Diapositiva 1 - PowerPoint PPT Presentation

About This Presentation
Title:

Diapositiva 1

Description:

A migraci n das aves Zona de cr a Zona de invernada Rutas migratorias UNIDADE 5 Ciencias da Natureza 2. ESO Exemplos curiosos Un exemplo de como a cantidade de ... – PowerPoint PPT presentation

Number of Views:50
Avg rating:3.0/5.0
Slides: 11
Provided by: Beat255
Category:
Tags: aves | cria | diapositiva

less

Transcript and Presenter's Notes

Title: Diapositiva 1


1
UNIDADE5
Os ecosistemas
A MIGRACIÓN DAS AVES
Ciencias da Natureza 2.º ESO
2
UNIDADE5
A migración das aves
A migración das aves
  • A migración son as viaxes estacionais que
    realizan moitas especies de aves todos os anos ao
    longo de moitos quilómetros de distancia.
  • As migracións máis comúns son as que fan as aves
    na primavera e no outono. No outono viaxan desde
    as zonas de reprodución ou de cría no norte, ás
    zonas de invernada no sur, e ao contrario na
    primavera.

Área de cría
Migración no outono
Migración na primavera
Área de invernada
Ciencias da Natureza 2.º ESO
3
UNIDADE5
A migración das aves
A migración das aves
  • As grandes aves coma os gansos ou as rapaces
    adoitan migrar de día.
  • Con todo as aves de pequeno tamaño como os
    paporrubios, fano de noite.

Barnaclas voando en formación de V
Paporrubio
Ciencias da Natureza 2.º ESO
4
UNIDADE5
A migración das aves
A migración das aves
  • As aves que migran coñécense como aves
    migradoras, mentres as que permanecen sempre nun
    mesmo territorio chámanse aves sendentarias.

Pardal, exemplo de ave sedentaria
Gansos, exemplo de ave migratoria.
Ciencias da Natureza 2.º ESO
5
UNIDADE5
A migración das aves
Por que migran as aves?
  • As aves dependen da cantidade de alimento
    dispoñible para sobrevivir e criar os seus polos,
    de maneira que cando o alimento escasea, móvense
    cara a rexións onde sexa máis abundante.
  • Os cambios na cantidade de alimento dispoñible
    nas áreas onde habitan as aves están relacionados
    cos cambios de temperatura. Estes cambios
    prodúcense ao longo das diferentes estacións do
    ano en distintas rexións do mundo.

NORTE Abundancia de alimento no verán. Escaseza
de alimento no inverno.
Primavera
Outono
SUR Dispoñibilidade de alimento todo o ano.
Ciencias da Natureza 2.º ESO
6
UNIDADE5
A migración das aves
As rutas de migración das aves
  • As aves migradoras seguen todos as anos as
    mesmas rutas de migración.
  • As aves que migran desde o norte de Europa a
    rexións máis ao sur do continente a pasar o
    inverno, chámanse aves invernantes ou
    presaharianas (non cruzan o deserto do Sáhara).
  • No caso da Península Ibérica, veñen desde o
    norte de Europa a pasar aquí o inverno aves coma
    os gansos ou as grúas.

Ciencias da Natureza 2.º ESO
7
UNIDADE5
A migración das aves
As rutas de migración das aves
  • As aves que migran desde África cara a Europa
    para reproducirse durante o verán, chámanse aves
    estivais ou trans-saharianas (cruzan o deserto do
    Sáhara).

A andoriña é un típico caso de ave
trans-sahariana.
Ciencias da Natureza 2.º ESO
8
UNIDADE5
A migración das aves
As rutas de migración das aves
  • No caso da Península Ibérica, veñen desde África
    para pasar aquí o verán aves coma as andoriñas,
    os abellarucos, as cegoñas ou rapaces como o
    miñato negro, o voitre branco ou o lagarteiro
    primilla.

Andoriña
Miñato negro
Ciencias da Natureza 2.º ESO
9
UNIDADE5
A migración das aves
Exemplos curiosos
  • A ave que máis quilómetros percorre é o charrán
    ártico, que viaxa de polo a polo dúas veces ao
    ano, co que percorre uns 40000 Km.
  • Así ao longo da súa vida (uns 26 anos), puido
    viaxar 1 millón de quilómetros.

Rutas migratorias
Ciencias da Natureza 2.º ESO
10
UNIDADE5
A migración das aves
Exemplos curiosos
Un exemplo de como a cantidade de alimento
dispoñible afecta á migración das aves obsérvase
nas cegoñas brancas.
  • As cegoñas sempre chegaban na primavera á
    Península para pasar o verán e reproducirse, e
    no outono migraban a África para pasar o inverno.
    Con todo, cada vez hai máis cegoñas que pasan o
    inverno na Península.
  • Isto débese a
  • Un maior número de vertedoiros que proporcionan
    alimento abundante todo o ano.
  • Probablemente, tamén sexa debido ao aumento da
    temperatura derivado do cambio climático.

Cegoña branca
Ciencias da Natureza 2.º ESO
Write a Comment
User Comments (0)
About PowerShow.com