CURSO ONLINE DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES - PowerPoint PPT Presentation

1 / 146
About This Presentation
Title:

CURSO ONLINE DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES

Description:

Title: Conseller a de Traballo, Xunta de Galicia Author: Marta Gonz lez V zquez Last modified by: Xovenes Created Date: 8/2/2006 9:43:47 AM Document presentation ... – PowerPoint PPT presentation

Number of Views:92
Avg rating:3.0/5.0
Slides: 147
Provided by: Marta73
Category:

less

Transcript and Presenter's Notes

Title: CURSO ONLINE DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES


1
  • CURSO ONLINE DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES

2
Índice
  • Módulo I Marco conceptual da igualdade de
    oportunidades.
  • 1.1. O sistema sexo / xénero
  • 1.2.A construcción social da identidade de
    xénero
  • 1.3. Os roles e os estereotipos.
  • 1.4. A socialización diferencial de xénero.
  • 1.5. A identidade de xénero.
  • Módulo II A igualdade de oportunidades para as
    mulleres.
  • 2.1. As políticas e plans de igualdade de
    oportunidades para as mulleres.
  • 2.2. As accións positivas.
  • 2.3. O enfoque transversal de xénero ou
    mainstreaming
  • 2.4. Concepto de discriminación discriminacións
    directas e indirectas.
  • 2.5. o acoso sexual e moral por razón de xénero.
  • Módulo III Situación actual da participación das
    mulleres.
  • 3.1. Unha lenta historia de conquistas

3
1.1. O sistema sexo xénero
  • 1.1. O concepto de sexo e o concepto de xénero.
  • Cando dicimos SEXO referímonos ás características
    biolóxicas que diferencian a femias de machos en
    calquera especie, e na humana a homes e mulleres.
  • A unhas e outros atribúensenos crenzas,
    actitudes, valores, conductas, virtudes e
    defectos que son diferentes dependendo do noso
    sexo.
  • Ao conxunto destas atribucións sociais e
    culturais denomínaselles XÉNERO e varían no tempo
    e no espazo, dunha cultura e sociedade a outra.

4
1.1. O sistema sexo xénero
SEXO XÉNERO
Características biolóxicas que establecen a diferencia entre machos e femias Características sociais, establece a diferencia entre o masculino e o femenino
Atribuidas polos xenes Aprendidas
Invariables, ou básicamente non modificables Pode cambiarse
Exemplo sólo as mulleres poden dar a luz Exemplo mulleres e homes poden cuidar de nenas e nenos e das personas maiores
5
1.1. O sistema sexo xénero
  • Na nosa sociedade, e na sociedade occidental dos
    derradeiros séculos, as mulleres teñen vivido
    unha situación de desigualdade en todas as áreas
  • non acceden á educación ata o século XX.
  • non teñen dereitos políticos ata o século XX
    (dereito ao voto).
  • non acceden ao mercado de traballo de maneira
    xeneralizada ata despois da Segunda Guerra
    Mundial.
  • non acceden a determinados postos ata hai moi
    poucas décadas (xudicatura, medicina, exército,
    cargos políticos, etc.).
  • Todo elo porque existía unha identificación
    sexo/xénero que as facía seren consideradas como
    un grupo de seres humans que non podían ou debían
    desenvolver determinadas tarefas, reservadas aos
    homes.

6
1.1. O sistema sexo xénero
  • Por elo, o sistema sexo- xénero determina a
    posición social diferenciada para mulleres e
    homes.
  • Determinou a adicación das mulleres ao eido
    PRIVADO, esfera DOMÉSTICO-FAMILIAR, e a súa
    desigualdade política, económica, social e
    cultural.
  • Destinou aos homes á ESFERA PÚBLICA, ao EMPREGO
    (traballo remunerado, a diferencia do realizado
    polas mulleres, non remunerado), á POLÍTICA.

7
1.1. O sistema sexo xénero
  • Pero o xénero varía e variou dependendo do
    momento histórico e dos valores e crenzas da
    cultura concreta. Podemos ver algúns exemplos
  • Non sempre as mulleres foron consideradas
    fundamentalmente como nais, incapaces de
    desenvolver determinadas tarefas
  • as amazonas foron un lexendario pobo de mulleres
    guerreiras, que vivían nun reino independente
    habitado só por mulleres. A maternidade para elas
    era só una cuestión necesaria para evitar a
    extinción do seu pobo unha vez ao ano visitaban
    a unha tribu veciña, co obxectivo de enxendrar
    fillas. Os nenos eran enviados de volta cos seus
    pais ou sacrificados, as nenas quedaban coas súas
    nais e eran adestradas na caza e na guerra.
  • Tampouco existiu sempre a crenza de que a
    maternidade limitase ás mulleres en ningún
    aspecto
  • en certos pobos antigos, cando a muller daba a
    luz, quen se metía na cama a descansar e reporse
    era o homea muller atendíao, tanto ao pai como á
    criatura recén nacida. Este curioso costume,
    chamado covada, deuse en pobos prerromans como o
    galaico e o astur e os escritos constátano cara o
    século I d.C.

8
1.1. O sistema sexo xénero
  • Na actualidade, vivimos un profundo proceso de
    transformación social que fai que queden xa moi
    poucos eidos, no político ou no laboral, vetados
    ás mulleres.
  • Cada vez é mais frecuente atopar mulleres en
    postos tradicionalmente ocupados por homes
  • política,
  • xerarquía eclesiástica

9
1.1. O sistema sexo xénero
Resumindo
  • Xénero non ten que ver só coas mulleres.
  • Xénero non é sinónimo de MULLER.
  • É un concepto que fai referencia a
    características sociais, tanto dos homes como das
    mulleres.

10
1.2. A construcción social da identidade de
xénero
  • Cómo aprendemos a ser mulleres e homes.
  • Desde que nacemos, vemos que fan e como viven
    homes e mulleres
  • Na nosa familia,
  • na escola,
  • nos medios de comunicación, particularmente na
    televisión
  • No noso contorno máis próximo,
  • e como se comunican os seres humáns mediante a
    linguaxe.
  • Estes modelos interiorizámolos, asumímolos,
    incorporándoos á nosa vida e reproducíndoos.
  • Non nos paramos a pensar se están ben ou mal, se
    teñen sentido ou non, simplemente concebímolos
    como algo natural.
  • Este proceso denomínase SOCIALIZACIÓN

11
1.2. A construcción social da identidade de
xénero
  • A socialización de mulleres e homes é diferente
    desde que nacemos, a pesares dos esforzos que se
    fan para que se reduzan as diferencias en todos
    os eidos
  • Esta socialización diferencial dase en cada eido
    no que se produce.
  • Na familia
  • Antes de nacer, as nais preparan a roupa do bebé,
    que será rosa se é nena e azul se é neno.
  • Aos nenos se lles animará desde moi pequenos a
    ser deportivos, a realizar actividade física ás
    nenas, pola contra, se lles anima a realizar
    actividades mais sedentarias a lectura, os
    traballos manuais, a pintura-.

12
1.2. A construcción social da identidade de xénero
  • No xogo prodúcense tamén grandes diferencias na
    socialización
  • Mentres os nenos xogan á guerra de maneira
    tradicional (espadas, pistolas) ou sofisticada
    (videoxogos), as nenas prepáranse para a súa
    función coidadora e maternal xogando con monecas,
    cociñas e vasoiras.

13
1.2. A construcción social da identidade de xénero
  • Na escola, nenos e nenas reciben estímulos
    diferentes a pesares de que a escola mixta a
    chamada coeducación- está implantada a nivel
    xeneral.
  • Diferentes estudos indican que o profesorado
    trata de maneira distinta a rapaces e rapazas,
    orientando a uns cara a formación de tipo técnico
    e a outras cara ás ciencias sociais e humanidades.

14
1.2. A construcción social da identidade de xénero
  • Os medios de comunicación e a publicidade
    inciden unha e outra vez nesa estricta
    segregación por sexos, proporcionando imaxes
    tradicionais do que deben facer mulleres e homes,
    nenos e nenas e mantendo imaxes estereotipadas
    das mulleres que non se corresponden coa súa
    posición na sociedade actual.

15
1.2. A construcción social da identidade de xénero
  • A linguaxe supón un importante mecanismo de
    transmisión de ideas e estereotipos en torno ás
    mulleres.
  • A linguaxe reflicte o sistema de pensamento
    colectivo e a través del transmítese a forma de
    pensar, sentir e actuar da sociedade.

16
1.2. A construcción social da identidade de xénero
  • En español utilízase o xénero masculino plural
    para referirnos conxuntamente a mulleres e homes,
    pero dese xeito ignoramos a presencia das
    mulleres en moitos casos (por que non se elixiu
    o feminino para amosar o xenérico, podemos
    preguntarnos?)
  • Tamén utilizamos o masculino como xenérico en
    moitas profesións, evidenciando que houbo un
    tempo en que eran desenvolvidas por homes, e non
    tendo en conta que en moitos casos agora a
    maioría son mulleres as que as levan a cabo,
    agachando a súa participación (a avogado, a
    arquitecto).

17
1.2. A construcción social da identidade de xénero
  • Vexamos un par de exemplos
  • Un pai e un fillo van en coche cando, de súpeto,
    o pai perde o control do veículo e chocan contra
    un poste telefónico.
  • O pai morre no acto e o seu fillo queda moi
    maltreito e é levado ao hospital, onde lle
    diagnostican lesións importantes que precisan
    dunha intervención urxente.
  • Foi chamado o médico de guardia e cando chegou á
    sala de operacións, ao examinar ao rapaz, dixo
    Non podo operar a este rapaz! é meu fillo!
  • (o médico de guardia é unha médica)

18
1.2. A construcción social da identidade de xénero
  • Norwak tiña un irmán. O irmán de Norwak morreu.
    Mais o home que morreu nunca tivera un irmán.
  • (de maneira subconsciente e sen ningunha pista
    ao respecto, asumimos por defecto que Norwak é un
    home)

19
Exercicio 1
Atrevido Atrevida
Verduleiro Verduleira
Zorro Zorra
Señorito Señorita
  • A linguaxe sexista agacha ás mulleres, o as
    asocia a imaxes pexorativas.

20
1.2. A construcción social da identidade de xénero
  • O refraneiro e os contos populares son exemplos
    moi válidos para ilustrar o machismo imperante na
    sociedade por séculos e o papel negativo e pasivo
    que se outorga habitualmente ás mulleres.
  • O refraneiro español é particularmente contrario
    ás mulleres, suliñando a necesidade de
    controlalas, de evitar a súa autonomía
    impedíndolles calquera exercicio da súa
    personalidade.
  • Ao mesmo tempo, os contos populares e os
    romances propagan a figura do héroe (masculino),
    valente e esforzado, e a muller, pasiva e sumisa
    (Cincenta, Brancaneves, A Bela Durminte)

21
1.2. A construcción social da identidade de xénero
  • Debemos ser conscientes de que a utilización de
    lenguaxe sexista, co mantemento de imaxes e
    prexuizos antigos, non axuda á creación dunha
    sociedade mais igualitaria, senón todo o
    contrario.

22
Exercicio 2
  • O refraneiro, como expresión de ideoloxías,
    crenzas e tradicións populares, é particularmente
    expresivo no que se refire aos estereotipos de
    xénero que se transmiten ao longo dos séculos.
    Identifica ás mulleres co mal, coa tentación e
    denigra a aquelas que non son sumisas
  • Algúns exemplos
  • A muller, se é fermosa pegarache, se é fea
    cansarache, se é pobre arruinarache e se é rica
    gobernarache.
  • Mulleres xuntas, nen difuntas.
  • Incorpora tres exemplos máis de estereotipos de
    xénero, masculinos e femininos, procedentes do
    refraneiro.

23
1.2. A construcción social da identidade de xénero
  • A Historia como rama do saber non se ten ocupado
    nunca das mulleres, ata moi recentemente.
  • O eido do privado, da familia, da vida cotiá non
    ten sido obxecto de interese dos historiadores e
    das historiadoras ata moi recentemente. A maioría
    das mulleres desenvolvían a súa actividade nese
    campo.
  • De maneira xeral, as mulleres quedaban fora da
    educación reglada e tan so de xeito privado
    podían recibir formación se a súa familia o
    consideraba convinte.
  • Aqueloutras que si exercían actividades
    profesionais, culturais ou artísticas foron
    sistemáticamente relegadas.

24
1.2. A construcción social da identidade de xénero
  • Certas mulleres escritoras optaron por elixir
    pseudónimos masculinos para que as súas obras
    literarias fosen publicadas e tomadas en serio,
    xa que se consideraba que as obras escritas por
    mulleres non pagaban a pena
  • Por exemplo as novelistas George Elliot
    (inglesa) e George Sand (francesa), a española
    Fernán Caballero ou a mais recente Isak Dinesen,
    de nacionalidade danesa, autora de Memorias de
    Africa.

25
1.2. A construcción social da identidade de xénero
  • Pero moitas mulleres racharon os moldes
    existentes e se adicaron ao que querían,
    conquerindo logros importantes no desenvolvemento
    da actividade elixida, no mundo occidental, en
    Europa e tamén en España
  • Na política Clara Campoamor, avogada e
    parlamentaria que loita case en solitario pola
    consecución do dereito ao voto para as mulleres
    no Parlamento español en 1931 ou Concepción
    Arenal, nacida en Ferrol e reformadora do sistema
    de prisións español do século XIX.
  • Na pintura Maruja Mallo, artista galega que no
    exilio en Arxentina desenvolveu unha obra
    fundamental da avangarda española.
  • Na literatura Emilia Pardo Bazán, que na súa
    extensa obra mais de 500 títulos- denuncia o
    sexismo existente na sociedade española e galega
    do XIX.
  • Na filosofía María Zambrano, a maior figura do
    existencialismo español.
  • Na ciencia María Sklodowska Curie, descubridora
    do radio e dobre premio Nobel, en Física e
    Química.

26
1.2. A construcción social da identidade de xénero
  • Na actualidade, non se trata só de figuras
    individuais e excepcionais as que rachan cos
    moldes tradicionais, senón unha gran porcentaxe
    de mulleres as que desenvolven tarefas que
    tradicionalmente non podían ou non debían
    desempeñar.

27
1.3. Os roles e os estereotipos
  • A socialización diferencial de xénero da lugar á
    creación e mantemento de ROLES DE XÉNERO
  • Son funcións que se atribúen a homes e mulleres
    de maneira diferenciada, manifestados en
    determinadas conductas socialmente esperadas.
  • O rol femenino por excelencia nai e esposa ou
    compañeira, coidadora das personas que viven no
    fogar.
  • O rol masculino por excelencia profesional
    recoñecido socialmente, con éxito, estudos,
    emprego, coche, vivenda

28
1.3. Os roles e os estereotipos
  • A imaxe que temos de mulleres e homes inflúe de
    forma definitiva nas nosas expectativas cara a
    eles e elas, nos nosos xuizos sobre os seus
    comportamentos e nas nosas decisións tanto sobre
    nós mesmos/as como sobre o resto das personas.
  • Ser capaz de ver en que maneira os roles,
    estereotipos e prexuizos se utilizan na nosa
    concepción do mundo e das personas é importante á
    hora de entender a situación de desigualdade das
    mulleres.
  • Os conceptos de ROLES, ESTEREOTIPOS E PREXUIZOS
  • axúdannos a entender a realidade cambiante do
    mundo no que vivimos.

29
Texto
Ge Youli relata como se lle ensinou a ser unha
verdadeira nena na China da década dos 70
  • Cuando yo apenas empezaba a crecer, mi madre,
    que estaba muy ocupada con su trabajo, me llevó a
    quedarme con mis abuelos en Shanghai. Viví con
    ellos y con una tía abuela que nunca se casó.
    Naturalmente, las dos mujeres se encargaron de
    convertirme en una 'verdadera niña'. Mi abuela me
    enseñó con su propio ejemplo. Ella asumía todas
    las tareas del hogar sin una sola queja se
    levantaba a las cuatro de la mañana y salía a
    hacer fila para comprar la comida regresaba a
    las seis con una gran canasta de alimentos,
    preparaba el desayuno para toda la familia, luego
    lavaba la ropa, limpiaba, cocinaba y lavaba los
    platos. Mi abuelo, entonces jubilado, se quedaba
    en la casa prácticamente sin hacer nada, más allá
    de encargarse de las finanzas de la familia. Aun
    así, mi abuela nunca expresó una sola queja.

30
Texto
  • Mi tía abuela me enseñaba con mandatos. No me
    permitía hacer nada de ruido durante las comidas.
    Me daba instrucciones explícitas sobre las
    conductas que eran apropiadas. A veces, cuando me
    sentía muy restringida, me aventuraba a
    preguntarle, 'Por qué no le aplicas tu
    disciplina a mi hermano mayor?' Ella respondía
    fríamente, 'Porque eres una niña!
  • Cada día mi hermano jugaba afuera después de la
    escuela, pero a mí frecuentemente se me confinaba
    a la casa para aprender a coser, ayudar a mi
    abuela en la a preparar las comidas o hacer la
    limpieza. En la mesa, mi abuela escogía lo más
    delicioso para mi hermano, mientras que a mí me
    enseñaba la virtud de la autodisciplina y la
    tolerancia (Ge, 19956-7).

En Jolly, Susie, BRIDGE Development Gender.
Género y Cambio Cultural. Institute of
Development Studies, 2002. En http//www.bridge.id
s.ac.uk/reports/spanish-culture-or.pdf
31
1.3. Os roles e os estereotipos
  • ESTEREOTIPOS
  • Son xuizos de valor e crenzas, relacionados coa
    atribución de capacidades e actitudes a mulleres
    e homes, sen criterios obxectivos que os
    demostren.
  • Son
  • Cambiantes no tiempo e nos espacios xeográficos.
  • non son innatos, senon que se aprenden.
  • Xeneralizadores, proporcionando unha imagen
    mental simplificada compartida socialmente.
  • Compartidos por moita xente, por reflectir os
    valores que tenta transmitir a sociedade. Se os
    valores cambian, os estereotipos modifícanse.

32
1.3. Os roles e os estereotipos
  • En xeral, estereotipos e roles dan unha imaxe
    mais positiva de homes que de mulleres.
  • Algúns dos estereotipos que funcionan na nosa
    sociedade sobre mulleres e homes son

Os homes As mulleres
Son mellores nos arranxos domésticos Teñen máis maña para cambiar cueiros e coidar dun bebé
Falan o xusto Non paran de falar, son incapaces de manter un segredo
Son torpes para manexar cousas delicadas (louza, vaixella, prancha) Conducen fatal, non saben aparcar
Non choran Son unhas románticas e sentimentais
Non teñen paciencia cos nenos e nenas Teñen moita paciencia cos nenos e nenas
33
1.3. Os roles e os estereotipos
  • Según os estereotipos imperantes, os homes son e
    deben ser (identidade masculina)
  • Autoritarios, silenciosos, activos, decididos,
    fortes, valentes, racionais, reflexivos, adustos
  • E as mulleres son (identidade feminina)
  • Impulsivas, faladoras, extrovertidas, cariñosas,
    emocionais, débiles, delicadas, temerosas,
    pacientes, familiares

34
Exercicio 3
Ordea estas competencias e valores en virtude do
que tradicionalmente se considerou como axeitado
ou propio das mulleres e dos homes.
  • Timidez Acatamento Sacrificio Decisión -
    Autonomía Autoridade Valor Competitividade
    Dozura Beleza Sacrificio Resignación
    Dependencia Abnegación Agresividade Forza
    Sinceiridade Poder

35
1.3. Os roles e os estereotipos
  • Pero na nosa sociedade, as profundas
    modificacións sufridas no derradeiro século,
    teñen transformado de maneira moi sustancial os
    roles predeterminados que mulleres e homes
    asumían, e agora mesmo a posibilidade de elección
    de vida, tanto para unos como para outras, é
    moito mais amplo.
  • Os homes asumen un papel mais importante no eido
    privado, particularmente exercendo a paternidade,
    e as mulleres teñen cada vez mais posibilidades
    no mundo educativo e laboral de exercer todo tipo
    de profesións, oficios e carreiras.

36
1.4. A socialización diferencial de xénero.
  • Nos derradeiros cen anos, a nosa sociedade tense
    decatado das escasas opcións de vida que se
    concedían ás mulleres simplemente polo feito de
    seren mulleres.
  • Actualmente aspírase a que as personas non se
    vexan perxudicadas nas súas oportunidades pola
    pertenza a un ou outro sexo, igual que se
    pretende que tampouco se vexan perxudicadas por
    pertenceren a unha ou outra raza, relixión,
    opción sexual, etc.
  • A desigualdade por razón de sexo está prohibida
    na nosa Constitución de 1978, pero a verdade é
    que existe aínda moito por facer, xa que as
    condicións para acceder a diferentes
    oportunidades na vida e no mundo do traballo son
    diferentes para homes e mulleres.

37
1.4. A socialización diferencial de xénero.
  • A pesar dos grandes esforzos realizados a través
    da escola, destinados a conquerir que nenos e
    nenas teñan iguais oportunidades no seu futuro, a
    verdade é que o proceso de socialización no
    ámbito educativo leva consigo a asunción por
    parte de nenos e nenas de moitos estereotipos e
    roles prefixados, que terán gran importancia á
    hora de enfocar as súas vidas profesionais e
    personais.

38
1.4. A socialización diferencial de xénero.
  • Ese proceso de socialización diferencial a
    construcción cultural do feminino e do
    masculino comeza xa na escola e na familia.
  • Un grave problema é o feito de que as nenas
    asumen, a través da educación escolar e familiar,
    o rol de coidadoras como algo natural e propio,
    mentres que os nenos non reciben o mesmo tipo de
    estímulos para asumir un rol similar.
  • A falla de reparto deste tipo de tarefas dará
    lugar a que as mulleres teñan que asumir o que se
    chama a dobre presencia, é dicir, ter un
    emprego e asumir ao mesmo tempo a totalidade do
    traballo familiar e doméstico, coa conseguinte
    carga de estrés e perda da posibilidade de ter
    tempo propio.

39
1.4. A socialización diferencial de xénero.
  • A sociedade tradicional no mundo occidental
    estaba ata mediados do século XX conformada por
    familias nas que home era proveedor, no sentido
    de que se encargaba de aportar o salario para o
    sustento da familia, e a muller se encargaba do
    coidado e educación de nenos e nenas e de todo o
    traballo no fogar.
  • Este modelo desapareceu progresivamente ao longo
    do século XX a medida que as reinvindicacións das
    mulleres ían conquerindo forza. A partir do
    remate da segunda Guerra Mundial (1945) o proceso
    de incorporación das mulleres ao mercado de
    traballo foi maioritario.
  • En España este proceso dase en torno aos anos
    sesenta e setenta do século XX, e continúa
    imparable.

40
1.4. A socialización diferencial de xénero
  • Pero mentres as mulleres se incorporaban de
    maneira xeneralizada ao ámbito laboral formación
    e emprego- non se producía o mesmo fenómeno no
    sentido contrario os homes non se incorporaban
    ao traballo no eido doméstico ao mesmo ritmo.
  • Existe un deficit importante agora mesmo en case
    todas as sociedades occidentais de
    corresponsabilidade, é dicir, na maioría dos
    casos son as mulleres as que continúan realizando
    a maioría do traballo familiar e doméstico.

41
1.4. A socialización diferencial de xénero
  • Pero existen tamén outros prexuizos vencellados
    á socialización diferencial que afectan ás
    mulleres no eido da formación, da educación e do
    emprego
  • Por unha banda existe aínda moita segregación
    por ramas profesionais as mulleres son maioría
    naquelas especialidades formativas vencelladas ás
    ciencias sociais, ás humanidades e á relación
    coas personas en xeral, e os homes son maioría
    naquelas especialidades técnicas e científicas.
  • Un exemplo claro témolo na formación
    profesional nas ramas profesionais de fogar,
    moda e confección, perruquería e estética e
    sanitaria, as mulleres rozan en España o 85-90
    das personas matriculadas, mentres que nas ramas
    mineira, do metal, da madeira ou da autmoción os
    homes son mais do 90 das personas matriculadas.

42
1.4. A socialización diferencial de xénero
  • Este feito terá unha gran importancia á hora de
    avaliar as posibilidades de emprego duns e
    doutras, e incidirá no mantemento dos
    estereotipos profesionais vencellados a un e
    outro sexo.
  • Ademais, existe unha forte segregación vertical
    no emprego feminino tamén vencellado a esa
    socialización diferencial
  • As mulleres están maioritariamente empregadas
    nos postos mais baixos do escalafón das empresas,
    xa que os estereotipos as vencellan a postos de
    categoría inferior, minusvalorando as súas
    cualidades intelectuais, e considerando que non
    teñen capacidades para exercer postos de
    responsabilidade.

43
1.4. A socialización diferencial de xénero
  • As mulleres ademais son maioría naqueles postos
    de traballo nos que se desenvolven aquelas
    aptitudes aprendidas a traves desa socialización
    diferencial postos subordinados, empregos que
    remiten a súa tradicional faceta como esposas
    e/ou nais (hostelería, restauración, coidado de
    personas, servicio doméstico, auxiliares,
    secretarias, etc.).
  • En xeral, estes postos de traballo teñen
    salarios mais baixos e ademais están menos
    valorados socialmente.

44
Exercicio 4
  • Relaciona os seguintes xogos e xoguetes co sexo
    feminino ou masculino, e reflexiona nunha liña
    sobre o seu valor na socialización diferencial e
    o rol que pretenden fomentar nos nenos e nenas
  • Mecanos
  • Monecas
  • Cociñas
  • Caixas rexistradoras
  • Balones de futbol
  • Coches teledirixidos
  • Maquillaxes
  • Videoxogos

45
1.4. A socialización diferencial de xénero
  • A socialización diferencial ten tamén as súas
    consecuencias nun dos problemas mais graves que
    ten a nosa sociedade actualmente a violencia de
    xénero.
  • Debido ao mantemento da crenza da superioridade
    dun sexo o masculino- sobre o outro o feminino-
    moitos homes consideran natural e xustificado a
    utilización da violencia no seo da parella e
    moitas mulleres consideran admisible ser obxecto
    desa violencia

46
1.5. A identidade de xénero
  • A través do proceso de socialización diferencial
    de xénero, vaise creando a chamada identidade de
    xénero, un conxunto de desexos, percepcións,
    actitudes e accións pertencentes a cada sexo e
    excluíntes entre sí.
  • A identidade de xénero maniféstase no ámbito
    familiar e escolar nas situacións cotiás as
    tarefas que se asignan a cada un dos sexos
    labores domésticas e cuidado de criaturas ás
    nenas reparacións aos nenos-.

47
1.5. A identidade de xénero
  • A identidade de xénero daas mulleres adoita
    estar relacionada coa súa capacidade
    reproductiva, de seren nais así todo o
    relacionado co coidado, a alimentación e
    educación das criaturas é básico.
  • Este feito inflúe na valoración que as propias
    mujeres teñen de sí mesmas, sempre preocupándose
    polas outras personas, atendéndoas e cunha escasa
    autoestima.

48
1.5. A identidade de xénero
  • En cambio, a identidade de xénero masculina
    adoita estar relacionada coa capacidade de
  • interactuar co mundo,
  • de descubrir,
  • de ser aventureiro,
  • de traballar e esforzarse no mundo público, un
    traballo que ten un valor recoñecible
    monetariamente o salario-.

49
1.5. A identidade de xénero
  • Cando se producen problemas entre o sexo da
    persona e a súa identidade de xénero un home que
    sinte ou actúa como unha mujer- prodúcese un
    transtorno de identidade de xénero.
  • Algunhas personas con características sexuais dun
    sexo identifícanse máis co xénero contrario.
    Algúns deles poden cambiar a súa identidade e
    outros poden incluso recurrir á cirurxía para
    cambiar de sexo.

50
Módulo II A igualdade de oportunidades para as
mulleres
  • Desde o século XVIII, co Pensamento Ilustrado e
    a posterior Revolución francesa (1789), unha
    corrente de pensamento propugnou a necesidade de
    dar aos cidadáns (naquel momento só os homes)
    igualdade de oportunidades.
  • O que se prantexaba era a necesidade de
    construir unha sociedade baseada no mérito dos
    individuos, sen importar cal fose a súa orixe
    socioeconómica a todos íanselles dar as mesmas
    oportunidades de amosar as súas capacidades, que
    a través do estudo, o esforzo individual, serían
    as que lles proporcionarían o seu lugar na
    sociedade.

51
II. A igualdade de oportunidades para as mulleres
  • A implantación deste principio nas políticas
    occidentais sirve para loitar contra moitas das
    discriminacións existentes nas diferentes
    sociedades
  • as que sofren as mulleres, no noso caso, pero
    tamén aquelas que afectan ás minorías étnicas ou
    culturais,
  • ás personas afectadas por calquera forma de
    discapacitación,
  • ou aquelas con orientación sexual diferente á
    maioritaria, por pór algúns exemplos

52
II. A igualdade de oportunidades para as mulleres
  • A igualdade pode entenderse de diferentes
    maneiras
  • Igualdade formal trátase de a igualdade das
    personas diante da lei, evitando que existan
    privilexios para certos grupos que esten
    sancionados polo réxime xurídico e político.
  • Algúns exemplos de ampliación desta igualdade
    formal están na extensión do dereito ao voto ás
    mulleres, a poboación de cor nos Estados Unidos,a
    desaparición da escravitude, etc.

53
II. A igualdade de oportunidades para as mulleres
  • Aínda que a igualdade formal é un concepto
    amplamente extendido en todos os Estados
    occidentais, a verdade é que aínda quedan moitos
    países onde non existe esta igualdade ante a lei
    de todos os cidadáns e cidadás.

54
II. A igualdade de oportunidades para as mulleres
  • 2). Ante a evidencia de que a consecución da
    igualdade formal non soluciona a falla de
    oportunidades para algúns grupos, como as
    mulleres, tense dado un paso mais cara á
    igualdade real ou material, que centra o seu
    obxectivo nas consecuencias e resultados
    diferentes, según os colectivos sobre os que
    actúan, das leis, das políticas, das prácticas ou
    programas.

55
II. A igualdade de oportunidades para as mulleres
  • O concepto de igualdade material propón que se
    fixe a atención sobre a situación real das
    personas, para determinar que medidas son
    precisas para eliminar as desigualdades que lles
    afectan.
  • Poñamos un exemplo

56
II. A igualdade de oportunidades para as mulleres
Igualdade formal Situación real Igualdade material
Constitución Española de 1978 Todos los españoles tienen el deber de trabajar y el derecho al trabajo, a la libre elección de profesión u oficio, a la promoción a través del trabajo y a una remuneración suficiente para satisfacer sus necesidades y las de su familia, sin que en ningún caso pueda hacerse discriminación por razón de sexo. A taxa de paro das mulleres dobra a dos homes nos anos 80 Programas de formación e de emprego exclusivos para as mulleres para solventar esta situación
57
2.1. As políticas e plans de igualdade de
oportunidades para as mulleres
  • 2.1. Conscientes de que a igualdade entre
    mulleres e homes non se conquire con remover os
    obstáculos existentes na lexislación, senón que
    se precisa de accións concretas en diferentes
    ámbetos que axuden ás mulleres, colectivo que se
    atopa nunha diferente situación de partida que o
    dos homes, os gobernos europeos teñen levado
    adiante toda unha batería de accións de cara á
    consecución da igualdade que se articulan en
    torno aos chamados planos de igualdade.

58
2.1. As políticas e plans de igualdade de
oportunidades para as mulleres
  • O plano de igualdade articula diferentes medidas
    en moitas áreas de traballo político, pero moi
    particularmente nunha serie de eidos
    prioritarios saúde, emprego, formación,
    educación, participación social e política,
    violencia contra as mulleres, etc.
  • Os planos de igualdade son un modelo
    desenvolvido pola Comisión Europea desde os anos
    80 do século XX que tamén foi seguido pola
    maioría dos Estados membros da UE.

59
2.1. As políticas e plans de igualdade de
oportunidades para as mulleres
  • Un plano de igualdade ten un carácter integral,
    é decir, cobre unha serie de áreas diferentes que
    están relacionadas entre si.
  • O obxectivo principal e que une todas as áreas é
    a promoción da igualdade de xénero e a
    desaparición dos obstáculos que existen para ela.
  • Este feito fai que os planos sexan moi
    complexos, xa que son moitas as áreas, os
    obxectivos e as actuacións e medidas
    contempladas.

60
2.1. As políticas e plans de igualdade de
oportunidades para as mulleres
  • En Europa, desde 1982, téñense levado a cabo 4
    programas de acción comunitarios para a igualdade
    entre mulleres e homes, que supusieron un gran
    avance para as políticas de igualdade nos países
    membros.

61
2.1. As políticas e plans de igualdade de
oportunidades para as mulleres
  • En España créase o Instituto de la Mujer en 1983
    e a partir desa data, póñense en marcha 4 planos
    de acción para a igualdade consecutivos.
  • Nas diferentes comunidades autónomas foron
    asumíndose as competencias en materia de
    igualdade e se foron tamén creando planos de
    igualdade a nivel autonómico.
  • En Galicia créase o Servizo Galego de Igualdade,
    en 1991, organismo autónomo encargado de impulsar
    as políticas de igualdade na comunidade autónoma.

62
2.1. As políticas e plans de igualdade de
oportunidades para as mulleres
  • En Galicia implementáronse catro plans de
    igualdade e desde 2004 está en vigor a ley
    1/2004, galega, para a igualdade entre mulleres e
    homes.
  • Hai outras comunidades autónomas con leis de
    igualdade Comunidade Valenciana, País Vasco,
    Navarra, Castilla-León e Baleares.
  • En España actualmente atópase no Parlamento o
    proxecto de lei de igualdade estatal.

63
2.1. As políticas e plans de igualdade de
oportunidades para as mulleres
  • Os puntos en común de todos os planos de
    igualdade europeos, españois, autonómicos- son
  • Esixencia dun maior compromiso de todas as
    institucións e organismos públicos na aplicación
    dos planos de igualdade
  • Necesidade de cambios sociais estructurais e
    cambio de mentalidade.
  • Promoción dos valores da igualdade
  • Promoción da participación equilibrada das
    mulleres na toma de decisións
  • Eliminación de estereotipos sexistas
  • Creación de redes de expertos/as
  • Fomento do asociacionismo de mulleres
  • Importancia da conciliación da vida familiar e
    laboral e a corresponsabilidade.
  • Especial atención aos colectivos máis
    desfavorecidos de mulleres
  • Loita contra a violencia de xénero
  • Fomento da formación das mulleres
  • Fomento do emprego entre as mulleres

64
2.2. As accións positivas
  • A Constitución española de 1978, no seu artigo 14
    declara que todos somos iguais ante a lei sen
    discriminación por razón de sexo ...
  • e o artigo 9,2 señala, ademáis os poderes
    públicos deben promover as condicións para que a
    liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos
    en que se integran sexan reais e efectivas

65
2.2. As accións positivas.
  • Esta é a base legal fundamental para o
    establecemento das nas chamadas accións
    positivas.
  • Os planos de igualdade basean a eficacia das
    súas actuacións neste tipo de medidas.
  • Trátase de estratexias destinadas a conseguir a
    igualdade de oportunidades por medio de medidas
    que permitan correxir ou contrarrestar aquelas
    discriminacións que son o resultado de prácticas
    ou sistemas sociais, según a definición da Unión
    Europea.

66
2.2. As accións positivas
  • A finalidade das accións positivas é
  • Por unha banda, rematar con todos os obstáculos
    que impiden ou dificultan ás mulleres a
    realización de determinadas accións na nosa
    sociedade (por exemplo, acceder aos postos de
    traballo)
  • E ao mesmo tempo establecer medidas
    compensatorias acción positiva- que permitan
    superar os factores negativos existentes na nosa
    sociedade e os estereotipos sobre as mulleres,
    para posicionalas nunha situación de verdadeira
    igualdade nas condicións de partida.

67
2.2. As accións positivas
  • Un exemplo moi sinxelo témolo nas políticas de
    contratación por parte das empresas
  • En principio, e en liñas xerais, calquera posto
    de traballo é axeitado tanto para un home como
    para unha muller.
  • Nembargantes, as mulleres son minoría en moitos
    tipos de postos, por razóns vencelladas á
    situación de desigualdade na que se teñen atopado
    tradicionalmente.
  • Por elo (acción positiva) o goberno subvenciona
    ás empresas que contratan a mulleres naqueles
    sectores onde tradicionalmente teñen sido
    minoría.
  • Esa subvención á empresa non se da no caso en
    que contraten a un home

68
2.2. As accións positivas
  • Para comprender axeitadamente o porqué das
    accións positivas, hai que ter en conta que a
    igualdade real non se conquerirá se as condicións
    de partida de mulleres e homes non son as mesmas.
  • Para nivelar esa diferente situación de partida,
    é para o que se establecen esas accións positivas
    que pretenden subsanar as dificultades a maiores
    que teñen as mulleres por razóns históricas.
  • Hai que ter en conta tamén que as accións
    positivas son estratexias de carácter temporal,
    que desaparecerán cando as condicións de partida
    sexan iguais para uns e outras.

69
2.2. As accións positivas
  • Outro exemplo moi de actualidade das accións
    positivas son aquelas que teñen por obxectivo
    ampliar a participación das mulleres no eido
    político, establecendo cotas, é dicir,
    porcentaxes do 40 que non deben ser sobrepasados
    por os candidatos e candidatas de ningún dos dous
    sexos.

Varios países europeos, como Francia ou os
estados escandinavos, teñen establecido xa as
cotas para incrementar o número de mulleres nos
parlamentos e gobernos.
70
2.2. As accións positivas
  • As accións positivas, fundamentalmente no eido
    do emprego e da formación, continúan a ser o
    mecanismo mais habitual dos gobernos para tentar
    acabar coa desigualdade entre mulleres e homes.
  • Sen embargo, na IV Conferencia Mundial das
    Mulleres, que auspiciada pola ONU foi celebrada
    en Pekín en 1995, aprobouse un novo modelo de
    actuación ou estratexia cara a igualdade o
    chamado mainstreaming de xénero ou
    transversalidade de xénero.

71
2.3. O enfoque transversal de xénero ou
mainstreaming
  • O mainstreaming ou enfoque transversal de xénero
    defínese como
  • a organización, mellora, desenvolvemento e a
    avaliación dos procesos políticos, de modo que
    unha perspectiva de igualdade de xénero se
    incorpore a todas as políticas, a todos os niveis
    e en todas as etapas, por todos/as os
    actores/actrices normalmente involucrados/as na
    adopción desas medidas políticas (definición do
    Grupo de Expertos/as do Consello de Europa, 1998)

72
2.3. O enfoque transversal de xénero ou
mainstreaming
  • Dito doutra maneira trátase de que cada
    actuación política sexa levada a cabo de
    principio a fin tendo en conta que un dos seus
    obxectivos é rematar coa desigualdade que poda
    existir nese eido entre mulleres e homes.
  • Preténdese con elo levar a preocupación pola
    igualdade entre mulleres e homes mais alá dos
    aspectos meramente sociais ou de formación.

73
2.3. O enfoque transversal de xénero ou
mainstreaming
  • Mediante o enfoque integrado de xénero, tanto
    unha actuación política de emprego e formación
    como unha no eido das obras públicas ou o medio
    ambiente por pór algúns exemplos- deben tentar
    reflexionar sobre cal é a situación previa de
    homes e mulleres nese eido e tentar deseñar
    solucións correctoras ás desigualdes que se
    evidencien.

74
2.3. O enfoque transversal de xénero ou
mainstreaming
  • Na actualidade a Comisión Europea ten asumido o
    mainstreaming como enfoque prioritario para o
    traballo a favor da igualdade, aínda que non ten
    abandonado aínda as accións positivas.
  • Esta é a chamada Estratexia Dual, que sustitúe
    en Europa aos planos de igualdade anteriores na
    política da Comisión Europea.

75
2.3. O enfoque transversal de xénero ou
mainstreaming
  • Para que o mainstreaming poda ser implantado e
    funcionar eficazmente, precísase de
  • Unha vontade política clara
  • Coñecementos de xénero para as personas
    qencargadas de implantalo
  • Recollida de estatísticas desagregadas por sexo e
    abundante información sobre a situación de
    mulleres e homes ante as diferentes situacións
  • Participación das mulleres na toma de decisións

76
2.4. Concepto de discriminación discriminacións
directas e indirectas
  • Qué entendemos por discriminación? Cando
    podemos decir que as mulleres, ou outro grupo,
    están discriminadas?
  • Unha discriminación prodúcese cando existe un
    trato diferente que é ilexítimo e fundaméntase
    nun criterio prohibido.
  • Unha recente directiva europea define a
    discriminación directa como a situación na que
    unha persona sexa, teña sido ou poidera ser
    tratada por razón de sexo de maneira menos
    favorable que outra nunha situación comparable.
  • A discriminación indirecta é a situación na que
    unha disposición, criterio ou prática
    aparentemente neutros stúan a personas dun sexo
    determinado en desvantaxe particular con respecto
    a personas doutro sexo, salvo que a dita
    disposición, criterio ou prática poida
    xustificarse obxectivamente cunha finalidade
    lexítima e que os medios para acadar a dita
    finalidade sexan axeitados e necesarios.

77
2.4. Concepto de discriminación discriminacións
directas e indirectas
  • Algúns exemplos
  • De discriminación directa
  • O seguinte anuncio de oferta de emprego
  • Precísase auxiliares administrativos para
    empresa de importación e exportación. Abstéñanse
    mulleres (ou estranxeiros, ou personas dunha
    determinada relixión)

78
2.4. Concepto de discriminación discriminacións
directas e indirectas
  • Exemplo de discriminación indirecta
  • Precísase carpinteiro/a para empresa de
    fabricación de caixóns. Altura superior a 1,85
    ms.
  • (para o desenvolvemento das tarefas no posto de
    traballo non se precisa esa altura, pois os
    caixóns se fan sobre unhas mesas só se pon esa
    condición porque a maioría das mulleres non se
    poderán presentar xa que non a cumpren)

79
2.4. Concepto de discriminación discriminacións
directas e indirectas
  • As discriminacións por razón de sexo son
    particularmente intensas no momento de acceso ao
    emprego (probas de acceso, entrevistas de
    traballo, preguntas personais na entrevista de
    traballo relativas á maternidade ou a situación
    personal solteira, casada, con fillos e fillas)
    e no exercicio do emprego, especialmente en
    materia de retribución (discriminación salarial),
    condicións de traballo e emprego, promoción,
    formación profesional e despido

80
Exercicio 5
  • Selecciona desta lista se se trata de exemplos
    de discriminación directa e indirecta
  • -todos/as os/as candidatos/as a este posto de
    traballo teñen que ter tido experiencia nas
    Forzas Armadas (por exemplo, o servizo militar).
  • -mencionar na oferta de traballo que non se
    aceptará para o posto a personas casadas.
  • -mencionar na oferta de traballo que non se
    aceptará para o posto a personas con fillos/as.
  • -facer preguntas na entrevista de traballo sobre
    se a persona entrevistada ten previsto ter
    fillos/as nun futuro próximo

81
2.5. O acoso sexual e moral por razón de xénero
  • O acoso sexual é toda conducta de natureza
    sexual que se manifeste no ámbito do lugar de
    traballo como consecuencia dunha relación de
    traballo, realizada por alguén que sabe ou debe
    saber que é ofensiva e non desexada pola víctima,
    determinando unha situación que afecta ao emprego
    e ás condicións de traballo e creando un entorno
    laboral ofensivo, hostil, intimidatorio ou
    humillante.
  • O acoso sexual distínguese dun comportamento
    amistoso en que o primeiro é indesexado e o
    segundo aceptado e mutuo. Corresponde a cada
    individuo determinar o comportamiento que lle
    resulta aceptable e aquel que lle resulta
    ofensivo.
  • A atención sexual convírtese en acoso se continúa
    unha vez que a persona obxecto da misma ten
    indicado claramente que a considera ofensiva.

82
2.5. O acoso sexual e moral por razón de xénero
  • Os elementos que constituen acoso sexual son
  • Contido sexual da conducta.
  • Carácter de indesexada.
  • Existencia de ofensa.
  • As manifestacións deste tipo de comportamento son
    moi variadas
  • Contacto físico non desexado que supón unha
    vexación para quen o sofre (tocamentos
    innecesarios, palmadiñas, roces, tentativas de
    violación).
  • Conductas verbais (chistes, proposicións,
    requerimentos, bromas, insinuacións molestas de
    contido sexual).
  • Conductas non verbais (xestos, asubidos,
    exhibición de carteis, fotos de contido sexual no
    centro de traballo).

83
2.5. O acoso sexual e moral por razón de xénero
  • Tipos de acoso sexual
  • acoso sexual de chantaxe ou intercambio (quid pro
    quo)
  • baséase nun abuso de poder exercido por
    personas que teñen unha posición importante na
    empresa e autoridade para perxudicar laboralmente
    á traballadora que non acceda aos seus
    requerimentos (despido, non renovación do
    contrato, obstáculos na promoción profesional,
    empeoramento das condicións laborais
  • Exemplos
  • proposicións sexuais, ameazas,
  • chantaxe sexual,
  • incursións non desexadas no espazo físico.
  • É o acoso sexual paradigmático
  • proposición sexual feita por un superior,
  • rexeitamento da traballadora,
  • consecuencia negativa para esta no plano laboral.

84
2.5. O acoso sexual e moral por razón de xénero
  • Tipos de acoso sexual
  • acoso sexual ambiental (sex pollution)
  • Consiste no desenvolvemento dun comportamento
    sexual de calquera tipo (bromas persistentes e
    graves, insinuacións ou comentarios alusivos á
    intimidade, comentarios sobre a vestimenta, o
    aspecto) e a creación dun ambiente sexualmente
    ofensivo, hostil, humillante e intimidatorio
    para a víctima.
  • O acosador aquí pode ser unha persona de rango
    superior, pero tamén compañeiros e compañeiras de
    traballo, clientes, etc.
  • Neste tipo non existe unha íntima conexión entre
    o requerimento sexual e o condicionamento
    laboral.
  • Pero sigue existindo acoso, que incide no
    ambiente de traballo y na saude da persona
    afectada.

85
2.5. O acoso sexual e moral por razón de xénero
  • Consecuencias para a víctima
  • A víctima adoita sufrir deterioros importantes da
    súa saúde depresión, disminución de confianza e
    autoestima, estrés, ansiedade, distanciamiento
    emocional o seu rendimento vese afectado ,
    culpabilidade, baixo nivel de atención ou
    concentración, absentismo.
  • O acoso é un grave factor de risco no posto de
    traballo.
  • A delimitación da conducta de acoso sexual é
    complexa, xa que hai determinados estereotipos de
    conductas tan extendidos que os propios suxeitos
    activos de acoso están totalmente sorprendidos de
    que os seus comportamentos podan ser considerados
    como ilícitos.

86
2.5. O acoso sexual e moral por razón de xénero

O acoso moral o psicológico (mobbing) é, según a
definición proposta para o diccionario da Real
Academia Española, a Práctica ejercida en las
relaciones personales, especialmente en el ámbito
laboral, consistente en un trato vejatorio y
descalificador hacia una persona, con el fin de
desestabilizarla psíquicamente (propuesta para a
23ª edición).
A finalidade do mobbing é intimidar, reducir e
consumir emocional e intelectualmente á víctima,
dificultando a comunicación cos/coas seus/súas
compañeiros/as, obstaculizando o correcto
desempeño do seu traballo, desprestixiando as
súas actividades no centro de traballo, co fin de
aillala e lograr que abandone o emprego.
87
2.5. O acoso sexual e moral por razón de xénero
  • Cómo se identifica o acoso?
  • Se se dan simultáneamente algúns destes feitos
    oeden ser indicativos de que se está vivindo unha
    situación de acoso
  • Na actitude da persona acosada
  • Aumento do absentismo laboral e baixas por
    enfermidade.
  • Incremento do estrés, desinterés ou nerviosismo
    no posto de traballo.
  • Solicitude de traslado a outro posto ou centro.
  • Negativa ou rexeitamento a traballar con algún
    compañeiro ou compañeira.
  • Abandono do posto de traballo sen motivo
    aparente.

88
2.5. O acoso sexual e moral por razón de xénero
  • Na actitude da persona acosadora
  • Aumento do número de medidas disciplinarias sen
    causa justificada.
  • Infravaloración pública da persona e da calidade
    do seu trabajo.
  • Chamadas de atención e recriminacións en público.
  • Incremento inxustificado do volume de traballo
    dunha persona.

89
2.5. O acoso sexual e moral por razón de xénero
  • As mais afectadas polo acoso, tanto sexual como
    moral, no traballo, son as mulleres.
  • O acoso sexual é moral están penados polas leis
    tanto a nivel europeo como español.

90
Módulo III Situación actual da participación das
mulleres
  • Durante moitos séculos, as mulleres foron
    cidadás de segunda categoría.
  • Non tiñan acceso á educación salvo excepcións-
    ao traballo remunerado, non podían dispor dos
    seus propios bens, dependían do seu pai mentres
    eran solteiras e do seu marido cando casadas e
    non posuían dereitos políticos.
  • Existían poucas posibilidades vitais a excepción
    do matrimonio e a maternidade, que eran vistos
    como a prioridade fundamental das súas vidas.

91
3.1. Unha lenta historia de conquistas
  • A crenza xeral consideraba ás mulleres como
    intelectualmente inferiores aos varóns, e nesa
    inferioridade baseábase ese apartamento de todo o
    que non fose a atención da familia.
  • Ademais, considerábase tamén que as mulleres eran
    depravadas e malas por inclinación natural, polo
    que debían ser estrictamente vixiladas e
    afastadas de calquera posibilidade de obrar
    incorrectamente.

92
3.1. Unha lenta historia de conquistas
  • No século XVIII, co desenvolvemento da
    Ilustración, as mulleres comezaron lentamente a
    reinvidicar o acceso a determinados dereitos
  • Comezaron pola educación, polo acceso ao saber
    establecido de modo oficial (escola,
    universidade).
  • Continuaron cos dereitos políticos (dereito ao
    voto)
  • Posteriormente foron as liberdades de tipo
    personal e reproductivo (divorcio,
    contracepción).
  • Agora o debate político céntrase na cuestión da
    participación en igualdade de condicións/
    paridade ou equilibrio no número de mulleres e
    homes nos cargos políticos e de representación.

93
3.1. Unha lenta historia de conquistas
  • Durante a Idade Media e Moderna as mulleres
    estaban relegadas ao espazo privado, o do fogar,
    e se lles negaba o acceso á educación.
  • Algunhas mulleres que tiveron a fortuna de seren
    educadas, por pertencer a familias ricas,
    reflexionaron sobre a inxustiza desta situación e
    reflectírono nos seus escritos

94
3.1. Unha lenta historia de conquistas
  • Os escritos de mulleres reflexionando sobre a
    súa situación e a necesidade dun cambio comezan
    xa no século XV, coa obra da escritora francesa
    Cristina de Pizan
  • Segundo teño por costume e seguindo o hábito
    que rexe o decorrer da miña vida, é dicir, o
    estudo incansable das artes liberais, estaba
    sentada un día no meu cuarto de estudo, rodeada
    dos libros máis dispares. Atopábame coa mente
    algo cansada despois de ter reflexionado sobre as
    ideas de varios autores. Erguín a ollada do texto
    e decidín deixar os libros máis difíciles para
    entreterme coa lectura dalgún poeta. Ficando
    neste estado de ánimo, caeu nas miñas mans certo
    opúsculo que non era meu, mais que alguén tiña
    deixado na miña casa. Abrino e vin que se
    titulaba Les Lamentations de Mathéole ().

95
3.1. Unha lenta historia de conquistas
  • A súa lectura deixoume perturbada e sumida nunha
    profunda perplexidade. Preguntábame cales
    poderían ser as causas e as razóns que levan a
    tantos homes, clérigos e laicos, a aldraxar as
    mulleres, criticándoas ben de palabra ben en
    escritos e tratados (). Non hai texto que estea
    limpo de misoxinia. Filósofos, poetas, moralistas
    e a lista sería demasiado longa-, todos parecen
    falar cunha mesma voz para concluír que a muller
    é mala por natureza e sempre se escora cara o
    vicio.

96
3.1. Unha lenta historia de conquistas
  • Mesmo durante a Ilustración, algúns dos
    pensadores mais famosos polas súas novedosas
    aportacións ao pensamento, excluíron
    explícitamente ás mulleres de calquera
    posibilidade de cambio na súa situación.
  • O exemplo mais coñecido é o de Jean-Jacques
    Rousseau, que na obra Emilio, adicada á educación
    dos rapaces, fala así das mulleres
  • No importa que únicamente sea fiel la mujer,
    sino que su marido la tenga por tal, sus
    parientes y todo el mundo importa que sea
    modesta, recatada, atenta y que lo mismo los
    extraños que su propia conciencia den testimonio
    de su virtud. Si es muy importante que el padre
    ame a los hijos, también lo es que ame la madre a
    sus hijos. Estas son las razones que constituyen
    la apariencia misma como una obligación de las
    mujeres, siéndoles la honra y la reputación no
    menos indispensables que la castidad. ()
    Sostener de una manera vaga que son iguales los
    dos sexos y que tienen las mismas obligaciones,
    es perderse en manifestaciones vanas.

97
3.1. Unha lenta historia de conquistas
  • A escritora inglesa Mary Wollstonecraft,
    redactou en 1792 a obra Vindicación dos dereitos
    da muller.
  • É unha contestación a Rousseau e aos pensadores
    que como el mantiñan que a muller debía continuar
    suxeita á vontade do home.
  • Centrou as súas reinvindicacións na conquista do
    dereito de educación para as mulleres.

98
3.1. Unha lenta historia de conquistas
  • En 1791, en plena revolución francesa, Olimpia
    de Gouges proclamou a Declaración de Dereitos da
    Muller e da Cidadá, defendendo a necesidade de
    facer desaparecer as discriminacións que sufrían
    as mulleres.
  • O seu escrito é unha transcripción da
    Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán,
    proclamando a igualdade de dereitos das mulleres
    con respecto aos homes.

99
3.1. Unha lenta historia de conquistas
  • Poucos anos despois da revolución francesa, o
    mesmo espíritu libertario percorría Europa e
    América, dando lugar a diferentes revolucións e
    rebelións que transformaron os Estados.
  • Nos Estados Unidos, un grupo de mulleres
    elaborou o primeiro manifesto a favor da
    concesión do dereito ao voto ás mulleres. Trátase
    do documento coñecido como Declaración de Seneca
    Falls (lugar perto de Nova Iorque) é o comezo do
    chamado movemento sufraxista, polo sufraxio para
    as mulleres.
  • Ata ese momento considerábase que as mulleres
    non debían votar xa que normalmente eran mantidas
    polos seus maridos, o que daba lugar a que foran
    eles os que decidiran en tiveran voz e voto.

100
3.1. Unha lenta historia de conquistas
  • En Francia implántase a escolarización
    obrigatoria das nenas en 1850, a través da
    chamada lei Falloux.
  • En España a lei Moyano (1857) obrigou ao
    mantemento dunha escola para nenas (separadas das
    dos nenos) en cada municipio de mais de 500
    habitantes.
  • Os estudos desenvolvidos en cada unha das escolas
    para nenos e para nenas-serán diferentes. As
    escolas para nenas centrarán os seus obxectivos
    no modelo clásico de comportamento feminino
    modestia, compostura, castidade, discreción
    economía doméstica, labores propias do seu
    sexo, para formar futuras amas de casa e nais.
  • Pero a escola primaria ensinaba tamén a ler, a
    escribir, a pensar e a xenerar pensamento propio.

101
3.1. Unha lenta historia de conquistas
  • En 1848 la Universidade de Londres creou unha
    sección (Queens College) para mulleres, adicada
    fundamentalmente á formación de mestras.
  • Despois creáronse colexios femininos en
    Bedford(1849), Cambridge (1874) e Oxford (1879).
    Pero os estudos que desenvolvían as mulleres na
    universidade seguían sendo diferentes, e os
    títulos que recibían tamén.
  • En Alemania as primeiras mulleres universitarias
    comezaron os seus estudos en 1901, en Heidelberg
    e Friburgo.
  • En España haberá que agardar ata o 1910 para que
    se derogue a Orde de 1888 pola que as mulleres
    tiñan que pedir un permiso especial para poder
    matricularse na Universidade.

102
3.1. Unha lenta historia de conquistas
  • As feministas inglesas recolleron o testemuño
    das súas colegas americanas e moi cedo se
    organizaron para reivindicar o dereito ao voto,
    pero ademais a necesidade de acabar coas leis que
    impedían ás mulleres dispor dos seus bens,
    propiedades e ingresos, e esixindo ademais a
    posibilidade de ingresar na universidade para
    cursar estudos superiores.
  • Tratouse dun movemento enérxico e violento, con
    encarcelamentos, protestas nas rúas, folgas de
    fame e actuacións violentas.
  • En 1918 as mulleres inglesas conqueriron o
    dereito ao voto. Nos Estados Unidos foi en 1920
    (pero só para as mulleres brancas, pois a
    poboación de cor non conqueriu dereitos ata os
    anos sesenta do século XX).

103
3.1. Unha lenta historia de conquistas
  • Neste ano de 2006 celebramos o 75 aniversario da
    instauración do sufraxio universal en España, é
    dicir, da concesión do dereito de voto ás
    mulleres en España, aprobado polas Cortes
    republicanas en 1931.
  • Vexamos unha descripción da situación que levou
    á implantación do voto feminino en España

104
3.1. Unha lenta historia de conquistas
  • Texto 2
  • El voto universal para las mujeres fue aceptado
    por el Parlamento español de la II República,
    después de un acalorado debate parlamentario,
    pero con la ausencia de un movimiento sufragista
    que hubiera movilizado previamente a las mujeres
    españolas. En realidad, bien podría decirse que
    fue el resultado de la lucha parlamentaria de una
    única mujer, la diputada por el Partido
Write a Comment
User Comments (0)
About PowerShow.com