Title: Reciclaxe vidro
1SABÍAS QUE
2Reciclaxe vidro
Sabías que ao reciclar unha botella de vidro, se
aforra a enerxía necesaria para manter acendida
unha lámpada de 100 watts durante 4 horas, ou
unha lámpada de 40 watts durante 9 horas??
Reciclando aforramos o 32 da enerxía que se
require para facer vidro novo. Por cada 3000
botellas recicladas evitamos consumir máis de
unha tonelada de materias primas.
3Reciclaxe de papel e cartón
Se reciclamos o papel coidamos os nosos bosques
evitando talar as árbores. Así por cada tonelada
de papel que se recicla, sálvanse 15 árbores.
Cada día córtanse no mundo preto de dous millóns
e medio de árbores para facer papel.
Se ao longo dun ano reciclamos o xornal de cada
día, evitamos a corta dunha árbore. Ademais
aforramos moitos recursos naturais como a
enerxía, a auga, a madeira...
4Reciclaxe de latas de ferro e aluminio
O aluminio tamén o podemos reciclar. Por cada
lata de aluminio que reciclemos afórrase enerxía
suficiente como para facer funcionar un televisor
tres horas e media.
A partir das latas de aluminio recicladas pódense
fabricar outros embalaxes, pezas para motores,
bicicletas ou lavadoras. Do ferro reciclado
pódense obter carrocerías, tubos de escape,
bombonas de gas, estantes e, por suposto, novas
latas.
5Reciclaxe de latas de ferro e aluminio
A reciclaxe de 1 tonelada de envases férricos
permite aforrar unha tonelada e media de ferro e
media tonelada de carbón. Así mesmo permite
aforrar entre un 60-70 de enerxía e un 30-40 de
auga.
As latas poden tardar máis de dez anos en
descompoñerse por efecto da natureza. Pola
contra, un bote de aluminio pode tardar varios
séculos.
6Reciclaxe de envases de plástico
Cos envases de plástico pódense fabricar forros
polares, tubaxes, mobiliario urbano, moquetas,
solas de calzado, mangueiras, contedores
e co reciclaxe dos bricks producir papel de
embalar ou bolsas, sacos Un brick pode tardar
varias décadas en descomporse por efecto da
natureza.
7Reciclaxe de envases de plástico
Desde o ano 1998 recuperáronse 4 millóns de
toneladas de envases. Con esta cantidade
poderiamos encher 300 estadios de fútbol como o
Santiago Bernabeu.
8Transporte
Sabías que o transporte en autobús require 15
veces menos enerxía ca un coche particular???
O autobús emite a atmosfera menos óxidos de
nitróxeno e menos hidrocarburos sen queimar,
monóxido de carbono e dióxido de carbono que o
transporte en coche.
9Pilas
O mercurio contido nunca pila de botón é capaz de
contaminar unha hectárea de solo e uns 500.000
litros de auga.