Sin ttulo de diapositiva - PowerPoint PPT Presentation

1 / 23
About This Presentation
Title:

Sin ttulo de diapositiva

Description:

Cabe salientar o Pazo d'As Eiro s, reformado no s culo XIII, ... Se decides vir, ser unha grande led cia para n s. Se non, est s onde est s... VIVE O ENTROIDO! ... – PowerPoint PPT presentation

Number of Views:59
Avg rating:3.0/5.0
Slides: 24
Provided by: Alt67
Category:

less

Transcript and Presenter's Notes

Title: Sin ttulo de diapositiva


1
vive
o Entroido
2
AS EIROÁS (Ourense)
As Eiroás é un pequeno barrio situado na zona
Norte do perímetro urbán do concello de Ourense.
Conserva unha identidade rural, procedente da
idiosincrasia que posuía até hai poucos anos.
3
Cabe salientar o Pazo dAs Eiroás, reformado no
século XIII, o Castro do Val de Gola e un
xacemento Paleolítico, ademáis da Necrópole de
San Mamede (conxunto de tombas antropomorfas), no
monte comunal entre As Eiroás e Vilar de Astrés,
espazo este onde aínda se pode gozar das
distintas especies do bosque autóctono galego
(bon, o que deixou delas a vaga de lumes de hai 2
anos).
4
A mediados do século XX, un matrimonio entre 2
viúvos, deu orixe a unha festa, cando menos,
singular. Esta coincidiu co Entroido e pasou a
ser este núcleo un dos poucos lugares na cidade e
arredores nos que se celebraba a festa pagá que
antecede á Coaresma.
5
Como queira que fose, esta deixouse de celebrar
nos comezos da década dos 70 e no ano 1999,
desde a A VV, decídese resgatar a memoria daquela
celebración. Nos anos posteriores vanse engadindo
contidos a esta festa, entre os que destaca a
creación dunha máscada que nacía coa intención de
ser un dos símbolos do futuro barrio dAs Eiroás.
6
Querémosche achegar o programa da festa para este
ano 2008, ano no que chegamos á 10ª edición, e
convidarte a participar da mesma. Se decides
vir, será unha grande ledícia para nós. Se non,
estés onde estés... VIVE O ENTROIDO!!! que é o
mellor xeito de gozar da festa. Nós agardarémoste
nas vindeiras edicións.
7
Domingo Fareleiro
20 de xaneiro.- 12 h (máis ou menos).- Colga do
Meco 17 h (máis ou menos).- Guerra fareleira,
amenizada pola Charanga CHUNDA-CHUNDA.
8
(No Transcript)
9
O farelo
anuncia a chegada do Entroido
10
(No Transcript)
11
Domingo Oleiro
27 de xaneiro.- 17 h (máis ou menos).- O xogo
das olas, amenizado pola Charanga CHUNDA-CHUNDA.
As Pitas serán as encargadas de levar as olas á
praza dAs Eiroás. Na xornada previa haberá un
Obradoiro de decoración de olas, dirixido
nomeadamente ás/aos máis cativas/os.
12
As Pitas saen por primeira vez este domingo.
son as encargadas de levar as olas á praza
13
O xogo das olas deixa a praza chea de anacos de
barro
As/Os máis pequenas/os substitúen as olas de
barro por globos de auga
14
oliñas veñen...
...e van
15
(No Transcript)
16
Martes de Entroido
5 de febreiro.- 12 h.- Folión do Entroido.
Pitas, gaiteiras/os e máscaras percorrerán o
barrio anunciando a chegada do día grande. 13
h.- Voda da Pita. 14 h.- Xantar (neste ano,
cadaquén trae o seu) 17 h.- Baile de máscaras,
amenizado pola Grande Orquestra NEVADA 21 h.
(máis ou menos).- Queima do Meco.
17
O Folión do Martes
da a benvida ao día grande
18
A Voda da Pita é unha representación teatral por
conta das/os veciñas/os do que puido ser a
orixe da festa...
19
As forzas da orden que interrumpían a cotío a
festa nun tempo de autocracia, son
neutralizadas polas Pitas, novo símbolo dun
futuro conxunto de traballo pola comunidade desde
a festa popular do Entroido.
20
Hala! Parella casada. Xa pode comezar a música
21
Baile de Máscaras
22
Queima do Meco
Adeus Martes do Entroido, adeus, meu
amiguiño até Domingo de Páscoa non comeremos
máis touciño.
23
Fotografías amig_at_s da Pita Ricardo
Rodríguez Rosa Veiga
Write a Comment
User Comments (0)
About PowerShow.com