caso, o
certificado de empadroamento na localidade de
residencia.
10- O concesionario adherido cobra o prezo total do
vehículo (IVE incluido) facendo o desconto
correspondente. No caso dos vehículos vendidos ou
transformados con anterioridade a apertura do
prazo de adhesión admitiranse facturas sen
desconto acompañadas do xustificante de
devolución da axuda ao cliente. - O comprador asina a conformidade no formulario de
solicitude de axuda (3 exemplares, quedandose con
un deles) e entrega unha fotocopia do DNI e/ou
certificado de empadroamento, se fora necesario. - O concesionario adherido remitirá ao INEGA no
prazo máximo dun mes a partir da realización da
venda de cada vehículo a seguinte documentación - -Formulario de solicitude.
- -Copia da factura.
11-Fotocopia do DNI do comprador. -No suposto que
o comprador manifestase residir na Comunidade
Autónoma de Galicia e o seu DNI non reflectise
tal circunstancia, deberá acompañarse certificado
de empadroamento na localidade de residencia,
expedido polo Concello correspondente. -Fotocopia
do permiso de circulación. -Fotocopia do imposto
de matriculación. -No caso dos vehículos de
propulsión eléctrica deberase presentar fotocopia
compulsada ou autentificada por fedatario público
do COC do vehículo (Certificado de
Conformidade segundo o Anexo IV da Directiva
2002/24/CE do Parlamento europeo e do Consello de
18 de marzo, relativa á homologación dos
vehículos de motor, e que segundo o artigo 7 da
citada directiva deben ser facilitados ao
comprador polo fabricante/importador do
vehículo). -No caso das transformacións a GLP
Certificado oficial de emisións Libro de
Reforma de Importancia copia compulsada da ITV.
127. Admitiranse facturas dende o 1 de maio de
2008, ata o 30 de agosto de 2009 ou ata a
finalización dos fondos. 8. O INEGA informará
aos concesionarios, mediante un anuncio inserido
na súa páxina web, da data en que finalicen os
fondos asignados para este programa de axudas,
así como mediante carta certificada.
Concesión e pago das axudas
Cando estea completa a documentación
solicitada, o INEGA aboará ao concesionario
adherido o importe correspondente na conta
bancaria facilitada para tal efecto.
Incumprimentos
O INEGA resérvase o dereito de realizar
cantas comprobacións, inspeccións e demais
medidas de control, que se estimen oportunas,
para velar pola correcta aplicación dos recursos
públicos.