As mulleres na ciencia - PowerPoint PPT Presentation

1 / 60
About This Presentation
Title:

As mulleres na ciencia

Description:

As mulleres desenvolveron m ltiples estratexias para acceder actividade ... experimentos para investigar os electr ns que atravesaban l minas de espesor uniforme ... – PowerPoint PPT presentation

Number of Views:83
Avg rating:3.0/5.0
Slides: 61
Provided by: pp697
Category:

less

Transcript and Presenter's Notes

Title: As mulleres na ciencia


1
As mulleres na ciencia
  • UNHA HISTORIA DE ATRANCOS, REPRENSIÓN, REPRESIÓN,
    EXCLUSIÓN, DESCONSIDERACIÓN, INVISIBILIDADE,
    DESAUTORIZACIÓN, MAIS...

2
Nunca de pasivo victimismo
  • As mulleres desenvolveron múltiples estratexias
    para acceder á actividade científico-técnica,
    mais... cómo buscar as súas contribucións

3
As que accederon á ciencia oficial mulleres
invisibles
  • Escribiron baixo seudónimo, non escribiron ou
    sobreviviron camuflándose
  • Se acadaron recoñecemeno oficial, foron
    desautorizadas pola historia posterior
  • Non puideron incorporarse ás institucións
  • As súas obras foron plaxiadas ou usurpadas por
    científicos varóns

4
As que traballaron fóra da ciencia oficial
anónimas
  • As súas contribucións non se recoñecen
  • Moitas foron acusadas de bruxería queimadas ou
    duramente castigadas menciñeiras, alquimistas
  • Non escribiron
  • Os seus coñecementos transmitíanse oralmente

5
Máis problemas da investigación
  • A historia das mulleres na ciencia non se pode
    construír cos mesmos parámetros cos que se
    caracterizan os períodos históricos
  • A Idade Media, o Renacemento, a Ilustración, o
    século XIX e a institucionalización da ciencia
    cuantitativa ...., non significaron o mesmo para
    os homes que para as mulleres

6
A necesidade de buscar unha xenealoxía feminina
  • Un claro exemplo
  • Houbo moitas alquimistas pero como localizalas
    se a propia alquimia é un paradigma
    desprestixiado?
  • Tampoco se trata de facer a historia das figuras
    heroicas porque este enfoque deixa as mulleres
    sen tradición, xa que unicamente hai excepcións

7
As metodoloxías, outro problema
  • As correntes positivistas deíxannos sen pasado
  • A historia das ideas ou a das comunidades
    científicas non serve porque as mulleres foron
    excluídas das institucións ata o século XX

8
Ademais...
  • É preciso ter en conta
  • O acceso das mulleres á educación
  • A opinión da sociedade e da ciencia sobre as
    mulleres e o significado de ser muller, que ten
    variado amplamente ó longo da historia a muller
    luxuriosa e insaciable, o anxo do fogar, a muller
    submisa e pasiva, a superwoman....

9
A interpretación dos textos
  • Non se deben ler á luz dos coñecementos actuais
  • Tampouco cabe dicir, unicamente, que erraban nas
    súas conclusións
  • Que eran loucas, extravagantes ou histéricas
  • Que, talvez, elas non escribiron os textos

10
Onde podemos investigar?
  • Na ciencia oficial é ben difícil pero...
  • Podemos facelo nos saberes excluídos da ciencia
    oficial
  • No ámbito do traballo doméstico e artesanal
    agricultura, cerámica, alimentación, téxtil,
    medicina, botica...
  • Mais, cando estes coñecementos pasan á industria,
    as aportacións das mulleres ocúltanse

11
A situación actual
  • Gran número de mulleres no ensino, nas
    universidades, nos grupos de investigación
    pero... non ocupamos postos relevantes e non
    estamos presentes nas porcentaxes debidas nos
    ámbitos de decisión, avaliación e asignación de
    recursos da actividade científico-técnica

12
Informe ETAN 2000 da UE
  • Alerta sobre a escaseza de mulleres en postos
    relevantes da ciencia e da investigación
  • Tenta establecer as causas desta situación
  • Desvela casos flagrantes de diferente valoración
    dos traballos científicos de homes e de mulleres

13
Algúns datos do informe ETAN
  • Porcentaxe de investigadoras en Europa 23
  • Profesoras titulares de universidade 14
  • Catedráticas 5

14
Representación na Asemblea Europea de Ciencia e
Tecnoloxía
15
Las científicas y su historia en el aula.
  • Autoras
  • Mari Álvarez-Lires Univ. Vigo
  • Teresa Nuño Angós- UPV
  • Núria Solsona Pairó- Grupo ICE U.A.Barcelona
  • Editorial Síntesis, Madrid, 2003

16
Baseado nos Estudos de Xénero
  • Resultado de experiencias e investigacións en
  • Grupos de traballo e equipos de investig.
  • Cursos institucionais profesorado e responsables
    de educaciòn de todos os niveis, mestrados,
    postgraos, doutoramento
  • Práctica cotiá nas aulas

17
Qué ofrece de novidade?
  • Datos e textos do século XX (case todos os libros
    sobre o tema rematan no s, XIX)
  • Introduce actividades en todos os capítulos para
    traballar nas aulas
  • Son materiais abertos para que cada docente os
    utilice onde considere oportuno

18
Contidos do libro por capítulos
  • 1. A coeducación nas ciencias experimentais
  • 2. Pioneiras na construcción do coñecemento
    filósofas, boticarias, médicas e bruxas,
    alquimistas, artesanas, naturalistas

19
Contidos do libro por capítulos
  • 3. O papel das mulleres na construcción da
    ciencia moderna físicas, químicas, filósofas,
    naturalistas
  • 4. O século XX pioneiras en ciencia nuclear
  • Curie
  • Cadro do resto de pioneiras
  • Cadro de descubrimentos

20
Contidos do libro por capítulos
  • 5. Científicas Premios Nobel de Física e Química
    (ademais de M. Sklodowska Curie
  • Mulleres merecentes do Nobel que non o recibiron

21
Contidos do libro por capítulos
  • 6. Biólogas e xeólogas do século XX
  • Científicas Premios Nobel de Físioloxía e
    Medicina
  • Bibliografía

22
Pioneiras na construcción do coñecemento
  • Desde a Antigüidade á Idade Media
  • Filósofas nas escolas gregas
  • Alquimistas
  • Médicas
  • Boticarias
  • Escolas artesanais

23
As filósofas (s. VII e VIII a. d. e.)
  • Sabedoría ligada á relixión e á mitoloxía
  • Escolas filosóficas comunidades
    político-relixiosas
  • As fillas de familias pertencentes a elas
  • Educadas nun ambiente culto e brillante

24
A escola pitagórica
  • A paideia mellora dos seres humanos a través da
    percepción dos sentidos, observando formas
    bellas, escoitando boas melodías e estudiando
    matemáticas
  • A muller debía ser intelixente e culta para
    desenvolver mellor o seu papel de esposa e nai

25
As pitagóricas
  • Teano, fillas e condiscípulas (Pitágoras)
  • Perictione (nai de Platón)
  • Phyntis
  • Melissa
  • Mya (filla de Pitágoras)
  • Aseara de Lucania
  • Consérvanse textos de todas elas pero tamén se
    sabe de dezasete máis cos seus nomes

26
Escola cínica e Xardín epicúreo
  • Hiparquia Temista e Leontio

27
Hipatia de Alexandría (370-415)
  • Explicaba filosofía e matemática publicamente
  • Fixo escola de homes e de mulleres
  • Autoridade indicutible no seu tempo
  • Lapidada e descuartizada por unha multitude
    cristiana fanática alentada polo bispo Cirilo no
    seo dun conflicto entre este e o poder civil
  • Desde o século XIX ata hai 20 anos desapareceu da
    historia da ciencia

28
Mulleres e ciencia na I. Media
  • A partir do século XI, conxunción do cristianismo
    coa filosofía grega que produce o florecemento
    das escolas monacais e e catedralicias
  • Os avances tecnolóxicos comezan a poñer en dúbida
    a desconsideración do traballo manual
  • Os conventos son un refuxio de acceso á cultura
    para as mulleres de clase alta

29
As abadesas Hildegarda
  • Hildegarda de Bingen (1098-1179)
  • Respectada, admirada e consultada por príncipes e
    papas
  • Viaxou predicando (transgresión)
  • Escritura mística-visións estratexia de
    autoridade?
  • Obras de medicina con atención especial ás
    enfermidades das mulleres

30
Hildegarda
  • Obras de historia natural segundo o paradigma
    hermetista da alquimia e da observación dos
    mixtos
  • Visión do universo
  • Preparación de remedios e medicamentos

31
Médicas e boticarias
  • Mosteiros femininos como centro destas
    actividades
  • A escola salernitana Trótula (século XI)
  • Passionibus Mulierum Curandorum, Trotula Maior,
    Trotula Minor
  • Trotula Maior foi o libro mais copiado e
    transcrito daqueles tempos, pero a partir do
    século XIII se atribúe a autores masculinos

32
La sage femme ou a bruxa
  • As mulleres foron as primeiras médicas,
    parteiras, anatomistas da historia occidental as
    primeiras farmacólogas no estudio e uso de herbas
    medicinais
  • Médicas sen título por transmisión oral
  • A partir do século XIII créanse as Primeiras
    Escolas de Medicina e o conflicto está servido

33
A caza de bruxas
  • As Igrexas, as Universidades, o poder real, crean
    un conflicto de autoridade polo control da
    medicina
  • Nas universidades, vedadas ás mulleres, non se
    ensinaban saberes experimentais
  • Prohíbese ás mulleres o exercicio da medicina
  • Comeza a caza de bruxas ( acusadas de posuír unha
    sexualidade feminina, poderes máxicos, de estar
    organizadas e de ter a ousadía de curar)

34
A tradición alquimista
  • Buscaba a perfección material e a salvación
    espiritual
  • María a Hebrea (s. I e II)
  • Alambiques, aparellos de destilación, fornos de
    fundición para metais...
  • O balneum Mariae, o tribikos, o kerotakis
  • Só se conservan fragmentos das súas obras

35
María a Hebrea
  • Sentou moitas das bases da alquimia helenística
  • Amplamente citada por autores da tradición árabe
    e europea
  • Ponse en dúbida a súa existencia!
  • DESAUTORIZACIÓN, UNHA VEZ MÁIS

36
Marie Meurdrac
  • Escribe La Chymie charitable et facile en
    faveur des dames (1666)
  • Un dos doce tratados de química escritos no XVII
    desde a tradición alquímica
  • Receitas medicinais, principios, aparellos e
    técnicas de laboratorio, táboas de pesos...
    Traducida ó italiano e amplamente difundida
  • Esquecida pola historia da ciencia

37
Maria Sybilla Merian (1647-1717)
  • Nacida en Francfort, filla dun artista e gravador
    famoso
  • Aprendeu pintura e gravado
  • Naturalista, trasladouse a Amsterdam despois de
    separar do seu marido
  • Ós 52 anos viaxou a Surinam (colonia holandesa)
    para observar a natureza

38
Maria Sybilla Merian (1647-1717)
  • Publicou diversas obras con gravados en cobre,
    describindo os ciclos de bolboretas,
    escarabellos, abellas, moscas... As metamorfoses
  • Moveuse entre o obradoiro doméstico e a academia
  • As súas obras foron amplamente citadas na
    entomoloxía do XVIII, publicándose dezanove
    edicións delas

39
A desautorización de Merian
  • Prodúcese no ano 1834, en forma dunha edición das
    súas obras realizada polo reverendo Guilding, que
    afirma que o libro está cheo de erros, que os
    debuxos son rudos e que Merian se deixara
    engaiolar por uns taimados negros.
  • Até datas ben recentes non se recuperou o seu
    traballo pero o seu nome non aparece

40
O papel das mulleres na nova ciencia dos
séculos XVII e XVIII
  • La querelle des femmes Cristine da Pizzano
    (século XV)
  • A ciencia moderna
  • A ciencia ilustrada e as mulleres
  • As Academias, os salóns
  • O acceso das mulleres á ciencia (a botánica e a
    divulgación)

41
Mulleres de ciencia do XVII e XVIII
  • As astrónomas E. Hevelius, C. Herschel
  • A vacina da variola Lady Mary Montagu
    (1689-1762)
  • Filósofas, físicas e matemáticas
  • Gabrielle Émilie du Breteuil, marquise du
    Châtelet (1706-1749)
  • Laura Bassi (1711-1778) Bologna

42
O SÉCULO XIX
  • O ANXO DO FOGAR
  • Mary Sommerville (1780-1872)
  • Ada Byron Lovelace (1815-1852)
  • Sofia Kovalevskaia (1850-1891)

43
O século XX pioneiras en ciencia nuclear
  • Factores que propiciaron o acceso femino
  • As loitas pola igualdade e o acceso á educación
  • Mantiveron contactos persoais e científicos
    (probados na correspondencia que mantiveron)
  • Contribuíron a darse e recoñecerse autoridade

44
Papel dos grandes personaxes
  • Propiciaron o acceso das mulleres
  • M. Curie (1867-1934) Rutherford (1871-1937)
  • Tiveron unha actitude tolerante ou paternalista
  • Thomson (1856-1940) ou Soddy (1877-1956)
  • Obstaculizaron o seu acceso e traballo
    Fischer(1852-1919) Planck (1858-1947), Otto Hahn
    (1879-1968)

45
Maria Göppert-Mayer (1906-1972)
  • Despois de Marie e Irène Curie...
  • Estudou matemáticas e física en Gottingen
  • Petenceu ó círculo intelectual de Fermi,
    Oppenheimer (director do proxecto da bomba
    atómica), Pauling e Teller (pai da bomba de
    hidróxeno)
  • Casou e trasladouse a EEUU por mor do traballo do
    seu home

46
Maria Göppert-Mayer (1906-1972)
  • Investigou a separación de isótopos do uranio e
    utilizou a teoría cuántica nas súas
    investigacións
  • Traballou nunha institución que contribuiu ó
    proxecto Manhattan pero parece que as súas
    contribucións non foron decisivas para a
    fabricación da bomba atómica

47
Maria Göppert-Mayer (1906-1972)
  • Traballou tamén no Laboratorio Nacional dp Dpto
    de Enerxía atómica de EEUU
  • Realizou investigacións sobre a utilización
    pacífica da enerxía nuclear
  • Desenvolveu un novo esquema de clasificación dos
    núcleos atómicos e das súas propiedades máis
    importantes

48
Máis sobre Göppert- Mayer
  • En 1936 recibiu o Premio Nobel de Física con Hans
    Jensen polo modelo de capas do núcleo atómico
  • En 1959 accedeu, por primeira vez, a un posto
    académico remunerado como profesora de física
  • A Sociedade Americana de Física instituiu un
    premio que leva o seu nome para premiar a
    mulleres relevantes no campo da Física

49
Lise Meitner (1878-1968)
  • Nacida en Viena, de orixe xudía
  • Conseguiu entrar na Univ. de Viena en 1901, dous
    anos despois da apertura desta ás mulleres, para
    estudiar física e matemáticas
  • En 1905 consigue doutorarse en Física (a segunda
    muller en Viena)

50
Lise Meitner
  • Despois de moitas penurias, de vencer as
    resistencias de Fischer que sentía aversión polas
    mulleres no laboratorio, obtivo unha praza de
    axudante de Planck na Universidade de Prusia
  • En 1918 foi nomeada codirectora con Otto Hahn dun
    Departamento do Instituto Kaise Wilhelm de Berlín

51
Lise Meitner
  • Traballa na sección de Física nuclear
  • En 1938 tivo que fuxir da Alemaña nazi e
    trasladouse a Suecia onde ensinou no Instituto
    Nobel de Estocolmo
  • Mantén correspondencia con Hahn e Strassmann
    sobre as investigacións do bombardeo de uranio
    con neutróns

52
Lise Meitner
  • Suxírelle ós seus colegas a interpretación do
    fenómeno que ela denominou fisión do uranio
  • En 1943 rexeita participar no proxecto Manhattan
    pois pensaba na utilización da fisión para fins
    pacíficos
  • En 1944, Otto Hahn recibe el Nobel de Química
    polo descubrimento da fisión nuclear nin unha
    soa mención a Lise Meitner

53
Lise Meitner
  • Despois de 1949 foi admitida en diversas
    sociedades científicas de prestixio
  • Recibiu premios e honores, pero...
  • Aínda que foi proposta dúas veces para o premio
    Nobel polas súas contribucións nunca chegou a
    conseguilo
  • Desautorización, apropiación, desconsideración....

54
Ida Tacke Noddack (1896-1979)
  • Alemana educada en Berlín. Estudou Enxeñería
    Química
  • Descubriron o elemento Renio
  • Postulou a fisión do Uranio pero nin Otto Hahn
    nin Lise Meitner tiveron en conta esta proposta
  • Investigou sobre os elementos transuránidos

55
Wu Chien-Shiung (1912-1997)
  • Nacida nunha familia chinesa de ideas
    progresistas, estudou na Universidade de Nanjing
  • En 1936 trasladouse a EEUU e investigou no
    laboratorio de radiación da universidade de
    California
  • Traballou no Proxecto Manhattan

56
Wu Chien-Shiung
  • Investigou sobre a desintegración ? dos núcleos
    radiactivos e deseñou experimentos para
    investigar os electróns que atravesaban láminas
    de espesor uniforme
  • Confirmou diversas teorías gracias ós seus
    experimentos

57
Wu Chien-Shiung
  • Lee e Yang recibiron o Premio Nobel de física
    polos seus traballos sobre o comportamento de
    partículas subatómicas, pero aínda que o deseño,
    realización e confirmación experimental destes se
    debeu a Wu, nunca recibiu o Nobel

58
Wu Chien-Shiung
  • Foi amplamente galardoada
  • Aplicou o seu traballo á medicina
  • Chegou a ser catedrática da Univ. de Columbia
  • Preocupouse do papel das mulleres nas ciencias e
    impartía conferencias animando ás mozas a
    estudiar carreiras científicas

59
Un camiño por andar
  • As organizacións científicas son masculinas por
    tradición
  • Unha muller soa é presa fácil
  • A muller activa e intelixente é unha ameaza

60
Así pois, precisamos
  • A recuperación da xenealoxía feminina
  • Constituír redes de mulleres
  • A solidariedade entre mulleres nas institucións e
    nos centros de traballo
Write a Comment
User Comments (0)
About PowerShow.com