Title: Diapositiva 1
1SOLEMNIDADE DE XESUCRISTO, REI DO UNIVERSO
Ciclo B
Todo o que está aberto á verdade, escoita a miña
voz
Xesús contestoulle Ti o dis Son Rei, para isto
nacín e para isto vin ao mundo para dar
testemuño da verdade.
Xn 18, 33-37
2O evanxeo preséntanos a Xesús ante o tribunal
de Pilato. Por dúas veces pregúntalle o
procurador se é o rei dos xudeus.
Xesús respóndelle con outra pregunta Dilo ti
pola túa conta ou dixéroncho outros de min?
3A pregunta de Xesús é importante para os
cristiáns porque delimita os campos e as
intencións.
Se o gobernador descubriu a realeza de Xesús
poderíase falar en termos de fe. Se, polo
contrario, pregunta movido polas denuncias, o
discurso sitúase no campo político.
4Por iso as palabras de Xesús clarifican a
cuestión
O meu Reino non é deste mundo
O imperio de entón e os gobernantes de agora non
teñen nada que temer de Xesús e do seu evanxeo,
sempre que respeten
- o ben e a xustiza,
- a paz e a dignidade humana.
5Á segunda pregunta, Xesús respóndelle abertamente.
Eu son rei. Para isto nacín e para isto vin
ao mundo, para der testemuño da verdade. Todo o
que está aberto a verdade escoita a miña voz.
6Testemuña da verdade
Xesús presentárase como
camiño, verdade e vida Era o mensaxeiro da
verdade sobre Deus
e sobre o ser humano. Daba testemuño dunha
verdade que nos antecede,
nos dignifica,
nos interpela cada día.
7Os que están abertos á verdade
Todos buscamos os que son semellantes a
nós. Como un grande imán, Xesús atraería as
miradas de todos cara a si.
Os que aman a verdade identifícanse con Xesús.
Escoitan a súa voz e ségueno.
8Señor Xesús, queremos escoitar a túa voz no medio
do rebumbio das voces deste mundo para que a túa
verdade nos faga vivir na paz e na xustiza do
teu Reino. Amén
9Autor José Román Flecha Libro Palabra do
Señor Editorial. Secret. Trinitario. Salamanca
2007