ALCUMES DA NOSA ZONA - PowerPoint PPT Presentation

About This Presentation
Title:

ALCUMES DA NOSA ZONA

Description:

ALCUMES DA NOSA ZONA – PowerPoint PPT presentation

Number of Views:54
Avg rating:3.0/5.0
Slides: 11
Provided by: Mari6407
Category:
Tags: alcumes | nosa | zona | risca

less

Transcript and Presenter's Notes

Title: ALCUMES DA NOSA ZONA


1
ALCUMES DA NOSA ZONA
2
TEMA OS ALCUMES
  •  
  • ÍNDICE
  • INTRODUCCIÓN.
  •  
  • ORIXE DOS ALCUMES.
  •  
  • ALCUMES HABITUAIS DA ZONA DE
    BERGANTIÑOS.
  •  
  • OPINIÓN PERSOAL DO GRUPO SOBRE O
    TRABALLO.
  •  
  • FONTES UTILIZADAS
  •  
  •  
  • 1.- INTRODUCCIÓN
  •  
  • O SEGUINTE TRABALLO TEN COMO OBXECTIVO
    COMPRENDER A ORIXE E IMPORTANCIA DOS ALCUMES NA
    ZONA DE BERGANTIÑOS, AINDA QUE ESTE SOBRENOME É
    COMÚN EN TODA GALICIA.
  • OS ALUMNOS DE SEXTO DO COLEXIO A CRISTINA DE
    CARBALLO, SAÍMOS Á RÚA COA INTENCIÓN DE
    INVESTIGAR.
  • CADA UN DE NÓS PREGUNTABA, CADERNO EN MAN PARA
    TOMAR NOTAS, A AMIGOS, VECIÑOS, AVÓS, PAISE
    DÉMONOS CONTA A GRANDE CANTIDADE DE APODOS QUE
    ÍAN SAÍNDO, TAMÉN OBSEVAMOS COMO A XENTE MAIOR
    ERA A QUE MAIS SABÍA, PORQUE NA SÚA MOCIDADE,
    DICÍAN QUE ERA MOI RARO QUE HOUBESE ALGUNHA
    FAMILIA QUE NON FOSE COÑECIDA POR UN ALCUME.
  • NESTE TRABALLO AMOSARÉMOSLLE ALGÚNS DELES.
  •  
  •  
  •  
  •  

3
Alcumes
  •  
  • 2.- ORIXE
  •  
  • O ALCUME VEN SER UN SOBRENOME CO QUE SE COÑECE UN
    INDIVIDUO OU FAMILIA. É UN FENÓMENO SOCIAL DE
    CASE TODAS AS CULTURAS DO MUNDO E DENDE A
    ANTIGUEDADE CASE NINGUÉN SE LIBRABA DO SEU PROPIO
    APODO.
  • NON SE PODEN ESTABLECER NORMAS OU TEORÍAS EXACTAS
    SOBRE A ORIXE DOS ALCUMES, PERO ALGUNHAS DELAS
    PODEN SER
  • POR RAZÓN DE OFICIO, PROFESIÓN(O ZAPATEIRO, A
    COSTUREIRA ETC).
  • POR CARACTERES FÍSICOS (O CHOSCO, A COXA, O
    MANCO ETC)
  • POR VICIOS OU DEFECTOS NA FALA (O TATEXO, O
    BORRACHÍN ETC).
  • POR RAZÓN DO LUGAR DE PROCEDENCIA ( O ALEMÁN, O
    CATALÁN ETC).
  • POR REITERARSE MOITO NA REPETICIÓN DE ALGO
  •  
  • A ACEPTACIÓN DO ALCUME É MOI DIVERSA, UNS
    ACÉPTANO PERFECTAMENTE, MENTRAS QUE OUTROS
    SÉNTENSE OFENDIDOS.
  •  
  •  
  •  
  •  
  • 3.-ALCUMES DA ZONA
  •  
  •  
  • 1.ALGARROBO Chamábanlle así a un home que era
    moi forte e cando pelexaba sempre gañaba e era
    moi parecido a un actor daquel tempo que facía a
    película de Curro Jimenez que se chamaba
    Algarrobo.
  •  
  • 2.A GATIÑEIRAO alcume puxéronllo a unha casa que
    foi a primeira que se fixo nunha aldea da
    parroquia en Muiño (Zás) que se chamaba o lugar
    da gatiñeira. Primeiro quedoulle o nome A casa
    da Gatiñeirae despois pasou as persoas da casa
    Antonio da Gatiñeira, Os da Gatiñeira é aínda
    que agora hai máis casas no mesmo lugar, só esa
    casa segue tendo ese alcume.
  •  
  • 3.ANTONIA DA RISCA Chamábanlle así a unha señora
    que riscaba moi ben a pandeireta e aproveitaba
    calquera ocasión para tocala e votar unhas
    cantigas.
  •  

4
Alcumes
  • 4.ARROVELLA Quedoulle este alcume a unha familia
    que o seu avó tiña un rabaño moi grande de
    ovellas e sempre andaba con ellas polas fincas e
    guiabaas dicindo Arre ovella e quedoulle este
    nome á familia desde hai uns 80 anos.
  •  
  • 5.CLARETES É o alcume que lle puxeron a un mozo
    que bebía moito pero sempre, viño clarete.
  •  
  • 6.CINTURIÑAS Chamábanlle así aos empleados dunha
    fábrica a súa xefa porque estaba moi gorda e
    sempre entraba na fábrica berrando
  •  
  • 7.MATACHÍN Chamábanlle así a un señor que se
    adicaba a matar os porcos de todos os veciños dos
    pobos cercanos.
  •  
  • 8.O AVÓ Chamábanlle así a un señor de Muiño
    (Zás) que tiña 98 anos era o home máis vello de
    todo o pobo e moi boa persoa. Tíñanlle este
    alcume cariñoso e tratábano como o avó de toda a
    parroquia.
  •  
  • 9.O FinisterreChamábanlle así a un mozo que
  • andaba na moto facendo sempre a mesma ruta para
  • ver a súa moza e quedoulle o nome do autobús que
  • antes facía a mesma ruta.
  •  

5
Alcumes
  •  
  • 10.O GaloQuedoulle este alcume a un home
  • dunha aldea que se chama Pudenza(Zas)que se
    levantaba sempre moi cedo e espertaba a todos os
    veciños.
  •  
  • 11.O RaposoQuedoulle este alcume a un home
  • que cazou o raposo no galiñeiro despois de levalo
  • vixiando seis noites seguidas.
  • 12.O TrancasChamanlle así a un home que ten
    as pernas moi longas,os pés moi abertos e unha
    rara forma de andar.
  •  
  • 13.PatacónChamábanlle así a un home que era
    moi baixo e quedoulle o nome de Patacón que era
    unha moeda antiga que tiña pouco valor
  • 14.A Perrachica Chamábanlle así a muller do
    Patacón que tamen era baixa e a Perra chica era
    unha moeda ainda mais pequena ca o Patacón.
  •  
  • 15.O Cerralleiro É un home que arregla potas
    e botalle o cú os caldeiros.
  • 16.Gorrión por ser moi pequeño.
  •  
  • 17.Barrigón por ter moita barriga.
  •  
  • 18.Valente por non ter medo a nada.
  • 19.O paxaro porque sempre andaba cantando.
  •  
  • 20.Alicates por ter as pernas moi longas.
  • 21.Cantarolopor ser gordo e pequeño.
  •  
  • 22.A do naris encarnadopor ter a nariz
  • colorada.

6
Alcumes
  •  
  • 26.O loritoporque falaba moito.
  •  
  • 27.Casa blancapor ter a casa de blanco.
  •  
  • 28.Casa deribapor estar a casa nun alto.
  •  
  • 29.O raposopor ser moi peludo.
  •  
  • 30.O xílgaropúxolle o alcume un avó ao seu
  • neto porque non tiña parado.
  •  
  • 31.O chorónporque sempre se queixaba.
  •  
  • 32.O xustoporque metía a todos en xuizos.
  •  
  • 33.A viuda de ONASISporque era viuva e
    estaba
  • sempre moi preparada.
  •  
  • 35.A cotareiraporque a zona onde estaba a súa
  • casa chamábase así.
  •  
  • 36.O feixeporque era un home bastante gordo.
  •  
  • 37.A Casa do Escudochamábanlle así a unha
  • casa que enriba da porta tiña un escudo.
  • 38.A Casa do Cruceirochámanlle a unha casa
    porque alí había un cruceiro.
  •  
  • 39.O largochámanlle así a un señor que era
    moi alto.
  •  
  • 40.A casa do mutiladochámanlle así a unha
    casa que nela vivía un señor que fora a guerra e
    lle faltaban as dúas pernas.
  •  

7
Alcumes
  • 41.A paroleirachámanlle así a unha señora que
    falaba moito.
  •  
  • 42.A casa da trencachámanlle así a unha casa
    na que vivía unha señora que ten as pernas
    torcidas.
  •  
  • 43.A Cascarillachámanlle así a un señor que
    traballaba coa madeira.
  •  
  • 44.A Petilachámanlle así a unha señora que
    fumaba moito.
  •  
  • 45.Pipiporque lle quedou de nena.
  • 46.Nanainaporque non falaba ben.
  •  
  • 47.Araña blancaporque era moi mala.
  • 48.A casa do cereirochámanlle así porque
    facían velas de cera.
  • 49.Calzacarroschámanlle así porque lle poñía
    pedras nas rodas dos carros aos veciños para
    gastarlle bromas.
  •  
  • 50.Martes de entroido chámanlle así porque o
    señor era moi feo.
  •  
  • 51.Pepe da mexa porque mexou moito tempo por
    él,case ata que foi mozo.
  • 52.Pipasporque fumaba en pipa e tíñaa na
    boca ainda que non estuvera encendida.
  • 53.Guerrilleiroporque sempre se metía en
    líos.
  •  
  • 54.Divina pesetaporque cando era pequena era
    moi rubiña e feitiña.
  •  

8
Alcumes
  • 55.Casa do pombeiroA casa estaba nunha
    pedreira,onde ivan as pombas.
  •  
  • 56.O pinEra un home cazador,cando disparaba
    dicíaPin Pin e quedoulle ese nome.
  •  
  • 57.A casa de lañaresEra unha casa que sempre
    tivo moita madeira.
  •  
  • 58.O bellotasUn home que vive nun lugar no
    que hai moitos carballos,e él apañaba moitas
    bellotas.
  •  
  • 59.A casa dos capadoresEran 4 irmáns e eran
    todos capadores.
  •  
  • 60.Mil mañasEran un home que intentaba
    aranxar de todo.
  •  
  • 61.O periódicoEnterábase de todo o que
    pasaba.
  •  
  • 62.Os do jorcheteiroPorque vendían ou
    fabricaban jorchetes.
  •  
  • 63.Os da chiraPorque tiñan galiñas,e cando
    as chamaban para darlle de comer decíanlle
    chiras,chiras.
  •  
  • 64.O zamarrasPorque sempre levaba uns
    abrigos moi quentes aos que se lle chaman
    zamarras.
  •  
  • 65.A casa dos do carballoPorque tiña dous
    carballos moi vellos.
  • 66.A casa grandePorque era a máis grande das
    Salgueiras.
  •  

9
Alcumes
  • 67 .A casa dos esclavosPorque
    antiguamente exclavizaban os obreiros.
  •  
  • 68 .A casa do cruceiroChamabanlle asi porque
    ten un cruceiro no medio da leira.
  •  
  • 69 .A casa do AmericanoChamabanlle asi
    porque foi o primeiro da Salgueiras que foi a
    América.
  • 70
  •  
  •  
  • 4.-OPINIÓN PERSOAL
  •  
  •   Nós,os alumnos de 6º fixemos un traballo
    sobre os alcumes das diferentes zonas de
    Bergantiños.
  • Pareceunos un traballo moi
    interesante,entretido e enriquecedor.
  •  
  • Tivemos que sair a rúa e para elaboralo
    preguntamoslle aos nosos avós,veciños,amigos
    etc...
  •  
  • Os veciños e sobre todo os avós eran os que
    máis sabían.Cando empezaban a dicir
    nomes,primeiro
  • escoitábamos con moita atencion e interés e logo
    comezabamos a escribir o que nos dicían.
  •  
  • Todos eles estaban encantados de que lle
    preguntásemos sobre os alcumes que poñían,e a nós
    tamén nos interesaba o que eles dicían.
  •  
  • Con este traballo non só aprendemos,senón
    que tamén nos divertimos.
  •  
  •  

10
Alcumes
  •  
  • 5.-FONTES UTILIZADAS
  •  
  •  
  •  
  • As fontes utilizadas foron especialmente orais.
  • Avós, bisavós, veciños, amigos de meus avós...
  •  
  • ALUMNOS DE 6º
  •  
Write a Comment
User Comments (0)
About PowerShow.com