A MITOLOX - PowerPoint PPT Presentation

About This Presentation
Title:

A MITOLOX

Description:

Title: Presentaci n de PowerPoint Author: owner Last modified by: Conseller a de Educaci n e Ord. Univeristaria Created Date: 11/25/2004 9:12:20 AM – PowerPoint PPT presentation

Number of Views:50
Avg rating:3.0/5.0
Slides: 64
Provided by: Own21067
Category:
Tags: mitolox | reinado | reino

less

Transcript and Presenter's Notes

Title: A MITOLOX


1
  • A MITOLOXÍA
  • NA HISTORIA
  • DA ARTE
  • I. A creación do mundo

2
COSMOGONÍA SEGUNDO HESÍODO
  • Urano, despois de enxendrar aos Titáns con Xea,
    non deixa saír ao resto da súa descendencia do
    ventre da súa nai Xea (a Terra)

3
CRONOS CASTRA AO SEU PAI URANO
  • Vasari
  • Cronos axuda á súa nai Xea castrando ao seu pai

4
Nacimiento de Afrodita
Revista o corsario (vilagarcía)
Boticelli
  • Segundo Hesíodo, afrodita nace do semen de Urano
    que cae ao mar

5
Cronos (saturno) devorandoós seus fillos
  • Cronos, temendo ser destronado polos seus
    descendentes, devora aos fillos que ten con Rea
    Hestia, Deméter, Hera, Hades e Poseidón.
  • Rubens
  • Goya

6
  • Ao nacer Zeus, Rea engaña a Cronos dándolle unha
    pedra

7
Infancia de Zeus
  • Zeus é criado en secreto nunha cova do monte Ida
    ou dictis, en Creta.
  • Xa adulto e coa axuda de Metis, da unha droga a
    cronos para que vomite aos seus irmáns.

8
Loitas polo poder Titanomaquia
Jordaens
  • Os deuses, axudados polos Hecatonquiros e
    Cíclopes declaran a guerra aos Titáns.
  • Vencen os deuses, Zeus asume o poder e Cronos é
    desterrado

9
LOITAS POLO PODER XIGANTOMAQUIA
  • OS XIGANTES REBÉLANSE CONTRA OS DEUSES.
  • OS DEUSES VENCEN COA AXUDA DE ATENEA, RECÉN
    NACIDA DA CABEZA DE ZEUS, E DO MORTAL HERACLES

10
Reinado de Zeus
  • Zeus, asume o poder como rei da terra e dos ceos
  • Reparte o poder cos seus irmáns Hades reina
    nos Infernos e Poseidón nas augas e mares

11
A creación do home
Piero di cosimo
  • Prometeo, fillo do titán Xapeto, crea aos homes
    con barro por encargo de Zeus
  • Atenea insúflalles a vida e a sabiduría

12
Prometeo, o benfeitor dos homes
Rubens
Cossiers
  • Prometeo rouba o lume para os homes e é castigado
    por zeus a ser encadeado no cáucaso e que un
    aguia lle devore as entrañas cada noite
  • Será liberado por Heracles

13
Castigo dos homes
  • Zeus castiga aos homes por beneficiarse do lume
    coa muller Pandora a que ten todos os dons

14
Pandora
  • Pandora casa con Epimeteo, irmán de Prometeo
  • Os deuses entréganlle unha caixa que non debe
    abrir.
  • Pandora non pode aturar a curiosidade e abre a
    caixa.
  • Da caixa saen todos os males, só quedando dentro
    a espranza

Waterhouse
15
O Diluvio
  • Zeus castiga aos homes pola súa maldade.
  • Envía un diluvio do que so se salvan un parella
    de homes bos Deucalión e Pirra
  • para volver a poboar a Terra de homes deberán
    sementar os osos da súa nai.
  • Interpretan que a súa nai é a terra, polo que
    botan pedras. Das pedras de Pirra xurden mulleres
    e das de Deucalión homes

A. del minga
16
  • A MITOLOXÍA
  • NA HISTORIA
  • DA ARTE
  • II. Deuses

17
Zeus
Poelenbourgh
  • Os seus emblemas son a aguia, raio, cetro...
  • Nome romano Xúpiter
  • Deus dos ceos e terra, rei de deuses e homes
  • Tivo numerosas unións tanto con deusas como con
    mortais
  • Para seducir as súas amantes solía transformarse.

18
Zeus-Metis
  • Metis, A intelixencia,foi a súa primeira esposa.
  • da súa unión con ela naceu Atenea, deusa da
    sabiduría.
  • Zeus tragou a Metis embarazada por medo a que a
    súa descendencia o destronara.
  • Atenea nace armada da cabeza de Zeus, coa axuda
    de Hefesto

19
Zeus-Temis
goya
  • Con Temis, a Xustiza, enxendra ás Horas, deusas
    das estacións, e ás Moiras ou parcas, encargadas
    do destino dos homes

20
Zeus-Mnemosine
poussin
  • Da súa unión con Mnemosine, a Memoria, nacen as
    Nove Musas, protectoras das artes e compañeiras
    de Apolo

21
Zeus-Eurínome
FRESCO DE POMPEIA
RUBENS
  • Desta unión nacen as Tres Gracias, divindades da
    beleza

22
Zeus- Hera
VELAZQUEZ
aRES lUDOVISI
CARRACI
  • É a súa lexítima esposa.
  • Desta unión nacen Ares, Hefesto, Ilitía e Hebe

23
Zeus-Leto
aPOLO DE BELDEVERE
dIANA DE VERSALLES
  • Con Leto, tamén filla de Titáns, enxendra dous
    fillos xemeos
  • Apolo, deus das artes e adivinación, asociado co
    Sol
  • Artemisa, deusa da caza, virxe, asociada coa Lúa

24
Zeus-Maia
BaRtholomaus
Praxíteles
  • Con Maia, deusa da vexetación enxendra a Hermes,
    mensaxeiro dos deuses, deus dos camiñantes

25
Zeus-Semele
Moreau
Caravaggio
  • Con Semele, unha mortal, tivo a dioniso, que foi
    divinizado como protector do viño e do teatro
  • Semele morre fulminada ao pedirlle a zeus que se
    lle amosase en toda a súa grandeza.

26
Zeus- Alcmena
  • Para seducir a Alcmena, muller do rei de Tebas
    Anfitrión, Zeus toma a forma do seu esposo.
  • Alcmena, tamén embarazada do seu marido da a luz
    dous fillos Heracles ou Hércules, fillo de Zeus,
    e Ificles, fillo de Anfitrión

27
Zeus-Dánae
tiziano
  • Dánae, filla do rei de Argos Acrisio, é seducida
    por Zeus transformado en chuvia de ouro.
  • Da súa unión nace Perseo, matador da Medusa

28
Zeus-Europa
Quellinus
  • Zeus transfórmase en touro para unirse con
    Europa, princesa fenicia.
  • Zeus leva a Europa no seu lombo ata a illa de
    Creta, onde se une a ela.
  • Da unión nacen Minos, lendario rei de Creta,
    Sarpedón e Radamantis.

29
Zeus-Leda
Dalí
Giampetrino
  • Para seducir a Leda, muller do rei de Esparta
    Tíndaro, Zeus transfórmase en cisne
  • O resultado son catro fillos Helena e Pólux (de
    Zeus) e Clitemnestra e Cástor (de Tíndaro)

30
Zeus-Ío
Velazquez
Correggio
  • Únese a ela en forma de névoa.
  • Para protexela dos celos de Hera convírtea en
    vaca.
  • Hera descubriuna e púxolle como gardián o xigante
    argos, o dos cen ollos
  • Hermes mata ao xigante por orde de Zeus, entón
    hera mándalle un tabao e faina tolear
  • Io, entolecida, percorre toda Grecia e pasa a
    Asia.
  • É acollida en Exipto, onde dá a luz a Épafo e
    recobra o seu aspecto orixinal.

31
Máis amores de Zeus
fragonard
  • únese a calisto,ninfa de artemisa, transformado
    nesta deusa. da unión nace Árcade
  • A Ganimedes ráptao trans-formado en aguia para
    que faga de copeiro dos deuses

Ingres
  • A Antíope sedúcea transformado en sátiro. Da
    unión nacen Anfión e Zeto

Correggio
32
HERA
moreau
  • Filla de Cronos e Rea, irmá e esposa lexítima de
    Zeus.
  • É a raíña dos deuses e a deusa dos matrimonios
  • É moi celosa e persegue ás amantes de Zeus e os
    seus fillos
  • O seu emblema é o pavo real
  • Nome romano Xuno

33
Poseidón
  • Fillo de Cronos e Rea.
  • Deus das augas e mares e terremotos (o que
    sacode a terra
  • Moi venerado en Grecia, pobo mariñeiro
  • Emblema tridente, cabalo, animais mariños.
  • Nome romano Neptuno

34
Poseidón
  • Está casado coa nereida Anfitrite.
  • Tivo outros fillos con outras divindades
    Polifemo coa ninfa Toosa, Pegaso con Medusa...

35
Atenea
  • No seu escudo ten a gorgona, morta por perseo
  • Deusa da sabiduría e da guerra
  • é virxe
  • Emblema curuxa, escudo, casco e lanza
  • Nome romano Minerva

36
Atenea
  • É a patrona de Atenas, despois de vencer a
    Poseidón nunha disputa.
  • É unha das deusas máis importantes do panteón
    grego. A ela está dedicado o Partenón

37
Apolo
  • Emblema lira, arco, frechas, coroa de loureiro,
    sol
  • Nome romano Apolo
  • Deus da adiviñación e das artes, especialmente da
    música
  • Asóciase co sol

38
Apolo
Mantegna
  • Ten un templo de adivinación en Delfos, no que
    emite os seus oráculos por medio da Sibila, a súa
    sacerdotisa
  • Delfos está aos pes do monte Parnaso, onde apolo
    se reúne coas musas para inspirar aos artistas

39
Apolo
Bernini
  • A pesares de ser moi fermoso non tivo moito éxito
    coas mulleres.
  • Amou a Dafne, que para fuxir del pediu a seu pai
    que a convertise en árbore. Dafne convértese en
    loureiro e esta planta pasa a ser un emblema do
    deus
  • Dos seus amores con Corónide nace Asclepio,
    semideus da mediciña.

40
Artemisa
Renoir
  • O seu emblema é a cerva, o arco e frechas e a lúa
  • Nome romano Diana
  • É a deusa da caza, irmá xemela de Apolo.
  • É virxe

41
Afrodita
Cabanel
  • Os seus emblemas son a cuncha, a pomba , a mazá.
  • nome romano Venus
  • É a deusa do amor e da beleza
  • Nace dos xenitais cortados de Urano cando caen ao
    mar. Noutras versións é filla de Zeus e Dione.

42
Afrodita
Velázquez
  • A miuúdo represéntase co seu fillo Eros (Cupido,
    nome romano)
  • Na arte clásica é a única deusa que se representa
    espida

43
Afrodita
Tintoretto
  • Pero ten numerosos amantes, como Ares.
  • Está casada co deus máis feo Hefesto

44
Afrodita
Waterhouse
  • Outro amante é Adonis, a quen compartía con
    Perséfone.
  • Adonis debía pasar 1/3 do ano con cada deusa e o
    outro 1/3 con quen quixera, polo que pasaba 2/3
    do ano con Afrodita.
  • Ao estar Adonis asociado coa vexetación, este
    mito explica os ciclos naturais a terra produce
    cando Adonis está con Afrodita e descansa cando
    este baixa aos infernos con Perséfone

45
Eros
  • Segundo Hesíodo xurde de caos, pero outras
    versións fanno fillo de Afrodita e Ares
  • Nome romano Cupido (Desexo)
  • Emblemas as (para voar duns a outros), arco e
    frechas coas que fire a homes e deuses
  • Soe representarse coma un neno espido (é inocente)
  • Namorouse da fermosa Psiqué (a mente) e uniuse a
    ela coa condición de que non tentase velo na
    escuridade da noite.

46
Hefesto
Rubens
  • Fillo de Zeus e Hera
  • Naceu tan feo que a súa nai arrouno á terra e
    quedou coxo.
  • É o ferreiro dos deuses, constrúe o raio de
    Zeus,as armas dos heroes e o que lle encarguen
  • Ten a súa fragua baixo o monte Etna
  • O seu emblema é o martelo, tenaces e bigornia.
  • Nome romano Vulcano

47
Hefesto
Velazquez
heemskerk
  • Con tanto traballo non pode vixiar a súa muller.
  • Pero Helios (o sol), que todo o ve dille que o
    engana con Ares
  • Hefesto prepara unha trampa para pillalos in
    fragranti.
  • Os deuses son testigos da infidelidade, pero Zeus
    perdoa a Afrodita.

48
Ares
Velázquez
Ares Borghese
  • Emblema escudo, casco e espada
  • Nome romano Marte
  • É fillo de Zeus e Hera
  • Deus da guerra ( máis sanguinario, fronte a
    sabiduría de Atenea)
  • Máis venerado en Roma que en Grecia

49
Ares
  • Soe ter amores con afrodita

Boticelli
  • Na mitoloxía romana aparece como pai de rómulo e
    remo, tras unirse á vestal Rea Silvia
  • Os romanos, por tanto, descenden del.

Rubens
50
Hermes
Hermes roubando gando
  • Emblema as nos nocellos, túnica curta, caduceo,
    sombreio de aba ancha (pétasos), caduceo
  • Nome romano Mercurio
  • Fillo de Zeus e a ninfa Maia.
  • Mensaxeiro dos deuses, deus dos camiñantes,
    comercientes e ladróns.
  • É un deus popular, algo mentireiro, astuto e ata
    ladrón

51
Hermes
Rubens
  • é un deus hábil para a invención e o engano.
  • Inventa a lira e a siringa ou frauta de Pan.
  • Zeus encárgalle matar a Argos, o xigante dos cen
    ollos que vixila á súa amante ío, transformada en
    vaca. Por ista fazaña recibe o sobrenome de
    Arxifonte

52
Dioniso
Velázquez
  • Emblema folla de parra, copa de viño, racimo de
    uvas, coroa de hedra e pel de leopardo.
  • Nome romano Baco
  • Fillo de Zeus e dunha mortal, Semele. Foi
    divinizado por Zeus.
  • Deus do viño, da traxedia de da desmesura

53
Dioniso, nacimento
  • A súa nai, Semele, morre embarazada del. Zeus
    colleu o feto e engadiu ao seu muslo para
    completar a xestación. Dioniso significa naceu
    dúas veces.
  • Na súa infancia, Zeus encargou a Hermes que o
    cuidase e protexese dos celos de Hera no monte
    Nisa.

54
Dioniso e o seu séquito
Sileno, vello borracho montado nun burro
Menades (posesas ) ou bacantes, sacerdotisas de
Dioniso. Van seminúas, axitan tocan tirsos e
danzan
sátiros, seres metade home , metade cabra. Sempre
dispostos á diversión
Tiziano
Tirso, pau con piñas
Carro tirado por guepardos
  • Dioniso chega a illa de Naxos e atopa a Ariadna
    abandoada por Teseo. Casou con ela e levouna a
    Olimpo e tiveron varios fillos.

55
Pan
  • Fillo de Hermes e Dríope
  • Deus agreste, deus dos pastores e rebaños
  • É metade home, metade cabra e soe producir un
    gran medo (Pánico)
  • Emblemas a siringa ou frauta de Pan
  • Represéntaselle con sátiros (ou faunos) e ninfas
    (divindades da natureza)

56
Deméter
  • É filla de Cronos e Rea.
  • É a deusa da agricultura, das colleitas e
    cereais.
  • Recibe cultos mistéricos en Eleusis, perto de
    Atenas.
  • Emblema espigas, fouce, amapoula
  • Nome romano Ceres

57
Deméter
  • Únese a Zeus e Ten como filla a Perséfone.
  • Perséfone é raptada polo seu tío Hades e levada
    aos infernos.
  • Deméter búscaa desesperadamente e abandona as
    súas tarefas, polo que a terra non produce.

58
Deméter
  • Zeus, que non quere ver morrer aos homes de fame,
    envía a Hermes por Perséfone.
  • Perséfone comera pebidas de granada, polo que xa
    non podía saír do Inferno.
  • Chégase a un acordo Perséfone pasa un terzo do
    ano con Hades (no inverno) e dous terzos coa súa
    nai Deméter. Neste tempo a terra florece e
    maduran as colleitas.

Rosseti
59
Hestia
  • Aínda que é Filla de Cronos e Rea, aparece como
    deusa secundaria
  • Deusa do Fogar, onde se venera
  • Emblema lume, fogar
  • Nome Romano Vesta

60
Hades
rubens
  • Emblema ciprés, narciso, carneiro...
  • Represéntase sentado nun trono coa súa muller
    Perséfone, ás veces co can Cerbeiro.
  • Nome romano Plutón (tamén sobrenome en grego,
    significa o rico
  • Fillo de Cronos e Rea
  • Deus dos mortos e dos infernos
  • É un deus temido, evítase mencionalo e non se lle
    constrúen templos.

61
Hades
Rubens
  • Para conseguir unha raíña tivo raptar á súa
    sobriña Perséfone.

62
O reino de Hades
patinier
  • Os mortos chegaban ata entrada do Hades ou
    Inferno guiados por Hermes.
  • Tiñan que cruzar a lagoa Estixia, para o que
    debían pagar un óbolo ao barqueiro Caronte.
  • Na entrada estaba o Can Cerbeiro, ao que debían
    aplacar cunha torta doce.

63
O reino de Hades
Sísifo, condeado a subir eternamente uha rocha
por revelar un segredo de Zeus
Tántalo, condeado a pasar sede e fame eternamente
por roubar ambrosía dos deuses
As danaides, condeadas a enceher a fonte de Hades
con xerras furadas por matar aos seus homes na
noite de vodas
  • Cando os mortos chegaban aos infernos eran
    xulgados polos deuses infernais Minos, Eaco e
    Radamantis. Os benaventurados ían aos Campos
    Elíseos, mentres que a maioría ían ao Tártaro
  • Os que ofenderan de forma especial aos deuses
    recibían castigos eternos
Write a Comment
User Comments (0)
About PowerShow.com