Title: Presentacin de PowerPoint
1Plan de Formación 2009PAS Universidade de Vigo
Vigo, 28 de novembro de 2008
2Índice
- Obxectivos do Plan de Formación
- Estrutura do Plan
- Áreas de actuación formativa perfil da audiencia
- Oferta formativa
- Habilidades de Relación
- Seguridade e PRL
- Calidade
- Idiomas
- Informática de usuario
- Coñecementos Técnicos
- Operativa de xestión
31 Obxectivos do Plan de Formación
- O principal obxectivo do Plan de Formación do PAS
da Universidade de Vigo, é promover a mellora
continua na calidade dos servizos e na xestión no
ámbito universitario, facilitando o
desenvolvemento profesional e persoal de todos os
traballadores. Para acadar este obxectivo, é
preciso por en práctica as ferramentas necesarias
para que o coñecemento se identifique, adquira,
comparta, transmita, aplique e manteña. - Deste obxectivo principal, derívanse os seguintes
obxectivos específicos - Fomentar a actualización e innovación
tecnolóxica. - Ofertar instrumentos que faciliten a adecuación
das persoas ós postos de traballo, e posibiliten
a súa promoción e carreira administrativa. - Dotar ós traballadores das habilidades
necesarias para o desenvolvemento das funcións
encomendadas e para o seu crecemento persoal e
profesional. - Potenciar a cultura corporativa a través da
comunicación e a integración.
42 Estrutura do plan
52 Estrutura do plan
- O desenvolvemento do posto de traballo require a
posta en práctica dunha serie de coñecementos
técnicos, habilidades de relación e experiencia.
Os dous primeiros aspectos adquírense e
desenvólvense coa formación. - O Plan de Formación constitúese como a ferramenta
que permite organizar, priorizar e impartir a
formación necesaria para un desenvolvemento
óptimo no posto e para o desenvolvemento
profesional das persoas que o desempeñan. Non
pretende substituír á experiencia, pero si
facilitar a adquisición e mellora de coñecementos
técnicos e formar ás persoas en habilidades de
relación interpersoais. - O Plan Formativo para o PAS da Universidade de
Vigo, ten como misión fundamental a de propoñer e
facilitar o acceso a todas aquelas iniciativas
formativas que redunden nunha mellora no servizo
ofrecido en cada un dos postos de traballo deste
colectivo. Todo posto ten clientes internos e
externos. O obxectivo é coñecer e anticiparnos ás
súas necesidades e ofrecer un servizo cun alto
nivel de productividade, calidade e eficacia. - 2.1 O Plan organízase en 6 áreas de actuación
formativa propia. - Coñecementos técnicos derivados do contido
funcional do posto e que se relacionan coa
capacidade de facer. Defínense 11 áreas de
coñecemento. - Seguridade e PRL programas formativos, de
comunicación e información, para garantir a saúde
e seguridade dos traballadores da UV. - Calidade programas formativos encamiñados a
asegurar o cumprimento dos requisitos normativos
e legais aplicables ás actividades que se
desenvolven na UV. - Informática a tecnoloxía é o soporte de toda a
actividade da Universidade e a súa implantación e
desenvolvemento é un dos seus obxectivos
estratéxicos, plasmados na necesidade de que todo
o persoal teña un coñecemento avanzado nas
ferramentas tecnolóxicas relacionadas co seu
posto de traballo. - Idiomas nun mundo global a comunicación é
fundamental. Un obxectivo estratéxico da
Universidade é a de facilitar oportunidades para
a adquisición, mellora e perfeccionamento dos
idiomas nos que se desenvolve a súa actividade. - Habilidades e cualidades profesionais necesarias
para desenvolver o posto de traballo.
Ver detalle en Oferta Formativa
62 Estrutura do plan
- 2.2 O Plan prevé e facilita o acceso á formación
externa e non programada pola UV, establecendo
catro vías de acceso. - Estancias noutras Universidades para xerar unha
cultura de mobilidade nacional e internacional do
persoal da UV, que permita o acceso a novos
coñecementos e experiencias. Permite ademais
xerar na UV unha rede de relacións e intercambios
con outras Universidades. Previa petición do
persoal interesado, a UV realizaría a xestión e
trámites pertinentes. - Formación a demanda dentro e fóra da UV para
facilitar o acceso do persoal á formación de
interese non recollida na oferta formativa da
Universidade. Previa petición do persoal
interesado, a UV realizaría a xestión e trámites
pertinentes para a organización e impartición. - Actuacións puntuais organizadas pola UV e cuxo
contido responderá a temas de interese xeral. - Programas formativos derivados do Plan
Estratéxico de Xestión dirixidos ao colectivo
responsable do desenvolvemento das liñas
estratéxicas. - Subvencións para Formación Específica Individual
para a asistencia a actividades organizadas por
entidades públicas ou privadas e que a
Universidade non poida ofertar por non ser
economicamente viable ou por requirir técnicas
especializadas e cuxa finalidade sexa o
aprendizaxe de cuestións relativas coa área de
traballo do persoal interesado. - 2.3 O Plan prevé e facilita a formación
presencial e virtual especialmente para os
coñecementos ofimáticos - Formación Presencial realizada en aula.
- Formación on line realizada con sistemas
tecnolóxicos baseados en titoriais interactivos.
6
73 Áreas de actuación formativa perfil da
audiencia
- Cada área de actuación formativa (coñecementos
técnicos, seguridade e PRL, calidade,
informática, idiomas e habilidades de relación)
defínese para un público obxectivo concreto, é o
denominado perfil da audiencia. Para a súa
definición seguíronse os seguintes criterios - Non diferenciar PAS funcionario e laboral, xa que
ambos colectivos teñen unha misión común de
servizo á Universidade, polo que se lles
identifica como un único grupo. Agora ben, as
súas necesidades específicas de formación,
derivadas do tipo de funcións que realizan,
quedan recollidas dentro das áreas de actuación
formativa definidas. - Ofertar a todo o persoal unha serie de propostas
formativas comúns, aliñadas cos obxectivos
estratéxicos e que representen unha ferramenta de
cultura e modo de facer específico da UV. - Identificar colectivos que compartan os
coñecementos técnicos requiridos polo posto. Esta
oferta formativa trata de dar resposta a
necesidades compartidas por un número amplo de
persoal da UV. As necesidades individuais ou de
colectivos de menor número, canalízanse a través
da vía de actuacións a demanda e de actuacións
para formación individual.
83 Áreas de actuación formativa perfil da
audiencia
Sen prexuízo da súa maior concreción nas
convocatorias que de cada programa formativo se
realicen, pasamos a sinalar o perfil principal e
o perfil secundario da audiencia. Agrupando, por
unha banda, as correspondentes a coñecementos
técnicos, e por outra, as correspondentes a
actuacións transversais.
8
93 Áreas de actuación formativa perfil da
audiencia
- 3.1 Perfil da audiencia en Coñecementos Técnicos
9
103 Áreas de actuación formativa perfil da
audiencia
- 3.2 Perfil da audiencia en Actuacións
Transversais
10
114 Oferta formativa
- A continuación preséntase a oferta formativa para
o ano 2009 partindo da análise das necesidades
detectadas no colectivo PAS da Universidade de
Vigo.
124.1 Oferta formativa Coñecementos
técnicos4.1.1 Área académica
134.1 Oferta formativa Coñecementos técnicos
4.1.2 Área Biblioteca
144.1 Oferta formativa Coñecementos
técnicos4.1.3 Área Económica
154.1 Oferta formativa Coñecementos
técnicos4.1.4 Área Laboratorios
15
164.1 Oferta formativa Coñecementos
técnicos4.1.5 Área Mantemento
16
174.1 Oferta formativa Coñecementos
técnicos4.1.6 Área Xestión da Investigación
17
184.1 Oferta formativa Coñecementos
técnicos4.1.7 Área Xestión de Persoal
18
194.1 Oferta formativa Coñecementos
técnicos4.1.8 Área Xurídico-Procedimental
19
204.1 Oferta formativa Coñecementos
técnicos4.1.9 Área Tecnoloxías da Información
214.1 Oferta formativa Coñecementos técnicos
- ADECUACIÓN PROFESIONAL
- Acollida e información para o persoal de
novo ingreso ou reingreso e para o
persoal que cambia de escala e/ou área
funcional. - Programas formativos necesarios para a
adaptación dos traballadores e traballadoras
aos seus postos de traballo, motivados pola
implantación de novos métodos na xestión ou por
cambios na lexislación.
- 4.6.7. PROMOCIÓN PROFESIONAL
- Realización de programas formativos que sirvan
como formación profesional e como renovación dos
coñecementos nas distintas escalas de Persoal da
UVIGO.
21
224.2 Oferta formativa Transversal4.2.1 Calidade
22
234.2 Oferta formativa Transversal4.2.2
Informática
244.2 Oferta formativa Transversal4.2.3 Idiomas
254.2 Oferta formativa Transversal4.2.4
Habilidades de Relación
264.2 Oferta formativa Transversal 4.2.5
Seguridade e Prevención de Riscos Laborais
26
275 Operativa de xestión
- O primeiro ano de posta en marcha enténdese como
unha experiencia piloto (ano 0), a partir da cal
realizaranse melloras en canto aos
procedementos,ferramentas de soporte, equipo,
orzamento e todos aqueles elementos que incidan
no normal desenvolvemento do servizo ofrecido. - 5.1. Solicitudes
- O prazo de presentación de solicitudes e os
requisitos para participar en cada un dos
programas formativos ofertados, establecerase na
súa respectiva convocatoria. A presentación da
solicitude supón, por parte do solicitante, a
aceptación dos termos da convocatoria e o
compromiso de asistencia, excepto que houbera
causas debidamente xustificadas. - A realización dos programas formativos, en
xeral, é de carácter voluntario, excepto os
relacionados coa Adaptación Profesional que serán
obrigatorios. - 5.2. Selección dos participantes
- De entre os programas que se soliciten, o
traballador terá dereito a facer como mínimo dous
por ano, sempre que houbera vacante. A
realización dependerá das necesidades do servizo. - Procurarase que os grupos queden organizados con
un nivel semellante no coñecemento previo sobre a
materia que se imparta, a fin de conseguir un
maior aproveitamento por parte dos interesados. - Os solicitantes que por calquera causa non
puideran asistir, deberán comunicalo con unha
antelación mínima de dous días antes do inicio, a
efectos de seleccionar a outro participante. O
incumprimento deste requisito suporá a exclusión,
por un período de seis meses, de calquera outro
programa de carácter voluntario que solicite.
285 Operativa de xestión
- 5.3. Horarios
- O horario dependerá das características do
programa formativo e das necesidades do servizo. - No caso de que os cursos se realicen en xornada
de mañá, intentarase que sexa a primeira hora (de
800 a 1000 a.m.) ou a última hora (de 1300 a
1500 p.m.) para minimizar o impacto no servizo. - Os programas de Adecuación Profesional, de
carácter obrigatorio, realizaranse en xornada
laboral. - 5.4. Certificados
- A realización de cada curso leva asociado a
obtención do Certificado de Asistencia, ou no seu
caso, o de Aptitude. - O Certificado de Aptitude darase trala
superación dunha proba específica sobre o contido
do programa. Este certificado será excluínte do
de asistencia. - Como regra xeral establécese que non poderán
obter ningún tipo de certificado nin diploma quen
acumule faltas de asistencia por tempo superior ó
20 do total de horas lectivas, aínda que foran
xustificadas. A xustificación das mesmas, servirá
a efectos da non exclusión do solicitante en
programas posteriores.
295 Operativa de xestión
- 5.5. Avaliación
- A avaliación dos resultados de cada un dos
programas formativos, completarase coa
información recollida nos cuestionarios que se
entregarán ós asistentes ó remate. Asemade
pedirase ós docentes que cumprimenten un
cuestionario que permita unha mellor valoración
do programa formativo e da consecución dos seus
obxectivos.